Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural na Universidade de Santiago de Compostela (2017-18)

Emprendemento cultural e creativo. Con Raúl Oliván

 

Por Sofía Arangüena

 

A sesión de hoxe comezou pola intervención de Rosa Sánchez Santos, voceira de Uninova que veu falarnos do programa Erasmus para xoves emprendedores, un programa de intercambio financiado pola Unión Europea que busca que as persoas asistentes adquiran as capacidades necesarias para desenvolver o seu negocio persoal de volta no seu país de orixe. Neste caso España e, máis concretamente, Galicia. Non existe requisito de idade, simplemente non ter experiencia no eido empresarial de máis de tres anos.

A forma de conseguir unha praza no programa realízase a través do match entre ti, a túa idea ou necesidade e a empresa dalgún país da Unión Europea que teña interese e tempo para acollerte. É dicir, é un traballo de procura persoal. Este ano, o programa sae de Europa, tendo a posibilidade de buscar unha empresa de acollida en Singapur, Israel ou Estados Unidos (concretamente no Estado de New York ou no de Pensilvania). Para ampliar información pódese consultar a súa web.

 

 

O groso da sesión veu das mans de Raúl Oliván, director xeral de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Voluntariado do Goberno de Aragón e antigo director de Zaragoza Activa.

Raúl centrou a maior parte da súa ponencia no Zaragoza Activa, pero poñendo en valor todas as ferramentas utilizadas nese ecosistema para levalas ao eido das administración públicas relacionadas coa cultura e a participación cidadá. Zaragoza Activa (antiga azucarera do Rabal) é actualmente un epicentro do emprendemento e innovación social baseado na práctica e a lóxica colaborativa que viu a luz hai 10 anos nunha zona deprimida desta gran urbe española.

Os servizos que ofrece son:

  • Viveiro empresarial
  • Sementeiro de ideas
  • La colaboradora (espacio de co-work)
  • Remolacha Hacklab (aula do futuro baseado no aprendizaxe práctico e colaborativo)
  • Explorer (concurso para xoves emprendedores)
  • Made in Zaragoza (rede de emprendedores creativos)
  • Zona emprego
  • Biblioteca BJCubit
  • Serpe Vermella (zona de ordenadores gratuítos)

Tras facer 3000 actividades, conseguir un tránsito humano de case medio millón de persoas, impulsar a creación de case 500 empresas e cambiar o paradigma de ser un espazo de ensino vertical a un espazo horizontal de aprendizaxe en común. Estas son as claves que nos deu para ilustrarnos:

 

Do usuario ao cidadán suxeito político soberano. O argumento parexo a esta idea é a importancia de ir máis aló dun espacio co-work. Pasar a unha comunidade colaborativa onde se aprende en común e existe unha co-formación, potenciando as habilidades que cada un poida aportar. En Zaragoza Activa, para materializar esta idea, creouse o “Banco do tempo”

Da ventanilla ás redes. Aquí o que nos quería explicar Raúl é a importancia das redes sociais online e da presencia en internet. Pero tamén de ir máis aló das redes sociais convencionais e pasar a formar comunidades online propias. O exemplo é a rede ZAG, usada para os membros de Zaragoza Activa coa que os integrantes senten que o proxecto é máis propio

Accesibilidade da cidadanía. A intención deste epígrafe foi falarnos de instrumentos innovadores e fáciles de entender, que axuden á cidadanía a utilizar espazos pouco coñecidos e transitados da cidade. O exemplo que poñía, dentro do Zaragoza Activa, foi a ferramenta creada a través da colaboración activa dos seus membros chamada “Mapping party” ou o mapa das economías feministas dentro da cidade.

2018 03 21 raul olivan 24Dos funcionarios aos mediadores. Aquí falábanos da importancia das figuras dos mediadores: persoas que facilitan a outros  ser parte do proceso creativo e produtivo e non simples consumidores. (Argumentando a importancia do ben coñecido concepto no eido cultural de  prosumidor)

Das masas ás multitudes. Aquí Raúl quixo explicar a importancia de dar voz e visibilidade a propostas de persoas que están máis á sombra, ou que fan cousas máis pequenas, ou máis locais, pero de igual importancia e enriquecemento. O exemplo que utilizou foi os “Atlas veciñais” de propostas e actividades feitas por eles.

