Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural na Universidade de Santiago de Compostela (2022-23)

Foto de grupo nunha exposición da fundación DIDAC

Produción cultural: o eido expositivo. Con Agar Ledo e David Barro

Cando visitamos unha exposición se cadra non temos conciencia do traballo que hai detrás: creativo, en canto á mensaxe que iso que estamos vendo quere trasladar, e de loxística, en termos de produción. Ambas cuestións van da man e tratan de ofrecer ao público unha experiencia artística, cultural, que dalgún modo impacte.

Non é sinxelo e, ademais, é un traballo que se pode abordar dende diversas perspectivas e ámbitos. Este xoves no CEUXiC coñecemos o eido expositivo formulado dende o público e dende a iniciativa privada, da man de dous profesionais que son unha referencia do comisariado de arte: Agar Ledo , actualmente técnica de investigación do Museo de Pontevedra, e David Barro, director da fundación Didac. Fixémolo, precisamente, no magnífico espazo que a fundación ten en Compostela e no que tan xenerosamente David exerceu de anfitrión da sesión.

Como se deseña unha exposición?

Sesión sobre comisariado e produción de exposición celebrada na fundación Didac. Na imaxe vemos a parte do alumnado da sétima edición do curso escoitando a David Barro e Agar LedoNeste xoves treboento escoitamos con moita atención o que Agar e David nos contaron sobre o seu traballo. A través dunha retrospectiva da súa traxectoria, explicáronnos como afrontaron o enfoque de diversas exposicións e coleccións.

Nun relato por momentos común, xa que ambos comparten algúns fitos da súa traxectoria profesional, aprendemos cuestións prácticas, relacionadas co comisariado e coa produción cultural, e coñecimos anécdotas que nos achegaron a un ámbito -o expositivo- que se desenvolve nun círculo moi concreto. E cunhas lóxicas e dinámicas mois específicas.

 

Para o alumnado formado en artes ou próximo ao mundo do coleccionismo foi unha sesión especialmente gratificante. E para todas, unha sesión amena, interesantísima e moi clarificadora. Agora, cando percorramos unha exposición, seguro que saberemos vela con outros ollos. E se no o noso percorrido profesional nos leva a ese ámbito, de entendelo dun modo máis profundo.

Grazas, David e Agar, por #aprendercompartindo connosco! 😊

 

 

 

Fotografía dun folio cheo de contas e notas sobre xestión económica e orzamentos dun proxecto cultural. A imaxe correspóndese á sesión impartida por Miguel Martíns e foi tomada polo alumno Fernando Rei

Xestión económica: valoración dos recursos e deseño de orzamento. Con Cristina R. Labandeira

Por Alfonso Piñeiro

Cristina R. Labandeira impartou na sétima edición do CEUXiC unha sesión sobre xestión económicaNa sesión deste 17 de marzo Cristina R. Labandeira, socia da cooperativa cultural O Cable Inglés, vainos falar básicamente da súa experiencia no exercicio profesional como responsable da área económica e de proxectos dunha das cooperativas culturais de referencia en Galicia.

Empezamos falando da división mais básica das  tipoloxías de proxecto.

Podemos facer unha primeira división, poden ser una petición expresa dun potencial cliente cun orzamento xa definido ou ben só una idea que quere levar a cabo. Neste caso o aconsellable é preguntar ó cliente aproximadamente en que orzamento se manexa ou  facer una previsión de ingresos, máis que nada para non dimensionar en exceso e ademáis de perder tempo tódalas partes, que non sexa executable.

Seguimos falando de gastos. Teriamos tres tipos:

  • Gastos directos (cota autónomos, asesoría…) -> Imputables proporcionalmente ó proxecto por horas adicadas ó mesmo.
  • Gastos indirectos (alugueres de equipos, espazos,…) ->  Imputables directamente ó proxecto.
  • Gastos imprevistos (sobrevidos despois do inicio) -> Aconsellable ter una partida sempre imputable directamente ó proxecto.

Temos que ver tamém como estructurar o orzamento:

  • Por partidas (diagnose, comunicación, produción…)
  • Por actividades, como por fases. Se unha fase non se fai, non se factura.

Para ter esto ben dimensionado temos que calcular ben as nosas horas de traballo, para non orzamentar demasiado alto e non vender o proxecto ou non perder cartos na súa execución no caso de ir de menos ese cálculo. O prezo iría distribuído en base ó salario mínimo anual que desexariamos ter e dividir entre as horas/días imputables efectivas de traballo, incluíndo vacacións, festivos… serían una 1792 horas anuais das que o óptimo sería poder facturar entre o 60 e o 80% anual, porque habería que descontar horas de formación, de traballo administrativo, etc.

Isto, sumando e prorrateando os gastos fixos, daríanos uns 25 €/hora. A partir de aí, cada un valora en función doutras cousas inmateriais que nos poida aportar o proxecto, se procede baixalo un pouco ou non para poder collelo e levalo a cabo.

Unha vez calculada a nosa imputación, temos tamén que ver o que nos pode suponer a participación doutros axentes externos:

Contratación laboral

Salario bruto -> Salario Neto (Bruto-SS traballador-IRPF)  -> Coste empresa (Bruto + SS)

Recomendable negociar salario Bruto e sumar a SS + vacacións pendentes + posible finiquito + pagas extras  para ter coste total dese traballador/a.

Contratación artística: O/a contratado/a debe estar dado de alta en autónomos e a sua factura comporase do importe do traballo+IVE 21%+IRPF 15%.

Se se trata de conferencias, cursos, coloquios ou similares non sería preciso estar dado de alta en autónomos e non se devenga IVE:  Salario + IRPF 15%.

Contratación doutras empresas ou profesionais: Factura con IVE polo importe do traballo a realizar.

 

En canto ó orzamento en si mesmo, fálanos de dous tipos:

  • Interno -> Para nós, manexo interno, partidas detalladas.
  • Externo -> Adaptación para o cliente coa info específica que precisa coñecer, non máis.

Importante deixar claro e especificado se se inclúe IVE ou non, hai un 21% de diferencia que pode ser vital para poder levalo a cabo ou non. Debemos ir revisando tamén a medida que o proxecto avanza e ver se imos dentro do estimado ou non para poder tomar medidas correctoras se fosen posibles.

Se temos ben calculados os gastos, podemos saber cal é o noso punto morto. Este é o punto no cal conseguimos cubrir os custes e función dos ingresos e empezamos a ter beneficios. Neste apartado, xa que falamos de diñeiro, tamén influe a planificación de Tesourería.

Cuestión de contas

Esta planificación deber ser adecuada para evitar desviacións e ter garantidas as necesidades económicas do noso proxecto sen descoidar outros que teñamos en marcha á vez. Debe concirdar co  cronograma marcado e durante as revisións deberemos ver se nos imos axustando. No caso contrario, poderiamos pedir anticipos a clientes, pólizas de crédito… ou otros recursos financieiros de índole similar.

SALDO INICIAL ->  + COBROS REALIZADOS – PAGOS PREVISTOS <- SALDO DISPOÑIBLE

En canto a eses recursos financieiros, falamos de autofinanciamento dos socios/as, subvención e axudas, patrocinios, pólizas de crédito ou préstamos, débedas a proveedores, crowfunding, venda de entradas, merchandising, aluguer de espazos…

Falamos tamén de exemplos de entidades financieiras éticas como  Coop57, Caixa Rural, Fiare ou Triodos Bank.  Para rematar comentamos brevemente as diferentes formas xurídicas baixo as que podemos traballar e as diferenzas entre elas: autónomo/a , cooperativa de traballo asociado, Sociedade Limitada Laboral, asociación, Sociedade Limitada e Sociedade Anónima

Ata aquí a primeira parte e a máis teórica da sesión. A partires deste intre, na segunda parte, analízanse xa casos prácticos dos diferentes proxectos, os seus orzamentos, as convocatjorias ás que poden acudir, como presentalos nun ou varios exercicios… estratexias e consellos para sacalos adiante con solvencia económica e que o equipo que o desenvolveu poida ter una retribución axeitada ó seu traballo, algo que non sempre ocorre no sector cultural.

Esta parte é a que mellor representa o lema do Curso #aprenderfacendo! 😊

Cooperación, comunidades e coñecemento en rede. Con Sofía Coca

Por Sabela Brand

Na clase do día 24 de Febreiro de 2023 tivemos a visita de Sofía Coca, a responsable de xestión do coñecemento e relacións coa comunidade en ZEMOS98, e unha das impulsoras da cooperativa. ZEMOS98 é unha cooperativa nada no ano 1998 que actualmente se adica a desenvolver procesos de mediación que activan relacións entre activistas, artistas, académicas, fundacións e institucións públicas; poñendo en valor procesos políticos e culturais para o cambio social.

