Para propiciar unha inmersión total no mundo profesional e para aplicar os contidos nos que afondamos na aula, o Curso ofrece unhas prácticas optativas en institucións e empresas culturais de referencia. A experiencia busca ser o máis persoalizada aos intereses e dispoñibilidade do noso alumnado, a quen aconsellamos e recomendamos as entidades nas que mellor poden encaixar.
Ao longo das edicións do Curso celebradas até hoxe colaboramos con entidades de moi diversa natureza (institucións, empresas, asociacións e fundacións, festivais e eventos), de todas as disciplinas artísticas e localizadas principalmente no conxunto da xeografía galega. Entre todas conforman un listado de posibles destinos que medra ano a ano, ampliando as opcións d*s estudantes e enriquecendo a tépeda rede de alianzas do Curso.