Do regulamento ao experimento. Se necesitan novas iniciativas e fórmulas que fuxan do xa regulamentado, da burocracia ineficaz. Propostas como a Remolacha Hacklab por exemplo; un aula do futuro ou a OSCE; as economías colaborativas en código aberto para crear un tecido de coñecemento común e sostible

Dos usuarios ás comunidades. O argumento detrás deste enunciado é a importancia de crear unha filosofía palpable onde os membros e usuarios sintan que o espazo e a idea tamén é súa. Un espazo horizontal onde todo o mundo teña dereito de voz e voto.

Da burocracia ás experiencias. Na sociedade post-moderna na que nos movemos, precisamos  espazos e proxectos acordes a ela. De aí a importancia da filosofía, que quixo resaltar Raul, de ética para a estética, co fin de construír espazos e facer proxectos onde prime a experiencia en todo momento.

Da suspicacia á confianza. A idea a recalcar aquí sería que é importante reforzar as relacións de confianza entre os membros que participen no espazo, proxecto, idea…. En Zaragoza Activa os provedores doutras iniciativas ou ideas de negocio eran persoas e grupos pertencentes ao propio ecosistema. É dicir, é importante crear a confianza, pero tamén unha rede de apoio.

Do Estado pasivo ao Estado emprendedor . Finalmente, a última idea que quixo resaltar, e na que fixo moito énfase (estado polo que pasaron eles mesmos no 2013 dentro de Zaragoza Activa), é a idea de empoderar ás persoas para que fagan cousas e que con iso se cree unha rede de economía creativa entre os participantes dun proxecto, de calquera proxecto en definitiva.

 

Tedes máis información sobre esta inspiracional proposta na súa web, á que podedes acceder desde aquí.

Traballar con/desde/para unha entidade pública. Con Xavier Campos

Por María Vázquez

Na sesión de hoxe tivemos con nForto twitter Xavier Camposós a Xavier Campos, quen agora mesmo desempeña o seu traballo como asesor cultural na Deputación Provincial da Coruña, aínda que, tal e como confesa, Xavier ten unha visión híbrida de como se sinte: por unha banda é xestor cultural, por outra ten unha responsabilidade política e, por outra, séntese un activista cultural, xa que leva facendo dinamismo cultural desde os 16 anos. Aínda que onde se sente mais cómodo é no diálogo.

Xavier presenta para esta sesión dous enfoques: na primeira parte trata as cuestións que teñen que ver co desenvolvemento de políticas culturais desde a administración pública, baseándose na súa experiencia, e na segunda parte céntrase no traballo concreto nas administracións locais, os distintos proxectos que se poden desenvolver.

 

 

Basea a súa intervención entorno a cinco puntos:

  • Pequeno percorrido pola historia das políticas culturais galegas.
  • Como se traballa nas administracións públicas sobre todo nos concellos, desde a súa experiencia.
  • Como debemos traballar desde a administración  pública, sobre todo nos concellos, nas políticas culturais.
  • Análise de  proxectos específicos.
  • Recomendacións para relacionarse coa administración pública a hora de buscar financiamento calquera que sexa a forma xurídica, asociación, empresa, cooperativa, ou persoa física.

 

 

Percorrido pola historia das políticas culturais

 

Xavier fai este percorrido tendo en conta  cinco momentos que se caracterizan polo seguinte:

Momento activista. Ten que ver co tecido asociativo que emerxe nos anos 60-70 vinculados a tres eixos: cultura, lingua e democracia. No contexto de falta de liberdade de finais da época do franquismo, en Galicia, empezan a xurdir unha serie de asociacións, como Asociación Cultural de Vigo, Sementeira en Viveiro, o Facho na Coruña, o Galo en Santiago e moitas outras que, naquel momento, foron as que dinamizaron e crearon un tecido cultural moi de base asociado a cuestións moi transversais, como por exemplo á defensa do idioma, que naquel momento estaba prohibido nas manifestacións públicas, e na defensa e dignificacións da cultura galega e tamén unha forma legal encuberta, na forma de facer política cando non se podía facer política. Nesa época nacen situacións que aínda a día de hoxe son moi relevantes, como por exemplo a normalización do teatro galego, coa Mostra Abrente de Ribadavia ou as primeiras Feiras do Libro Galego. É dicir, xorde todo un dinamismo que aínda está por estudar.

Aproveita Xavier ao fío desta falta de estudos a nivel galego deste momento tan importante do dinamismo cultural, para anunciar que a Deputación da Coruña vai sacar unha convocatoria de dúas bolsas de 6000€ para proxectos de investigación en políticas culturais.