O primeiro que fixemos na sesión de hoxe foron unhas dinámicas de presentación. Primeiro presentámonos individualmente e despois, Sofía propúxonos unhas preguntas ás que tiñamos que contestar ensinando unha cartolina verde se pensábamos que a resposta era verdadeira, ou con unha vermella se polo contrario, considerábamos que a resposta era falsa.

A partir desta dinámica e dalgunha anécdota que nos contou Sofía, conseguimos coñecer un pouco máis ZEMOS98 e os valores da cooperativa. Pero aínda faltaba coñecer a historia, e explicóunola a través dos diferentes proxectos.

 

A súa historia en proxectos

Festival ZEMOS98 (1999 – 2015)

No ano 1998 xurdiu ZEMOS98 como asociación para crear un festival audiovisual e dixital que supoñía un espazo de investigación marcado pola cultura crítica e o avance dixital. Con el trataban de amplificar con eventos culturais, debates que xa existían na sociedade. Facer este festival supuxo traballar cunha metodoloxía na que, sen querelo, comezaron a utilizar o concepto de mediación: entender o festival como un espazo diverso e que diminúe a desigualdade.

Educación expandida (2010 – 2011)

Educación expandida, en realidade é o festival pero con outro nome. Representa o vínculo sobre a vocación de aprender en comunidade e reflectir unha tensión sobre o que senten cos espazos educativos actuais. Nesta edición do festival fixeron conferencias, talleres… e déronse conta de que non tiñan que soamente xerar eses procesos, senón que as metodoloxías tiñan tamén que axudar e tiñan que saír deses espazos académicos formais típicos. E foi aquí cando se foron acercando máis ao concepto de mediación, que para eles ten que ver con cavar túneles, con canalizar fluxos de relación.

Campaña de avais para Coop57 (2012)

O ano 2012 supuxo un gran cambio para ZEMOS98. Era o momento previo a constituírse como cooperativa. Tiñan unha débeda bancaria de 150.000€ aprox. e decidiron pedir axuda a COOP57. Con eles lanzaron unha campaña onde buscaban avalistas que puideran pagar a débeda en caso de que eles non chegaran a conseguilo. A campaña saíu ben, consolidouse o vínculo co entorno da economía social e solidaria e fundaron a cooperativa, pero sen deixar de ser asociación. Isto permitiulles manter a antigüidade e poder operar desde distintas naturezas.

 

Copylove (2012-2014)

Copylove xurdiu no contexto das mobilizacións do 15M, onde se empezou a falar moito máis dos coidados, do feminismo e de pór a vida no centro. Todo isto materializouse nun proxecto de investigación e dúas edicións do festival.

O proxecto de investigación iniciouse de maneira local, en Sevilla, como unha rede informal de xente que pertencía a asociacións, colectivos… con posicionamento feminista e querían saber que parte ocupaban os afectos e os coidados na súa práctica cotiá. Neste proxecto, xeraron unha ontoloxía que lles serviu para interpretar e reflexionar sobre estas cuestións dos afectos e os coidados.

 

 

Pedagoxía dos coidados (2016-2018)

Copylove expandiuse a formato internacional con este nome. Destas edicións sacaron un paper que se pode consultar en: pedagogyofcare.eu

Devenir Internacional (dende o 2010)

Devenir internacional foi o primeiro proxecto europeo que fixeron, colaborando coa European Cultural Fundation, e grazas a este proxecto formaron unha rede que os puxo en contacto con colectivos europeos, o que fixo máis fácil os seus seguintes proxectos europeos: Remapping Europe (2012-2014), Displaced Ion Media (2016-2018) e Medioactivism (2019-2021).

 

Proxectos actuais

Artilleria (Dende o 2019 )

O concello de Sevilla adxudicou unha licitación á entidade francesa CentQuatre para a definición dun modelo de xestión e coordinación transaccional para o centro Magallanes_ICC da Fábrica de Artillería. Este proceso está coordinado polo ICAS (Ilustre colegio de abogados de Sevilla) e co-financiado a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza de España-Portugal Interreg V-A POCTEP. O papel de ZEMOS98 neste proxecto é o de ser o nexo, como axente local, entre Sevilla e o CentQuatre.

Creatures (2020-2022)

No marco deste proxecto foi no que xurdiu o xogo de mesa Commonspoly, un xogo que premia a cooperación entre os participantes e invita á reflexión de maneira lúdica sobre os bens comúns. ZEMOS98 describe este xogo na súa web como “una herramienta ideal para introducir las teorías del procomún y el cooperativismo de forma pedagógica”.

Creatures é un horizonte 2020 coordinado polas universidades de Aalto e Sussex co que querían medir o impacto social de varios proxectos. No caso de ZEMOS98, quixeron medir o impacto que ten o xogo de mesa en canto ás prácticas colaborativas, modelos de cooperación e todo o que intentan reflectir no xogo.

Canceladísimxs (dende o 2020)

Canceladísimxs trátase dun proxecto diferente ao resto. É unha newsletter onde o equipo de ZEMOS98 intenta compartir a súa visión do mundo. Non soamente os proxectos en modo spam, senón comentar memes, noticias actuais…

Concomitentes (Dende 2018)

Trátase dunha colaboración que teñen con Concomitentes axudando á Unidade Pediátrica de Tenerife. Este proxecto comezou por intentar facer a contorna do hospital máis agradable para as familias e os nenos que tiñan que estar hospitalizados e acabaron saíndo varios novos proxectos: on podcast, La cuidateca e Hospitalario (un conto ilustrado coa colaboración de El Hematocrítico).

 

Unha vez comentados todos estes proxectos, fomos ao descanso e ao volver falamos das metodoloxías que usaban na cooperativa. Sofía falounos de que todos os anos realizan unha memoria económica e utilizan unha metodoloxía chamada rentabilidade social aplicada aos proxectos. Isto permite valorar a dimensión máis intanxible dos proxectos como o coñecemento adquirido, a aprendizaxe, satisfacción… E ao cruzalo coa rentabilidade económica de cada un dos proxectos sacan unha táboa onde poden valorar e debater os proxectos que realizan.

 

A mediación

A parte de mediación comezou con un clip sobre a diferencia entre a tradución literal e a interpretación. Isto serviu para exemplificar que a mediación non trata soamente de trasladar unha mensaxe, senón que a mensaxe, nese traxecto ten que ser cuestionada, mediatizada, cambiada… No propio traballo de mediación xa estás xerando discursos, a propia mediación é un “evento” cultural.

Ese “evento” que ten ZEMOS98 no que se efectúa esta mediación é Planea, un proxecto cultural que xorde por parte da Fundación Daniel y Nina Carasso, creando unha rede de arte e escola. Desde esta fundación querían dotar de recursos a unha rede para que fixera moito máis pola arte e pola escola, e decidiron investir nesta rede, que comezou como piloto na Comunitat Valenciana, Madrid e Andalucía con ZEMOS98 como coordinadores da rede estatal e da andaluza.

ZEMOS98 traballa nesta rede da seguinte maneira: van a centros educativos públicos e fan un diagnóstico xunto co equipo directivo, para ver cales son as problemáticas dese centro e cal sería o proxecto artístico que se podería propoñer no que acabase participando a totalidade do centro. Isto tendo en conta a itinerancia do profesorado, intentando que o proxecto non recaia nunha única persoa. O que intentan é xerar pequenas estruturas nos centros que despois poidan quedar ahí aínda que cambie o equipo directivo ou se marchen os profesores, que sexa unha cultura de centro.

A modo de resumo deste proxecto, das súas liñas de actuación e dos principios, deixo a continuación unha infografía que Sofía utilizou na súa presentación:

 

Para rematar a aula, visualizamos un vídeo de Anastasia Makridou que fala sobre o rol de ser mediadora:

 

Por último, para concluír, Sofía plantexounos unhas situacións reais que pasaron na súa cooperativa para debater sobre como as teriamos atallado nós e despois explicando cal foi a súa solución.

 

 

 

Foto de grupo nunha das salas do Museo do Pobo Galego, con Ana Estévez, directora da MICE, e Belén Bemejo, responsable de Espazos Sonoros

Mediación e programación cultural. Audiovisual, con Ana Estévez, e musical en espazos singulares, con Belén Bermejo

Por Eva Triñanes

O antigo convento de Santo Domingo de Bonaval é o lugar onde da comezo o noso encontro nesta  nova sesión do  Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural. A nosa primeira sesión corre a cargo de Ana Estévez como directora  da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).

