Ata aquí chegou a sexta edición do CEUXC: vémonos no curso 2022-23!
A sexta edición do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural chegou ao seu fin. Faino despois de meses intensos de aprendizaxe práctico arredor do deseño dun proxecto cultural e dun verán que unha parte do noso alumnado adicou a desenvolver prácticas en entidades do sector.
Para isto, tivemos o pracer de colaborar de novo co Concello de Allariz, Culturactiva, Sinsalaudio, a Rede Museística Provincial de Lugo, Xeneme ou a fundación Cidade da Cultura. Pero tamén de incorporar á rede de colaboradores que tecemos dende 2014 a varias empresas culturais, como Xeitura, PlayPlan, Ainé, Cunde e Fonosaurios. Tamén ao Museo do Pobo Galego, produtoras cinematográficas como Matriuska ou Abano e os festivais de cinema Curtocircuíto 2021 e S8.
Lembraremos este 2020-21 como o curso no que tivemos que afrontar o reto de combinar presencial e o virtual dun xeito dinámico e participativo. Tamén como a primeira vez que tivemos que coñecer a tanta xente sen verlle as caras! E, como moita outra xente noutros ámbitos, no que tivemos que adaptarnos constantemente a unha situación cambiante.
E se todo funcionou é porque, do doutro lado das pantallas e das distancias de seguridade, estaban todas esas persoas que podes ver na imaxe que acompaña a este post: un estupendo grupo de novos xestores e xestoras culturais cos que deu gusto #aprenderfacendo e #aprendercompartindo. 😊
E agora que?
O CEU en Xestión Cultural ten dende hai uns anos carácter bienal. Por iso, a seguinte edición (a sétima xa!) será no 2022-23. De aquí a entón podes seguir pendente de nós nas nosas redes, pero tamén podes subscribirte ao noso boletín, para ter información de primeira man da vindeira convocatoria. Aquí tes o enlace!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!