FORMACIÓN PARA A PRÁCTICA PROFESIONAL
A orientación do Curso é eminentemente aplicada, primando os casos prácticos a realizar na aula, ademais do contacto directo con profesionais de prestixio e con institucións do sector. Este enfoque susténtase no principio de “aprender facendo”, e pretende estimular as destrezas do alumnado, así como incrementar as súas capacidades útiles para o desempeño laboral.
O Curso facilitará aos alumnos e alumnas que así o desexen a posibilidade de realizar prácticas en entidades e empresas culturais galegas de referencia, a realizar durante un tempo mínimo de 120 horas.
METODOLOXÍA
En canto ás ferramentas pedagóxicas, combinamos clases maxistrais con traballos en grupo na aula, visitas guiadas a centros culturais, mesas redondas con axentes do sector, algunhas sesións en liña e titorías personalizadas.
Estas titorías desenvólvense moitas veces a distancia, atendendo ás diferentes procedencias do noso alumnado. Para favorecer a práctica do traballo en equipo de maneira telemática, e para acompañar na titorización dos proxectos, incorporamos as mesmas canles e ferramentas colaborativas dixitais que as empregadas nun contexto profesional.
Ademais, no caso de ser necesario, estamos preparad*s para adaptar a docencia á contorna dixital e ao noso alumnado, de tal xeito que ninguén perda os contidos e propostas previstos no programa.
PROGRAMA DETALLADO
Materias e calendario de sesións 2020-21
02/10/20 | Presentación do Curso. Marco teórico da xestión cultural (I). As políticas culturais en Galicia. Con Marcos Lorenzo| Marco profesional da xestión cultural (II). Tendencias e boas prácticas na xestión cultural galega. Con Sergio Lago
09/10/20 | Marco profesional da xestión cultural (III). Historia, actualidade e perspectivas da xestión cultural. Con Lluis Bonet e Sergio Lago
16/10/20 | O proxecto cultural (I). Estrutura básica. Plan de traballo do Curso | A práctica profesional (I). Técnicas para o traballo en equipo. Ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó
23/10/20 | A práctica profesional (II). Elaboración do diagnóstico. Identificación de necesidades e oportunidades. Con Ana Lorenzo
(xoves) 29/10/20 | Marco profesional da xestión cultural (IV). A Cultura no marco dos ODS. (Sesión en liña). Con Encarna Lago | O proxecto cultural (II). Traballo en equipo titorizado (Obradoiro en liña), Con Sergio Lago, Diego V. Meizoso e Diego Parajó
30/10/20 | Marco profesional da xestión cultural (V). Ámbito sociocultural. Participación e cidadanía. Con Alberto García
06/11/20 | Marco profesional da xestión cultural (VI). Economía da cultura. Con Pau Rausell
13/11/20 | A práctica profesional (III). Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó
20/11/20 | O proxecto cultural (III). Da idea ao anteproxecto. Con Diego V. Meizoso
(xoves) 26/11/20 | Marco profesional da xestión cultural (VII). Turismo cultural e desenvolvemento territorial. (Sesión en liña). Con Carlos Martins | Marco profesional da xestión cultural (VIII). Cultura dixital. Con María Yáñez
27/11/20 | Marco profesional da xestión cultural (IX). Retos do sector cultural e creativo na era da economía das plataformas. Con Xulio Vázquez | O proxecto cultural (IV). Traballo en equipo titorizado (Obradoiro en liña)
04/12/20 | Marco profesional da xestión cultural (X). Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer
11/12/20 | Marketing e comunicación cultural (I). Marketing cultural e xestión de públicos. Con Beatriz Fontán
(xoves) 17/12/20 | O proxecto cultural (V). Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero
18/12/20 | A práctica profesional (IV). Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado (porta pechada) | Marco profesional da xestión cultural (XI). Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago, Ángeles Miguélez e Marcos Lorenzo
15/01/21 | O proxecto cultural (VI). Deseño operativo dos proxectos culturais. Con Sergio Lago, Diego V. Meizoso e Diego Parajó
22/01/21 | Mediación e programación cultural (I). Artes Escénicas e Música. Con Paulo Rodríguez e Belén Bermejo
(xoves) 28/01/21 | Mediación e programación cultural (IV). Audiovisual e Letras. Con Pela del Álamo e Soledad Felloza
29/01/21 | Día non lectivo (celebración de santo Tomás de Aquino)
(xoves) 04/02/21 | Mediación e programación cultural (II). Xaquín López (Auditorio de Galicia) | Mediación e programación cultural (III). Conversa aberta: “A práctica artística e creativa” con Caterina Varela, Jaione Camborda e Clara R. Cordeiro.