Ana recíbenos na entrada do Museo do Pobo Galego e tras unha breve explicación da historia do museo pasamos á sala dedicada a patrimonio marítimo, onde Ana continúa explicando que moitas das salas do museo atópanse estancadas no tempo, xa que o museo pertence a unha asociación privada que conta cuns recursos limitados polo que é máis complicado poder acometer actualizacións nas exposicións e nas diversas salas do museo para que estas poidan plasmar o evolución histórica de Galicia.

Foto vertical e contrapicada, dende a base da escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, co alumnado da sétima edición do Curso repartido nos chanzos da escaleiraA continuación, saíndo da sala dedicada a patrimonio marítimo, continuamos de cara á sala onde Ana fará a súa exposición sobre o seu traballo na MICE, non sen antes pasar pola escaleira helicoidal, unha insignia do museo, onde non podiamos pasar sen sacarnos unha foto de grupo na escaleira.

Acomodadas xa, dispoñémonos a dar comezo á exposición de Ana. Tal e como contamos anteriormente, Ana comeza falando dos inicios da MICE e a razón pola que se pensou en facer un festival deste tipo  dende o departamento de educación e acción cultual do museo. Ana considera que é preciso facer unha revisión das salas e como iso é complicado comezaron a cavilar en actividades para mellorar e actualizar a presenza e o papel do museo na sociedade galega actual, polo que dende o departamento de Educación comezaron a crear actividades diversas buscando mellorar a situación do museo.

 

Como nace e crece a MICE

Ana comeza a degrañar os pasos que dende o departamento de Educación deron para deseñar a MICE. Ana guíanos  chanzo a chanzo polo proceso. Así, poñemos o pé no primeiro chanzo e comezamos o ascenso pola escaleira helicoidal que nos levará a coñecer a Mostra.

A MICE, mostra internacional de cine etnográfico, nace  coa idea de abrir e estender o discurso que o Museo daba a través das súas salas. Sobre os inicios, Ana conta que, ao comezo, para deseñar o festival estableceron unhas bases para poder comezar co deseño. Decidiron a identidade da mostra, a elección do nome, o promotor da mostra, as datas e os filmes e os espazos onde se levaría a cabo.

Sobre o nome, Ana comenta, que ao comezo; Mostra Internacional de Cine Etnográfico, pareceulles ben mais ao longo do tempo quedou o nome de MICE. Dentro do proceso para crear o festival foi importante falar con directoras do  novo cinema galego, buscar cooperación con outros festivais,… neste senso Ana comenta que cando comezou a MICE tiveron a complicidade e o apoio de Espiello, festival internacional de documental etnográfico, e  tamén colaboraron  con escolas de audiovisual e centros de formación.

Outra das cuestións a definir á hora de crear unha mostra deste tipo é a lingua vehicular do festival, xa que esta determina saber que filmes hai que subtitular e en que lingua. Na MICE todos os filmes están subtitulados xa que isto facilita o acceso de todas as persoas, tanto xordas como persoas con problemas de audición.

A competición oficial do festival conta con  dous apartados: Galicia e Internacional. Case todas as películas van subtituladas en galego agás algunha excepción que está en  castelán porque son estranxeiras e non teñen subtítulos en galego.

A mostra conta tamén con liñas de  Responsabilidade Social Corporativa e cun plan de sustentabilidade. Están subscritos ao plan de cultura sustentable, a través da coordinadora galega do cinema. Unha das pedras angulares do proxecto é contar cun regulamento claro e preciso onde se especifiquen as condición para proxectar unha peza,  para que non futuro non se xeren malentendidos entre a mostra e as produtoras ou creadoras das pezas presentadas.

No referente á imaxe do festival, é importante definir unha imaxe de base sobre a que se traballará cada edición para modificala e adaptala.

Coas liñas xerais da mostra establecidas xa se pode comezar a perfilar a programación e as liñas básicas da mesma e a partir de aí buscar os filmes que poden encaixar con esas liñas xerais e comezar a buscar espazos e sedes para levar a cabo as proxección e as actividades paralelas e  pensar na organización  e no equipo de traballo. O departamento do que parte o  festival so ten a dúas persoas traballando todo o ano mais na época do festival precisan reforzar o equipo para sacar adiante o festival.

 

Estratexia a medio prazo da MICE

Na primeira edición o obxectivo era  botar a andar o festival, sobrevivir e perdurar.  Practicamente, tal e como comenta Ana, estes obxectivos foron os que guiaron a vida do festival os seus primeiros cinco anos de vida. A partir da terceira edición da mostra a programación xa foi exclusiva da MICE, ata aí era Espiello quen lles axudaba coas pezas audiovisuais.

Os seguintes anos os obxectivos centráronse en asegurar o financiamento e comezaron a  colaborar con escolas, a saír do espazo do museo. Unha das primeiras saídas da mostra do museo foi unha colaboración coa residencia Porta do Camiño, onde se proxectou “O Carro e o Home” xa que o museo é propietario dos dereitos en herdanza por parte de  Xaquín Lorenzo.

No caso da MICE o seu promotor principal é o Museo do Pobo Galego, polo que ao comezo non tiñan moitos recursos e comezaron traballando con directoras que cedían os seus dereitos nas primeiras edicións para poñer as súas películas, este apoio foi fundamental para poder sacar adiante a mostra. Tamén hai que destacar as aportación das socias e socios do museo, xa que parte das súas aportación ao museo van para a financiación da MICE, e incluso algunhas socias amplían as súas aportación de cara a apoiar de xeito explícito a organización da mostra.

Co paso dos anos o financiamento da MICE foise aumentando a través do patrocinio privado, axudas, a universidade…  Tamén teñen o apoio da Asociación Galega de Antropoloxía que apoia ao festival cun premio e xurado propio dentro do festival.

Ana considera que para o crecemento da MICE tamén axudou moito a súa asistencia a outros festivais, ben para tecer redes de coñecemento, ben para buscar filmes para as proxeccións.

 

Equipo básico do festival

Dirección, produción, comunicación e  programación son as áreas nas que se reparte o equipo da MICE. Ana conta que no seu caso hai unha soa persoa en cada área, excepto no caso da produción que son dúas persoas, e no da programación que poden ser entre tres e catro persoas xa que traballan coma un comisariado.

Entre os espazos colaboradores coa MICE están o  Teatro Principal e Numax.  É moi importante  ter en conta  a dotación dos espazos onde se vai leva a cabo o festival. Segundo Ana,  é mellor que un filme se  proxecte a que non se proxecte, pero os espazos deben cumprir uns mínimos de calidade; que se vexa e se escoite ben.  Tamén compre prestarlle atención á elección dos formatos dos arquivos, blueray, arquivos dixitais de alta calidade ou ir ao cinema dixital que é o ideal pero é a máis cara e complicada porque só hai un, o numax, e precisa persoal especialista para isto.

A imaxe gráfica da MICE, parte do traballo de  Lolita Díaz Valiño. Todos os anos se lle encarga a imaxe a unha deseñadora gráfica diferente, muller e nova. Ana fai fincapé en que a MICE é un festival feminista e tenta por en valor  o traballo das mulleres en todos os eidos posibles dentro do festival. Este ano será a decimo oitava edición e  decidiron que a peza e a promo da MICE   elaborouna unha creadora nova e galega, así mesmo, todos os carteis de todas as edicións, con excepción da primeira, foron deseñados por mulleres.

Ana destaca tamén que é importante ter unha  estratexia de cara a os media partner. Do mesmo xeito que tentan traballar con empresas  por sustentabilidade, tamén intentan colaborar  con medios locais e establecer con eles un intercambio. No caso da MICE, os medios locais son os primeiros que teñen toda a  información e teñen acordos con Praza e con Nós, que son os medios cos que teñen  maior relación, onde os medios publicitan o festival e tamén fan sorteos do merchandising do festival, de entradas… deste xeito aseguran a colaboración dos medios coa mostra.

