Unha oferta formativa para a práctica profesional
O Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural baséase no cambio de modelo que está a experimentar o espazo cultural europeo, e que se traduce na obriga dunha maior diversificación de ingresos para viabilizar os proxectos e as entidades culturais, nunha maior énfase no traballo cooperativo, na incorporación ineludible das novas tecnoloxías e nunha maior implicación cos públicos das actividades culturais.
Unha comunidade educativa
A experiencia formativa do Curso condensada en cinco vídeos: un por cada edición
Aprender compartindo!
Descubre no blog do Curso de Expert* en Xestión e Innovación Cultural da USC un resumo, en aberto, de todas as sesións. Un xeito perfecto de achegarse á experiencia formativa e de comunidade profesional que propoñemos.