05/02/21 | Mediación e programación cultural (V). Laboratorios e cultura comunitaria. Con Fran Quiroga
12/02/21 | Produción Cultural (II). Festivais e eventos. Con Ángel Piñeiro
19/02/21 | Produción cultural (I). Eido expositivo. Con Bea García
(xoves) 25/02/21 | Mediación e programación cultural (VI). Estratexias no sector privado. Visita a entidades
26/02/21 | O proxecto cultural (VII). Xestión económica. Valoración dos recursos e deseño de orzamento. Con Miguel Martín
04/03/21 | A práctica Profesional (V). Dereito aplicado á xestión cultural. Con Ania González
05/03/21 | O proxecto cultural (VIII). Deseño integral
12/03/21 | Financiamento cultural (I). Estratexia de financiamento dun proxecto cultural | Financiamento cultural (II). Dossier de Patrocinio. Con Beatriz Fontán
(xoves) 25/03/21 | Financiamento cultural (III). Fundacións e mecenado. Con Carlos Almela (Fundación Carasso) | Traballo en equipo titorizado (obradoiro en liña)
26/03/21 | Financiamento cultural (IV). Ecosistema creativo, buscando conexións improbables. Con Roberto Gómez de la Iglesia
(xoves) 08/04/21 | Financiamento cultural (VII). Cooperación e financiamento cultural internacional. Con Pedro Jiménez (Zemos98)
09/04/21 | Financiamento cultural (III). Traballar desde/con/para unha entidade pública. Con Carme Casado.
16/04/21 | Financiamento cultural (VI). Desenvolvemento de negocio no sector cultural e creativo. Con César Abella (Trivium).
23/04/21 | Financiamento cultural (VIII). Presentación e contraste dos proxectos do alumnado con financiadores e patrocinadores da cultura. Con Carme Casado e Rosa Pumar (Imaxe)
(xoves) 29/04/19 | Marketing e comunicación cultural (I). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. Conversa 1 con Andrea Villa (NóComún), Rocío Castro e Lucía Pita (The Office). Moderada por Ruth Sousa | Conversa 2 con Tamara Montero (La Voz de Galicia), Marta Gómez (Zig-Zag, TVG) e Irene Pin. Moderada por Sonia Díaz.
30/04/21 | Marketing e comunicación cultural (II). Plan de comunicación cultural. Con Sonia Díaz
07/05/21 | Marketing e comunicación cultural (III). Estratexias de mediación dixital. Con Ruth Sousa
(xoves) 20/05/21 | Marketing e comunicación cultural (IV). Plan de comunicación cultural. Con Sonia Díaz
21/05/21 | O proxecto cultural (IX) Presentación e contraste na aula dos proxectos finais do alumnado
Emprazamento
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – USC
Avda. Burgo das Nacións, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Horario
As aulas presenciais celebraranse todos os venres lectivos e un xoves de cada mes, de 16:30 a 20:30 horas.
Idiomas
Galego e castelán, puntualmente poderán manexarse recursos en inglés e portugués.
Modalidade
Semipresencial:
- (55%): Clases e traballo en grupo na aula.
- (45%): Desenvolvemento en equipo de proxectos, con apoio telemático dos titores.
Avaliación
Realizarase a través da formulación por parte do alumnado dun proxecto de xestión cultural. Os proxectos desenvolveranse seguindo a secuencia temática das aulas, contando ademáis co asesoramento dos titores do Curso e co apoio de docentes e profesionais que nos visiten na aula. As sesións de avaliación inscribiranse no marco de presentacións ante profesionais en activo.