O regulamento é a pedra angular do festival, o regulamento e coma un contrato, para inscribir un filme hai que ver o regulamento e se inscribes unha película significa que aceptas as condicións. No regulamento debe quedar claro:

  • Apertura e peche de inscricións.
  • Os formatos nos que se reciben os filmes.
  • A duración dos filmes cun mínimo e un máximo. No caso da MICE o seu máximo está en 100 min, aínda que a media das películas andar sobre os  70 ou 80 minutos.
  • Cantas veces se vai exhibir o filme.  Isto debe estar claro no regulamento. Na MICE só  se proxectan unha vez.
  • Hai que especificar que unha copia dese filme vai quedar no arquivo do festival se é seleccionado, o festival pode usalo con fins non lucrativos e avisando previamente á autora.
  • A obriga dos filmes que se inscriban con opción a ser seleccionados deben mandar subtítulos, como mínimo en inglés, para que o grupo de preselección dos filmes poidan ver as películas. Unha vez seleccionadas, teñen que mandar subtítulos en castelán ou en galego.
  • Tamén se marcan os prazos nos que se notifica ás películas que van a ser seleccionadas. Como hai moitas inscritas non se pode notificar unha a unha ás que non foron seleccionadas, así que se establecen as prazos nos que, no caso de ser seleccionadas, serían notificadas.

Ana Estévez falando sobre a MICE na sétima edición do CEUXiC

Comeza a conta atrás

Para chegar a completar unha edición da mostra o traballo comeza entre dez  e oito meses antes. A MICE levase a cabo a finais de marzo,  dependendo de cando cae a Semana Santa. Por exemplo, Ana está a compartir connosco este tempo de sesión a tres días apenas de inaugurar a Mostra. Hai que fixar as datas o antes posible, porque os espazos colaboradores deben sabelo canto antes, sobre todo espazos como o Teatro Principal para poder reservar as datas.

Neste tempo hai que definir o tema do que trata cada edición, na MICE hai un tema en cada edición. O tema deste ano é a reurbanía. A reurbanía ten que ver con levar os usos da cidade ao rural. De entrada, soa a conflito, mais é un tema que acontece  en todo o mundo e non so como  algo negativo xa que se teñen  creado novos usos do patrimonio etnográfico e puntos de encontro nos que nacen espazos de creación.  No caso de Compostela a reurbanía léese como  a memoria recente dos lugares próximos a Santiago polos que pasa o camiño, onde case non existe poboación pero contan con  grandes albergues,  o que significa un cambio ata no tipo de  traballo dos seus habitantes e que modifica a súa vida.

Na seguinte fase, oito meses antes do comezo da mostra,  hai que intensificar a procura dos filmes, esta faise en arquivos e cinematecas onde se pode conseguir filmes. As pezas  máis recentes son as que se conseguen a través  da inscrición aberta do festival. Para a inscrición de pezas a MICE emprega diversas plataformas como Filmfreeway ou  Click for festivals. .  A MICE conta  coa súa propia plataforma onde carga as películas  e é  a que usan  os xurados.  En algúns festivais a organización prefire que o xurado non vexa os filmes antes do festival, pero no caso da MICE si que facilitan os filmes ao xurado tres semanas antes do comezo da mostra para que poidan coñecer as pezas a concurso.  Ademais das plataformas de inscrición a MICE tamén recibe  películas a través do correo electrónico para o que teñen que entregar unha ficha propia para inscribir do festival.

O xurado internacional está conformado por un representante do cinema, unha persoa vinculada coa antropoloxía audiovisual  e a terceira persoa do xurado  elíxea a asociación galega de antropoloxía. A demais deste xurado, a MICE conta cun premio que entrega a Asociación Galega de Antropoloxía e que conta tamén co seu propio  xurado que é elixido pola asociación e que conta con tres membros.

A MICE conta tamén con actividade paralelas, nas que traballan con filmotecas, co cineclub de Santiago e teñen unha sección chamada IMPROPIAS que é unha liña dedicada ao cine antropolóxico de mulleres que este ano esta comisariado por  Ainhoa Rodríguez directora de   “Destello Bravío”, e que sempre está comisariado unha muller.

Ana explica que na realidade  están buscando filmes todo o ano e vendo películas todo ano e  ás veces convidan a algúns filmes directamente ao festival, teñen que  entrar por convocatoria,  pero son convidadas polo festival.

Entre oito e seis meses antes, incorporase ao traballo o equipo de comunicación do festival,  comezase a detallar o  programa escolar se o houbese. Nos escolares teñen dúas liñas de traballo, por unha banda proxección nas escolas de filmes que escolle o profesorado, e a outra liña máis creativa na que se traballa cun número de escolas moi reducido e vai unha persoa do equipo da MICE que sabe de cine e antropoloxía e ten unhas titorías en cada centro, primeiro unha parte teórica e logo  co móbil teñen que facer unha peza de oito ou dez minutos, para estas acción contan coa colaboración do Festival Escolar Audiovisual “ Olloboi”.

A estas alturas comezase a convidar a todas as entidades que  poidan  ter interese na mostra, por exemplo, á Revista  de cine galego “Cuarta Parede”. Tres  meses antes do festival é preciso  intensificar o visionado dos filmes, incorporar ao equipo o persoal técnico de produción para poder  organizar a  recepción das  copias de proxección das seccións paralelas, organizar traducións e subtítulos,  definir actividades paralelas: mesas, presentacións , visionadas para profesionais… meses antes do festival pecha a convocatoria e faise a selección definitiva, deixar de novo claro as condicións e preparar arquivo para que o teñan dispoñible o  xurado e a prensa.

Dous meses antes, preparase o  cronograma do festival,  planificación de viaxes e estancias, rematase o dossier do festival  e intensificase estratexia de comunicación e o deseño do material promocional.

Un mes antes do festival é preciso asegurar e revisar as copias e ter sempre copias  de respaldo por  se algunha non funciona. Normalmente teñen tres copias  de cada  filme.  Cun mes de antelación tamén se envían os  convites para a  sesión inaugural e preparase as  plataformas de acceso ás entradas.

E finalmente chegan as datas do festival e comezan as proxeccións dos filmes. Neste punto é importante contar con alguén que presente a película antes de comezar, au ben alguén do equipo do filme e senón é posible do equipo do festival. Ana destaca neste punto que considera fundamental a presentación  xa que considera que é dos puntos diferenciadores de ver unha película nun festival.

Cando remata o festival o traballo non remata xa que hai que facer o  tratamento das copias segundo as condicións acordadas. Tamén é importante realizar unha  reportaxe final do festival que pode valer ben como promo ou como xustificación para axudas ou patrocinios. Mandar agradecementos, punto que Ana destaca, xa que considera que é moi importante para o mantemento das relación da mostra coas súas colaboradoras.

E avaliar. Despídese Ana e despois do descanso para a merenda recibimos a Belén Bermejo.

 

Outro enfoque da mediación e a programación: música e espazos singulares

 

Belén Bermejo é avogada de formación e a súa carreira estivo vinculada á súa labor como investigadora de dereito cultural nas universidades de Compostela e Coruña. Belén conta que Fuco Santiago, profesor de Economía Aplicada especializado en economía cultural, díxolle algo que a impresionou, porque lle afectaba: el dicía que un xestor cultural ten que saber moito de economía e algo de dereito. Isto axudoulle moito na súa segunda etapa profesional dedicada á xestión cultural coa súa empresa Sirgo Torcendo.

Con estas bases, Belén conta que  aber moito de dereito axudoulle a levar a cabo a súa faceta de xestora cultura xa que ela non ten unha formación específica en xestión cultural, mais todo o que aprendeu na súa vida e na súa formación foille moi útil na súa empresa de xestión cultural.

Como axentes dentro do mundo da cultura a súa recomendación é abrir ben os ollos, hai que levar unha ollada crítica a todos os proxectos aos que nos enfrontamos e sempre manter o espírito crítico xa que non todo o que nos están contando é sempre así.

Conta que é a terceira vez que participa neste curso, mais quéixase de que non lle gusta a denominación que ten a súa propia presentación no curso. A razón é que Belén  considera que ser singular non aporta nada, ela prefire dicir que traballa en espazos con algún valor cultural. Cando lle encargaron a primeira edición de Espazos Sonoros, falábase de espazos singulares pero conseguiu cambialo por música en espazos de interese cultural.

 

Os inicios de festival

O festival Espazos Sonoros naceu hai 15 anos e é dos poucos festivais que quedan de música clásica en funcionamento,  e ademais tamén é singular no sentido de que se afasta no seu concepto deBelén Bermejo falando sobre Espazos Sonoros na sétima edición do CEUXiC outras programacións de música clásica que son máis ortodoxas.

