QUERES ESTAR AO TANTO DE VINDEIRAS EDICIÓNS?
O Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural, titulación propia da USC incluída na súa oferta de Posgrao e Formación Continua ten carácter bienal, polo que a seguinte edición celebrarase no curso académico 2024-25.
Para recibir información sobre o Curso ou sobre vindeiras edicións, podes cubrir o pequeno formulario que atoparás a continuación. Recibirás información preferente da apertura do proceso de preinscrición en próximas convocatorias.
Contacto
Para calquera consulta podes escribirnos a usc@xestioncultural.com
Información da edición 2022-23
Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural
(7ª Edición | Universidade de Santiago de Compostela)
Número de créditos: 30 (300 horas) | Duración cursos: 1
Data inicio: 07/10/2022 | Data oficial de finalización: 30/09/2023
Horario: As aulas presenciais celebraranse todos os venres lectivos e un xoves de cada mes, de 16:30 a 20:30 horas.
Información institucional USC sobre docencia presencial segura: Covid-19
Prazo aberto para envío de información previa á asignación de prazas: dende xuño de 2022 na web do Curso.
Fin Preinscrición: 31/08/2022 (ampliado ata 14/09/2022)
Inicio Matrícula: 15/09/2022 | Fin Matrícula: 29/09/2022
En caso de existir prazas dispoñibles pode realizarse a matrícula directa, sen preinscrición.
Existe un mínimo de alumnado para a realización do curso | Máximo alumnos: 30
Requisitos de acceso: Non se precisa titulación universitaria para o acceso ao curso, podendo acreditarse de xeito alternativo unha traxectoria profesional ou como activista no sector cultural e creativo.
Sistema de selección: Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.
Prezo curso completo: 1.750,00 €, coa posibilidade de pago fraccionado sen xuros nin trámites adicionais:
# 1º prazo de 950,00 € coa matrícula.
# 2º prazo de 800,00 € do 20/11/2022 ao 30/11/2022
Non hai previstas bolsas nin descontos nesta 7ª edición.
Se actualmente es traballador/a por conta allea podes beneficiarte de posibles bonificacións á formación por parte da Seguridade Social e da FUNDAE. Isto inclúe tamén a posibilidade de valorar coa túa empresa un “Permiso Individual de Formación”.
Idiomas do curso: galego, castelán e ocasionalmente portugués. Puntualmente poderán manexarse recursos en inglés.
Modalidade: Semipresencial
(48%): Clases e traballo en grupo na aula.
(52%): Desenvolvemento en equipo de proxectos, con apoio telemático do equipo de titorización e uso de ferramentas colaborativas da contorna profesional.
Titorías: As titorías fixaranse persoalmente entre equipo de titorización e alumnado.
Procedemento de Avaliación: Realizarase a través da formulación por parte do alumnado dun proxecto de xestión cultural. Os proxectos desenvolveranse seguindo a secuencia temática das aulas, contando ademais co asesoramento do equipo de titorización do Curso e co apoio de docentes e profesionais que nos visiten na aula. As sesións de avaliación inscribiranse no marco de presentacións ante profesionais en activo.
Prácticas: Optativas, en institucións e empresas culturais de referencia a realizar durante un tempo mínimo de 120 horas e máximo de 350 horas. As prácticas poderán desenvolverse ata o 30/09/2023.
Para saber máis da normativa e procedemento xeral de matriculación na USC: admisións e matrículas
Ficha do Curso dispoñible na web da USC: Curso de Formación Continua 2022-2023
Solicitude de títulos: As persoas matriculadas que superen a avaliación poderán en calquera momento solicitar a expedición do título e certificación das prácticas. As solicitudes deberán presentarse directamente á Sección de Terceiro Ciclo do Servizo de Xestión Académica da USC: http://www.usc.es/sxa/
Sede e enderezo do curso: Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela