Imaxe da sesión de Diego V. Meizoso tomada dende o fondo da aula. Vemos en primeiro plano, en escorzo, a unha alumna do curso. E a máis alumnos nas mesas de diante. Ao fondo, de pé diante da pizarra, Diego explica as claves do desenvolvemento dun proxecto cultural.

Estrutura e planificación dun proxecto cultural. Con Diego V. Meizoso

Neste segundo trimestre un dos focos do Curso está posto no deseño dos proxectos por equipos. Este traballo de clase estará titorizado, a demanda do alumnado, pero o punto de partida é esta sesión sobre estrutura e planificación dun proxecto cultural.

Diego V. Meizoso, un dos titores do Curso e mentor dos proxectos xunto co coordinador Sergio Lago, foi o encargado de impartila. Esta sesión, como dicimos, senta as bases do que vén a partir de agora. E parte dunha cuestión:

Que é un proxecto cultural?

Diego toma como referencia a David Roselló, que di que un proxecto é un conxunto de decisións tomadas arredor dunhas tarefas e ns recursos, encamiñadas a conseguir uns obxectivos nun determinado contexto e condicións.

Con esta idea clara, falamos da proposta metodolóxica para o desenvolvemento dun proxecto cultural. Dende a diagnose inicial ata a dimensión externa do proxecto. Unha parte na que debemos ter tan claro como o nome da proposta ou quen a impulsa cuestións fundamentais. Como por que xorde o proxecto, para quen é e que obxectivos quere acadar.

Con isto claro, virá a parte na que definir unha metodoloxía e accións calendarizadas. E na que ter perfectamente claros os recursos dos que dispón o proxecto e o equipo que traballa nel.

Exemplos inspiradores

A sesión tivo un enfoque práctico e a referencia de varios proxectos sobre os que reflexionar. Dende Camiño Escena Norte ata Me vuelves Lorca, pasando por Poetas (Din)Versos ou Curtocircuíto.

Agora toca poñer en práctica o aprendido na aula para #aprenderfacendo! 😉

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*