A programación do festival lévase a cabo en espazos normalmente de culto relixioso. Belén conta que existen poucos edificios de arquitectura civil cun interese cultural. A programación lévase a cabo en igrexas, mosteiros, conventos… E salienta que para traballar neste tipo de espazos é preciso contar cunha especial sensibilidade.  Hai un frase que ela considera inspiradora e que a axudou na creación deste proxecto: “So os que arriscan por chegar demasiado lonxe, poden descubrir ata onde se pode chegar”.

No ano  2008, Belén recibe o  encargo de botar a andar unha programación en espazos singulares de música clásica, conta que para comezar trazou uns obxectivos do que quería facer, era moi importante que o proxecto fose galego e feito en Galicia e para Galicia e  que contribuíse ao desenvolvemento do país pero  tamén  tiña que ser un festival que se situase no mundo con identidade propia. Xerar un constante intercambio de ideas e as persoas, eran fundamental para elas.

Sobre obxectivos e retos

Sobre os obxectivos específicos atopábanse:  aliñar a programación coas estratexias de desenvolvemento sostible, contribuír á cohesión social, xerar un turismo sostible e unha convivencia cívica. Espazo Sonoro non pretende crear un turismo masivo, xa que os espazos nos que traballan son moi reducidos, o aforo máis grande que manexan é de cen persoas.

Por todo isto, é  moi complicado para o proxecto sacar financiación pública xa que a administración guíase maiormente polas cifras de asistencia. O festival traballa sempre en clave local, tentando contribuír ao desenvolvemento local e fomentar un lecer de calidade e non consumista.  Tamén formar aos públicos en música clásica, xa que non é un tipo de música que se programe habitualmente e non é un tipo de música que estea de moda. Espazo Sonoro tenta tamén  eliminar os prexuízos e conceptos elitistas  que existen sobre a música clásica e fomentar o aprecio polo  patrimonio.

Fomentar o talento e a creatividade local, o festival contribúe á descentralización para que non todo pase nas capitais de provincia e en épocas do ano nas que non hai moita oferta cultural e  abrir a programación a un público amplo e interxeracional. Neste punto, Belén recoñece que, este é dos puntos máis complicados para o festival xa que  o seu público é eminentemente feminino e maior e non tiveron relevo xeracional no festival.

Traballar modelos de pequeno formato e  de proximidade co público como fundamento da sustentabilidade do propio proxecto, non so dende o formato senón tamén dende as  actividades paralelas que se fan ao redor do festival. Ao longo dos anos tamén se foi creando programación para nenas e nenos, aínda que Belén recoñece que é moi pouca xa que este non era un dos obxectivos do festival.

Espazos Sonoros naceu coa intención de ser unha  programación feita dende Galicia e para Galicia, pero que as colocase non mundo e Belén considera que é algo que  conseguiron ao longo dos anos porque sen ter practicamente medios; na mellor época do festival ata a actualidade quedaron co 10% do orzamento co que traballaban na época que máis orzamento tivo o festivas mais, aínda así, conseguiron atraer a atención de formacións musicais moi importantes de fóra de Galicia e que querían participar no festival,  a singularidade do festival fai que  Belén  reciba ofertas de grupos de recoñecido prestixio mundial  que non lles importaba vir aquí a tocar reducindo moito o seu caches.

 

Preguntas clave: que queremos facer e de que medios dispoñemos?

Sobre o que queremos facer  temos que decidir que queremos programar e para quen e que obxectivos se pretende acadar.  O festival conta cunha dirección artística que neste caso recae en Belén, que é a encargada de deseñala.

Belén quere  incidir en dúas cuestións, por unha banda o tempo para pensar a programación, para non precipitarse, mais isto é moi complexo xa que os  rigores administrativos e as decisión políticas non permiten poder programar con tempo, teñen que vivir sempre na indefinición e na absoluta inseguridade xurídica. Para poder contar coa programación desexada deben reservarlles as datas aos grupos mais non poden asegurarlles nada ao cen por cen, xa que dependen de vontades políticas para acadar a financiación e se finalmente  a actuación non sae quen se ve prexudicada é a reputación do festival e a da súa empresa como organizadora.

Belén comenta que todo isto fai que vivamos nunha situación de escravitude persoal, dende a que é complicado levar unha vida normal e poder planificar a túa vida persoal.

Belén lembra cando a compañeira  Ana falaba de prazos e de como empezaban  a planificar o seu festival e pregunta como nos imaxinamos que deberían ser os prazos e o  cronograma no caso de Espazos Sonoros que se celebra no mes de setembro. Unha compañeira considera que o óptimo sería rematar unha edición e comezar a traballar na seguinte. Iso sería un escenario ideal, máis Belén cóntanos que a estas alturas aínda non teñen nada da presente edición do festival, a razón disto é o que comentaba anteriormente da dependencia das administración públicas e ademais no seu caso, a todo isto, engadese que dentro das programación culturais en xeral as programación de  música clásica  son  das máis maltratadas. Neste tempo de incerteza sobre a financiación do festival eles seguen a traballar pola súa conta e risco visitando  espazos e reservando as datas dos grupos pera a estas alturas aínda non teñen  compromisos  adquiridos por parte da administración polo tanto as reservas cos grupos e cos espazos están no aire.

Dende o seu punto de vista, e respondendo á pregunta antes exposta, Belén di que o ideal sería estar traballando a dous anos vista para poder traballar con tempo. Neste punto, fai fincapé nunha afirmación que sempre lle trasladan os políticos da imposibilidade de poder adquirir compromisos que se axusten a estes prazo xa que aducen que a lei non llo permite.  Como xurista, Belén considera que as leis poden ser  modificadas, as leis poden cambiarse para poder adaptarse ás necesidades do sector e deste xeito poder resolver este problema que obriga a traballar deste xeito tan pouco fiable.

Belén continúa expoñendo que todo o sistema non esta pensado para nós, pero so nós podemos modificalo porque os políticos non están para isto nin van mudar isto por eles mesmos. O tempo e a financiación deste tipo de proxectos é moi complexa e os prazos de traballo e incluso os prazos das subvencións non se adaptan aos prazos de realización das actividades e provocan situacións nas que hai que traballar sen saber se finalmente as van a conceder ou non.

Belén reclama que a asociación de xestores deberían reclamar sobre isto, que non ten lóxica como funcionan as subvención e que é preciso facer unha reflexión profunda sobre o funcionamento disto xa que pensa que non se está facendo nada ao respecto. A planificación e as fases do proxecto veñen moi marcadas pola mala xestión administrativa da que somos pasto.

As fases do proceso

Para comezar, o primeiro que se fai é o deseño da programación e a pre-produción, seleccionar os  espazos e grupos e acordar datas dos grupos e espazos así como  ver as necesidades de cada un dos espazos, xa que son espazos que no están adecuados para facer unha programación musical aínda que si teñen unha boa acústica.

Despois pásase á fase de produción que é cando se desenvolve o festival e por último á post produción onde se presenta a xustificación e valoración do proxecto.

No referente á  comunicación, esta debe estar  presente durante todo o proceso. A comunicación que fixeron elas sempre foi minimalista porque non tiñan cartos para facela e considera que a partida de comunicación, no caso do seu festival, debe ser mínima,  xa que considera que para elas funciona mellor a comunicación a pé de rúa. O festival conta cunha web  moi informativa que funciona para o seu público que é un público de mediana idade co que sofren da chamada  fenda dixital porque o público obxectivo do festival  non están moito nas redes sociais e ata lle costa facer unha inscrición online para a entrada.  No referente aos medios máis tradicionais, Belén conta que case non lles fan caso, isto tamén é debido a que nos medios a música clásica case non ten cabida.  A web é un medio de comunicación constante co seu público a través do formulario e ademais contan co que lle chaman a BIBLIA do festival  que é un libreto  con moita información é un programa moi amplo e que considera que é a súa ferramenta máis efectiva debido á idade media do seu  público.  Espazos Sonoros conta tamén con  redes sociais mais  non son para eles unha ferramenta que sexa demasiado útil.

Como eixo central da súa estratexia de comunicación, Belén considera que é moi importante crer un relato sobre o festival xa que teñen un público moi fiel dende o principio e este síntese parte  dunha comunidade. Vese de ano en ano que o público agrandase, hai xente que ven pola música, xente que vai polo espazo e tamén é moi importante o público novo que se achega ao festival a través das actividades paralelas.

Podemos ver imaxes de algunhas das actividades que se fan antes dos concertos, como por exemplo,  unha xornada que se fixo en Santo Estevo de Fiz na Ribeira Sacra, organizaron unha ruta que chegaba ata unha igrexa que foi trasladada ata ese lugar xa que a antes estaba situada onde agora está o encoro, con motivo disto  ese día fixeron un monográfico sobre a Galicia asolagada  e dar a coñecer  os crimes que se cometeron nesa época en espazos de interese cultural.

