Ecosistemas creativos, buscando conexións improbables. Con Roberto Gómez de la Iglesia
Por Andrea Lorenzo
Roberto Gómez de la Iglesia foi o encargado de falarnos de ecosistemas creativos baixo a premisa da procura de conexións improbables. É consultor experto en Economía Creativa, creador da meta-metodoloxía de innovación aberta e colaborativa en Conexiones improbables. Coautor e director de Kultursistema e tamén conselleirro delegado (CEO) de Hibridalab, Centro de Innovación Aberta e Transferencia Creativa de Álava, entre moitas outras cousas, un profesional en activo dende hai máis de 30 anos.
Apaixoado da súa terra tanto como da súa profesión, puxo en contexto a historia recente da xestión cultural dende a perspectiva da experiencia de varias décadas. Os anos 70 e 80 enmarcan a Vitoria como referente de creación de movemento e discurso sobre o que anos despois se chamará xestión cultural. Afirma que actualmente estamos nun momento “raruno” pero que a incertidume xa estaba, só que agora está acelerada.
¿E qué facemos? Innovar, ese verbo de acción que se repetiu ó longo de toda a xornada. Pódese ser pequeno e estar no mundo, a clave é preguntarse, que farían os innovadores/as de antes, agora?
Resistencia propositiva
Gómez de la Iglesia formula este termo como unha resistencia proactiva, onde non basta con protestar. A súa empresa traballa pola economía creativa e recalca que non só ten que ver coa dimensión económica dos sectores, senon tamén con como dende eses mesmos podemos facer máis creativos os demáis, a través de metodoloxías con base cultural en sectores diversos. Non cinguíndose ao concepto de industria creativa e di, textualmente, “El teatro nunca será una industria, el teatro es un ser vivo, es un servicio”.
Remarca que un bo xestor ou xestora cultural ten que saber xestionar a complexidade. Diferencia as artes, a cultura e a creatividade xunto co pensamento en motores de cambio e transformación transversais.
- Arte como o espacio de excepción
- Cultura como o espacio da norma
- Creatividade como o espacio onde repensar todo o anterior
Impactos e artefactos
Non hai resposta acertada a pregunta equivocada, posiblemente ese sexa o problema, que non se fan as preguntas axeitadas, aquelas que nos levan a mirar debaixo da alfombra.
Roberto lembra que o futuro é máis dos impactos que dos artefactos, só o artefacto está ben se permite xerar impacto. E dende a xestión cultural non ten que importar tanto como se empregan os artefactos, senón como xerar ese impactos.
Durante toda a xornada está presente a palabra innovación, como comentei anteriormente, e de novo, convídanos a facelo e pon como exemplo a introdución de artistas e creadores nos seus equipos para transformar a industria, para facer procesos de innovación. Identifica cinco puntos de por que traballan con artistas:
- Un bo artista é un bo investigador, diferente a como investiga a ciencia. Recoñecendo as artes como unha ciencia, como un experimento científico.
- Usuarios Extremos, que atopan peculiaridades en entornos personales, físicos,… coa capacidade de sacar “chispas” as cousas que o resto non ve.
- Críticos de sistemas
- Comunicacións
- Catalizadores creativos
A maioría das empresas non falan cos seus usuarios ou non usuarios, menos os meten en procesos de deseño, por iso el ten claro que non axudan os seus clientes a ser máis divertidos, axúdaos a innovar, no modelo de negocio, no produto,… a través de metodoloxías culturais.
Trackbacks & Pingbacks
[…] cultura e innovación fue tratada por Roberto Gómez de la Iglesia, quien trabaja en la economía creativa, y enfatiza que no solamente tiene que ver con la dimensión económica de los sectores, si no […]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!