Ese tipo de actividades suman atractivo ao festival ademais de aportar un valor engadido á proposta cultural do mesmo.

A modo de reflexión

Belén non quere rematar a súa intervención sen poñe sobre a mesa dúas cuestión; por unha banda considera que  como xestores culturais temos a obriga de ser máis molestos co poder, a lexislación tal e como está non funciona e senón funciona o máis normal sería facer outra pero non sabe porque na cultura hai unha tendencia de pensar que unha inflación lexislativa vai a solucionar a cuestión, senón funciona hai que reformalas e moitas veces o que fan e sacar outra lei mais esta nova  lei non cambia os problemas da vella, unha nova lei non vai xerar outros contextos ou  outros problemas, os problemas nosos non se van solucionar cunha lei nova. A maior parte das obrigas que xera esa nova lei vainos corresponder cumprir a nós,  é normal é o xogo xurídico, pero temos que telo en conta, cando se fala de dereitos culturais, por exemplo a  a lei de dereitos culturais de Navarra, sendo unha lei  fantástica considera que  os dereitos culturais non son os que están máis fortalecidos porque non se poden reclamar, a Lei Navarra non ten contido real para cambiar a realidade, para facer realidade os dereitos culturais o que se precisa  son cartos e vontade política, senón hai un investimento real en política é imposible que se fagan real. Que se invistan cartos en cultura.

Por outra lado o tema que lle preocupa é o do desenvolvemento sustentable. Carlos Amoedo falaba deste fenómeno  de transversalidade invertida na cultura, é dicir é unha política que debería estar en moitas outras políticas. Na práctica, a cultura non está presente en outras políticas, en calquera proxecto de outras políticas como traballo, economía, medioambiental…  non se chama á cultura para que estean presentes nos procesos. Non estamos presentes porque nós cando facemos un proxecto temos que ter presento todo o espectro de políticas sectoriais das demais cuestións pero non é un movemento igual.

Hai que ter en conta que nos están aplicando como colectivo moitas políticas que é imposible cumprir, somo o sector máis maltratado e infravalorados e con menos diñeiro.

“Manteñamos os ollos abertos”, di Belén: “hai que ler estudiar porque necesitamos defendernos con argumento racionais e para iso hai que saber do que se está a falar”.

 

 

 

Paulo Rodríguez e Sole Felloza, xuntos nun descanso da sesión. Paulo falou de teatro e artes escénicas, dende a súa experiencia á fronte do Rosalía de Castro, e Solo de narración oral, dende o festival Atlántica

Mediación e programación cultural: artes escénicas e letras e oralidade. Con Paulo Rodríguez e Sole Felloza

Por Xandre Marín

Xa perdida por completo a pouca palabra que tiña, máis de dous meses despois de comprometerme a redactar esta entrada para o blog do curso, e un mes despois de xurarlle a Ruth Sousa polo máis sagrado (os meus gatos) que o faría, aquí van as miñas impresións sobre a sesión do día 03/03/23, que, dentro do bloque sobre mediación e programación cultural, se centrou nas artes escénicas e na oralidade (no teatro e na narración), para o que tivemos a fortuna de contar coa testemuña experiencial de Xosé Paulo Rodríguez (do Teatro Rosalía de Castro) e Sole Felloza (do Festival Atlántica).

En realidade, eu pretendía contar aquí que cando cheguei á Coruña a comezos de século, o Rosalía de Castro era un dos símbolos do coruñesismo máis… coruñés. Tiña daquela unha compañeira de traballo que sacaba abono cada tempada para non ir nunca, só porque telo implicaba unha certa distinción. Logo caín en que este blog é público e, ademais, vai asinado, e non é a miña pretensión meterme nos xardíns de Méndez Núñez, así que pecharei este tema agradecendo infinito a todas esas persoas que mercan o abono para non ir (ou pasar polo teatro só cando vén Juan Diego Botto) e emprestan a entrada ás súas amizades para ver teatro menos convencional, por chamalo dalgunha maneira, ou, aínda peor, en galego. Isto contáronmo, que eu pago entrada sempre.

O teatro Rosalía de Castro dende dentro

Xosé Paulo Rodríguez accedeu á praza de director do teatro Rosalía de Castro no 2011. Non quixera eu verme nese traballo hercúleo que ten que ser conxugar a liña de programación que trae de anos atrás o Rosalía cun orzamento cada vez máis axustado (sendo optimistas), cunha situación política municipal en constante cambio (tres gobernos diferentes desde que está no cargo), cun público cada día máis esixente e cunha oferta artística cada vez máis ampla e diversa. E podemos sumar aí moitas outras variables que complican o labor: o prezo das entradas e a competencia directa, sobre todo no caso de teatro galego, con salas e auditorios municipais da contorna que ofrecen as mesmas obras a prezos simbólicos, cando non manteñen esa idea rancia do gratis para todas que se instaurou coa democratización cultural e que tan pouco axuda a valorar o traballo das profesionais do teatro.

Xosé Paulo falou de moitas outras cousas: da historia do Rosalía, das presións á hora de programar, da familia que conforman xunto aos habituais do teatro, da renovación de público que se está a vivir tras a pandemia, da xente que marcha contrariada cando hai función de Matarile Teatro (non dixo que fosen Matarile Teatro, pero tampouco creo que ande eu desencamiñado) e tamén do programa de mediación do TRC Danza, do que xa nos falara Caterina Varela unhas sesións antes e que, como a estas alturas xa saberedes, foi motivo de polémica pouco despois.

A arte da narración e Sole Felloza

Na segunda parte da sesión, Sole Felloza fixo a que recordo como mellor ponencia de todo o curso. Xogaba, claro, coa vantaxe de ser contadora e ter unha bagaxe inigualable en dominar todo tipo de situacións. E nós tampouco somos un público complicado, aínda que a clase dese día comezara coas nosas queixas pola falta de aprendizaxe de metodoloxías durante o curso, ás que, por cerro, Xosé Paulo respondeu que na xestión cultural, cando alguén chega a conformar algo parecido a unha metodoloxía, xa non serve e hai que buscar outra.

Teño que confesar que, a pesar de saber do Festival Atlántica desde hai anos, descoñecía a magnitude e as implicacións que tiña, probablemente porque vivía instalado no prexuízo de que as contadas son, a nivel organizativo, un que se pon a contar e marcha cando acaba.

Sole Felloza falou da forma en que o festival foi crecendo desde as orixes ata a actualidade, sen perder nunca de vista o compromiso co patrimonio e coas asociacións culturais (para as que poden chegar a programar actuacións de balde se así se lles presta), trufando o camiño con anécdotas e historias de encontróns, problemas resoltos con creatividade, eivas que se converten en oportunidades e improvisacións varias. Unha metodoloxía, efectivamente, en constante cambio, pero, por fin, explicada paso a paso, con detalle, con gana, con paixón e con graza.

Que non é por safar de escribir máis, pero realmente a intervención de Sole Felloza é das que tedes que ver se non estivestes na clase ese día e nada do que eu poida engadir aquí vai aproximarse o máis mínimo a escoitala a ela contalo.

Así que, xa para rematar, vai aquí outra valiosa aprendizaxe que saquei desta sesión grazas a compartir coñecementos e saberes coas marabillosas compañeiras coas que tiven a sorte de compartir curso: Sara Baras é palíndroma.

A imaxe recolle un detalle dunha pizarra transparente, na que hai escritas en cor azul e laranxa unha serie de conceptos unidos por frechas que non chegamos a ler. Vemos a man dunha persoa, cun rotulador laranxa, escribindo na superficie transparente. Escollemos esta imaxe, que estaba dispoñible no banco de imaxes Unsplash, para ilustrar un artigo sobre economía, cultura e innovación

Una reflexión sobre cultura, economía e innovación

Por José Mauricio Chávez Charro

En una primera mirada, parecerían tres términos que no tendrían ninguna relación cuando hablamos de “cultura”, “economía” e “innovación”. La relación entre cultura, economía e innovación es compleja y se puede entender desde diferentes perspectivas. Estos tres elementos están interconectados y se influyen mutuamente de varias maneras. A continuación, se presentan algunas formas en las que se relacionan desde el punto de vista de los profesores Pau Rausell Köster y Roberto Gómez de la Iglesia, en sus clases dentro del Curso de Experto Universitario en Gestión Cultural, año académico 2022-2023.

Para Pau Rausell, la economía es una ciencia social, que trata de explicar el comportamiento de las personas, así que la economía es individualismo, ya que la persona toma decisiones, los individuos tratan de maximizar las utilidades. Las soluciones que conciben los economistas para la cultura son: i) incrementar beneficio, ii) reducir los costos, iii) modificar las preferencias, esto a largo plazo, iv) remover las restricciones, sean estas: las sociales, física y otras).

En la línea de la economía como ciencia social, se habla de la economía de la cultura, que requiere que se tenga mediciones de los diferentes ámbitos o elementos de la cultura como: los catálogos administrativos, las estadísticas culturales, cuentas satélite de la cultura, los estudios sectoriales, la utilización de modelos econométricos, sistemas de indicadores, mapeos culturales, estudios de impacto económico, estudios de valoración contingentes. Como evidenciamos, la gran cantidad de aspectos de la cultura que son  susceptibles de ser medidos, por tanto, tratados y explicados por la economía.

Otros enfoques de la economía y la cultura son: los que se encuentra orientados a la economía como herramienta para el análisis sectorial de las actividades ligadas a la cultura y la creatividad; la economía de la cultura como análisis de las fuentes de financiación de las actividades culturales; la economía de la cultura como programa de política económica y su relación con el desarrollo. Con lo mencionado en los párrafos anteriores se demuestra con aspectos concretos la relación existente entre la Economía y la Cultura.

 

La cultura e innovación fue tratada por Roberto Gómez de la Iglesia, quien trabaja en la economía creativa, y enfatiza que no solamente tiene que ver con la dimensión económica de los sectores, si no también desde esos mismos sectores podemos hacer más creativos a los demás, mediante metodologías con base cultural en sectores diversos. Lo indicado lo resumen en la siguiente frase: “Buscamos hacer de las artes, la cultura y la creatividad motores transversales de cambio y transformación”.

Selfie de grupo, con Roberto Gómez de la Iglesia, que falou de economía creativa e conexións improbables dende a culturaLas organizaciones tanto sociales y económicas, más allá de sobrevivir ofreciendo buenos productos o servicios, hoy están buscando:

  • afrontar el reto digital y la intangibilización progresiva
  • actuar con lógicas de sostenibilidad
  • crear nuevos significados compartidos y conectar
  • desarrollar nuevos espacios de relación con sus públicos (internos y externos)
  • emocionar en todo momento y lugar
  • generar experiencias

Ese marco de innovación precisa la capacidad de generar experiencias, la imaginación, la capacidad de trabajar en los límites, en las periferias, tan propia del mundo creativo. Nos hace reflexionar el sentido de que el mundo de la cultura, y especialmente de las artes, precisa resituar su rol en el mundo actual, en una sociedad donde las barreras son cada vez más difusas y surgen nuevos diálogos, por tanto, se hace necesario revisar la relación entre las artes, la cultura, la creatividad, su sector, la sociedad y la economía.

Especial mención se merece la participación en los procesos de generación de innovación disruptiva, de lo que domina Roberto Gómez como “colaboradores improbables” a: los artistas relacionales, experienciales, tecnológicos, creadores, pensadores, profesionales creativos, que a menudo son “periféricos”, quienes actúan como investigadores, usuarios extremos, críticos de sistemas, comunicadores y catalizadores creativos, Todo esto para generar la innovación para cualquier tipo de organizaciones o sector empresarial, permitiendo dar un gran impulso a los sectores creativos que permita “innovar la innovación”.

Algunas reflexiones

Influencia cultural en la economía e innovación: La cultura de una sociedad puede tener un impacto significativo en su economía e innovación. Las creencias, valores, normas y
comportamientos culturales pueden afectar las actitudes hacia el riesgo, el espíritu empresarial y la creatividad. Por ejemplo, una cultura que fomenta la experimentación y la tolerancia al
fracaso puede promover la innovación y el emprendimiento.

Impacto económico en la cultura e innovación: La economía de un país o región puede influir en la cultura y la innovación. Por ejemplo, un entorno económico próspero con acceso a recursos financieros y oportunidades de inversión puede fomentar la innovación y el desarrollo cultural. Además, el gasto en actividades culturales, como las artes y el patrimonio, puede impulsar la economía y la creatividad.

Innovación como impulsor económico y cultural: La innovación puede impulsar tanto la economía como la cultura de una sociedad. La introducción de nuevas ideas, tecnologías y procesos puede generar crecimiento económico al mejorar la productividad y la eficiencia. Al mismo tiempo, la innovación puede tener un impacto cultural al cambiar las formas en que las personas interactúan, se comunican y consumen información y productos culturales.

Políticas y marcos institucionales: Las políticas gubernamentales y los marcos institucionales también desempeñan un papel importante en la relación entre cultura, economía e innovación.
Los incentivos fiscales, los programas de apoyo a la innovación y las políticas culturales pueden influir en la forma en que se promueve la creatividad, se fomenta la inversión y se protege el
patrimonio cultural.

En resumen, la cultura, la economía y la innovación están estrechamente vinculadas y se influyen mutuamente. La cultura puede influir en la economía y la innovación al moldear actitudes y comportamientos, mientras que la economía puede afectar la cultura y la innovación al proporcionar recursos y oportunidades. La innovación, a su vez, puede ser un impulsor tanto económico como cultural al introducir nuevas ideas y tecnologías. La comprensión de estas interrelaciones puede ser fundamental para fomentar el crecimiento económico sostenible y el desarrollo cultural.

Selfie de grupo, con Roberto Gómez de la Iglesia, que falou de economía creativa e conexións improbables dende a cultura

Ecosistemas creativos, buscando conexións improbables. Con Roberto Gómez de la Iglesia

Por Andrea Lorenzo

Roberto Gómez de la Iglesia foi o encargado de falarnos de ecosistemas creativos baixo a premisa da procura de conexións improbables. É consultor experto en Economía Creativa, creador da meta-metodoloxía de innovación aberta e colaborativa en Conexiones improbables. Coautor e director de Kultursistema e tamén conselleirro delegado (CEO) de Hibridalab, Centro de Innovación Aberta e Transferencia Creativa de Álava, entre moitas outras cousas, un profesional en activo dende hai máis de 30 anos.

Apaixoado da súa terra tanto como da súa profesión, puxo en contexto a historia recente da xestión cultural dende a perspectiva da experiencia de varias décadas. Os anos 70 e 80 enmarcan a Vitoria como referente de creación de movemento e discurso sobre o que anos despois se chamará xestión cultural. Afirma que actualmente estamos nun momento “raruno” pero que a incertidume xa estaba, só que agora está acelerada.

¿E qué facemos? Innovar, ese verbo de acción que se repetiu ó longo de toda a xornada. Pódese ser pequeno e estar no mundo, a clave é preguntarse, que farían os innovadores/as de antes, agora?

 

Resistencia propositiva

Gómez de la Iglesia formula este termo como unha resistencia proactiva, onde non basta con protestar. A súa empresa traballa pola economía creativa e recalca que non só ten que ver coa dimensión económica dos sectores, senon tamén con como dende eses mesmos podemos facer máis creativos os demáis, a través de metodoloxías con base cultural en sectores diversos. Non cinguíndose ao concepto de industria creativa e di, textualmente, “El teatro nunca será una industria, el teatro es un ser vivo, es un servicio”.

Remarca que un bo xestor ou xestora cultural ten que saber xestionar a complexidade. Diferencia as artes, a cultura e a creatividade xunto co pensamento en motores de cambio e transformación transversais.

  • Arte como o espacio de excepción
  • Cultura como o espacio da norma
  • Creatividade como o espacio onde repensar todo o anterior

 

Impactos e artefactos

Non hai resposta acertada a pregunta equivocada, posiblemente ese sexa o problema, que non se fan as preguntas axeitadas, aquelas que nos levan a mirar debaixo da alfombra.

Roberto lembra que o futuro é máis dos impactos que dos artefactos, só o artefacto está ben se permite xerar impacto. E dende a xestión cultural non ten que importar tanto como se empregan os artefactos, senón como xerar ese impactos.

Durante toda a xornada está presente a palabra innovación, como comentei anteriormente, e de novo, convídanos a facelo e pon como exemplo a introdución de artistas e creadores nos seus equipos para transformar a industria, para facer procesos de innovación. Identifica cinco puntos de por que traballan con artistas:

  • Un bo artista é un bo investigador, diferente a como investiga a ciencia. Recoñecendo as artes como unha ciencia, como un experimento científico.
  • Usuarios Extremos, que atopan peculiaridades en entornos personales, físicos,… coa capacidade de sacar “chispas” as cousas que o resto non ve.
  • Críticos de sistemas
  • Comunicacións
  • Catalizadores creativos

A maioría das empresas non falan cos seus usuarios ou non usuarios, menos os meten en procesos de deseño, por iso el ten claro que non axudan os seus clientes a ser máis divertidos, axúdaos a innovar, no modelo de negocio, no produto,… a través de metodoloxías culturais.

Momento da sesión de Fran Quiroga sobre cultura comunitaria e ruralidades

Ecosistemas culturais: a perspectiva da ruralidade e da cultura comunitaria. Con Fran Quiroga

Por Estela Barbeito

Durante esta sesión Fran Quiroga acompañounos para afondar na cultura comunitaria e a perspectiva da ruralidade dentro dos ecosistemas culturais. A través dunha charla distendida, fixemos un percorrido por algúns dos seus proxectos e investigacións para comprender os procesos participativos e a importancia do papel da mediación nos mesmos.

Citando a Donna Haraway e o seu concepto de saberes situados, Fran danos un esbozo das claves que percorreran o seu discurso e das preguntas que se fai ao encarar os proxectos. Se os coñecementos están condicionados pola nosa realidade e cosmovisión, entón deberíamos facernos preguntas como: dende onde falamos? coma nos relacionamos en común? como é a gobernanza nos nosos espazos? e a toma de decisións?

A palabra “coidado” vírase imprescindible e transversal en todo proceso que propoñamos. Debemos ter a sensibilidade de aprender a  observar e recoñecer a realidade concreta, situar o territorio, o seu pasado e as súas xenealoxías para poder coñecer as problemáticas da comunidade e así chegar a descubrir os seus anhelos e desexos. Fran apunta cara a realidade cultural da Galiza rural e mete as máns na terra para desmontar o relato ao que nos teñen acostumad*s.

O franquismo lanzou a idea de que o rural era un atraso, xerando un imaxinario da Galiza profunda e estancada no tempo, onde non se pode facer nada, en contra da idea de progreso e modernidade que abandeiraban. Esta idea quedou instaurada e, mesmo interiorizamos, creando cada vez unha maior distancia entre a aldea e a cidade, unha maior dependencia das macroindustrias e o despoboamento non veu só, pois as políticas condicionaron, e condicionan, esta situación.

 

E a pregunta que resoa durante toda a conversa é: cal é o noso papel no ámbito cultural no rural?

Se no contexto agrario estase a traballar pola soberanía alimentaria e a autonomía, na cultura tamén debemos facelo. Debemos revertir o imaxinario de que o rural é un atraso, de que aquí só queda emigrar e como xestoras culturais facernos as preguntas que nos leven a poder contribuir a cambiar este relato e gañar así en autonomía.

Mais o relato de que Galiza é individualista desmóntase mirando cara unha cultura comunitaria e colaborativa que se traduce nun país cheo e comunidades de montes, de territorios en mancomun, de augas comunitarias e con comisión de festas en cada parroquia que a conforma. É dicir, unha cultura colaborativa.

E cal será a nosa estratexia para reinvindicar o noso valor no sector cultural? Pois unha combinación na que o coidado polos procesos o empape todo, observando e coñecendo as realidades dos contextos rurais, cambiando os imaxinarios, tecendo alianzas e complicidades cos colectivos, facilitando espazos de producción onde tamén tecer comunidade, repensando os impactos a longo prazo e abordando as problemáticas dende unha idea máis festiva e participativa.

A cultura e a arte poden fortalecer as comunidades e mostra disto son os proxectos dos que nos falou Fran, dende Legado Coidado de Concomitentes, Fiestas Raras de Imagina Madrid ou o traballo de Territorio Archivo da Fundación Cerezales. Queda moito por ver e coñecer, por facer.

A mirada está agora posta no rural, a modernidade é a etnoeducación e os saberes locais, os espazos de encontro e intercambio de aprendizaxes que crean comunidade. Apostemos pola cultura e a arte para revalorizar eses coñecementos e formas de estar que se dan no rural.

 

 

 

Imaxe da sesión de Diego V. Meizoso tomada dende o fondo da aula. Vemos en primeiro plano, en escorzo, a unha alumna do curso. E a máis alumnos nas mesas de diante. Ao fondo, de pé diante da pizarra, Diego explica as claves do desenvolvemento dun proxecto cultural.

Estrutura e planificación dun proxecto cultural. Con Diego V. Meizoso

Neste segundo trimestre un dos focos do Curso está posto no deseño dos proxectos por equipos. Este traballo de clase estará titorizado, a demanda do alumnado, pero o punto de partida é esta sesión sobre estrutura e planificación dun proxecto cultural.

Diego V. Meizoso, un dos titores do Curso e mentor dos proxectos xunto co coordinador Sergio Lago, foi o encargado de impartila. Esta sesión, como dicimos, senta as bases do que vén a partir de agora. E parte dunha cuestión:

Que é un proxecto cultural?

Diego toma como referencia a David Roselló, que di que un proxecto é un conxunto de decisións tomadas arredor dunhas tarefas e ns recursos, encamiñadas a conseguir uns obxectivos nun determinado contexto e condicións.

Con esta idea clara, falamos da proposta metodolóxica para o desenvolvemento dun proxecto cultural. Dende a diagnose inicial ata a dimensión externa do proxecto. Unha parte na que debemos ter tan claro como o nome da proposta ou quen a impulsa cuestións fundamentais. Como por que xorde o proxecto, para quen é e que obxectivos quere acadar.

Con isto claro, virá a parte na que definir unha metodoloxía e accións calendarizadas. E na que ter perfectamente claros os recursos dos que dispón o proxecto e o equipo que traballa nel.

Exemplos inspiradores

A sesión tivo un enfoque práctico e a referencia de varios proxectos sobre os que reflexionar. Dende Camiño Escena Norte ata Me vuelves Lorca, pasando por Poetas (Din)Versos ou Curtocircuíto.

Agora toca poñer en práctica o aprendido na aula para #aprenderfacendo! 😉

Viaxamos ao Courel para coñecer iniciativas sobre paisaxe, patrimonio e cultura

O Curso trata de posibilitar o coñecemento directo de diversos contextos culturais. A través das experiencias que o equipo docente, composto por profesionais de diversas áreas de especialización e contornas de traballo, comparte nas aulas. Pero tamén a través de visitas que facilitan o contacto con esas realidades .

Nesta ocasión, un convite da Fundación Uxío Novoneyra levounos ata o Courel. Cunha primeira parada na súa Estación Científica. Nela puidemos coñecer o MOOC sobre xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural desenvolto por varias entidades, entre elas a propia fundación.

 

O noso anfitrión, Uxío Novo, falounos tamén do Courel como espazo literario. E o paisaxista Pedro Calaza falounos da importancia de entender a paisaxe para poder valorar mellor a súa importancia.

De Seoane a Parada

A visita permitiunos coñecer Seoane do Courel, onde tivemos ocasión de gozar dunha noite cultural no pub Hydra, que contou con Leo de Matamá. E, ao día seguinte, dunha visita á ferrería Locay, no seu momento a hidráulica máis grande do Estado.

Tamén dun percorrido a pé dende a ferrería ata Parada, no que descubrimos cuestións moi  interesantes. Como, por exemplo, a relación entre a explotación do ferro na serra e a existencia dos soutos.

 

No corazón da fundación Novoneyra

Na aldea de Parada, a máis chá do Courel e referenciada mesmo no famoso mapa de Domingo Fontán, atópase a Fundación Uxío Novoneyra. A que foi casa do poeta é hoxe un espazo museístico e de nacemento e xestión de diversos proxectos culturais. Un lugar no que conflúen cultura, patrimonio e memoria. Escenario do Festival dos Eidos, é tamén fogar.

Percorrelo da man de Uxío Novo, gozar dos seus coñecementos, da súa memoria e da súa arte para recitar, foi para todas nós un agasallo incrible. Moitísimas grazas! 😊

 

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro

deitarme na Campa da Lucenza nun claro.

Hein d’ir á Devesa da Rogueira i a Donís

ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.

Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor

a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.

Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares

rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares

Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío

baixar i andar pola aurela do río.

Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón

debrocar pra baixo cara Oéncia e León.

Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa

i a un eido solo onde ninguén me vexa.

(Os Eidos, Uxío Novoneyra)