 

Momento Land Rover. Coa chegada da democracia a nivel autonómico xurde a necesidade de desenvolver unha institucionalización cultural. Dado que non existen ferramentas para levar a cabo unha política cultural a nivel autonómico hai que crealas, e póñense en marcha institucións como é o IGAEM, o Centro Dramático Galego, O Consello da Cultura Galega. É un momento frutífero, no ano 84-85, no que foi director xeral de Cultura Luís Álvarez Pousa e no que hai un primeiro esforzo de desenvolver un proxecto de política cultural con visión social, pero que non callou debido ao pouco tempo que durou esa aposta.

Nos concellos desenvólvense as áreas municipais de cultura: un momento clave, pois de como se foron desenvolvendo as contratacións axuda a explicar como está o panorama aínda hoxe en día. O perfil de traballador cultural non estaba definido, non existía formación específica nin saberes regulados ou recoñecemento  profesional. A provisión desas prazas fíxose do máis variopinta, con persoas que viñan do activismo cultural ou con formación en Humanidades. Así xorde nos anos 80 o Colectivo  Land Rover, como o primeiro colectivo de persoas que traballan no eido da cultura e que se ven na obriga de facer de todo, pois estaba todo por facer. Había moita inexperiencia e sobre todo falta de referentes.

 

Momento Xacobeo. Durante os 16 anos do goberno de Fraga, non existe modelo de xestión cultural. Confusión consciente, entre espectáculo, política cultural, turismo, macroespectáculos, no referente a contidos. Hai un asentamento moi pernicioso na forma de relacionarse os sectores culturais coa propia Administración, que pasa por definir políticas para cada un dos sectores e propiciar que cada un a nivel particular vaia a administración a presentar o seu proxecto ou a negociar os seus intereses particulares. Isto a nivel social é algo que se parece ao clientelismo, e non contribúe a xerar unha cultura social que sexa positiva e que nos permita falar dunha política cultural como tal, cuns obxectivos e  cunha metodoloxía de traballo definidos.

Segundo Xavier este modelo non cumpría nin sequera con ningún dos paradigmas da democratización cultural, xa que non se garantía unha oferta cultural de calidade, nin se xerou creación de públicos, nin axudou a fortalecer o propio tecido tanto social como económico da cultura no país. Esta época remata coa creación dunha enorme infraestrutura, descontextualizada das necesidades do propio país: A Cidade da Cultura.

 

Cambio político, 2005: o goberno Bipartito. Este momento caracterízase por un intento de ordenación de todo o panorama cultural galego e a creación dun contexto propicio2018 03 14 Xavier Campos 1 para empezar a traballar doutra forma. Por un lado deseñáronse políticas sectoriais e por outro creáronse o primeiro Plan Galego das Artes Escénicas e o Plan Galego do Libro e da Lectura, así como a Axencia do Audiovisual Galego e o Centro Coreográfico Galego, que substitúe ao ballet galego Rei de Viana. Ademais, fíxose unha adaptación máis ambiciosa coas grandes área da Xunta. Desaparece o IGAEM e substitúese polo AGADIC, coa idea de que houbese catro grandes bloques: un bloque centrado no sector privado, que sería AGADIC; un bloque centrado na cultura de base, o asociacionismo e a cooperación cos concellos, que sería a Dirección Xeral de Cooperación Cultural; un bloque centrado no apoio á creación a aos creadores, que era o destino que se lle quería dar a Cidade da Cultura a nivel galego e a nivel internacional, e o ámbito do Patrimonio.

Para poder definir estas políticas sectoriais, necesitamos interlocutores, o que xera dunha maneira natural nuns casos e noutros inducidas, unha vertebración nos diferentes sectores da cultura galega. Non é casual que neses anos nazan asociacións como Escena Galega, AGEM e a AGPXC. Cámbiase o enfoque de programar para e pásase a programar con.

 

Momento Actual. Co cambio de goberno que se produce no 2009, parello á chegada da crise económica que nos obriga a traballar doutra maneira. A Administración pública é o único cliente, ou o maioritario do ámbito cultural, polo que, si se reduce o orzamento, a repercusión que ten a nivel cultural é determinante. Isto leva a poñer en marcha proxectos que se caracterizan por apostar cun vínculo moi claro entre a cultura e o ámbito social, proxectos máis sostibles desde o punto de vista económico e que a forma de traballar coa sociedade cambia. O contexto de traballo pasa a ser a precariedade e a falta de capacidade para obter financiamento público. Propíciase a posta en marcha de cooperativas ou de iniciativas particulares.

 

 

Traballar coas administracións públicas 

En canto ao segundo punto, como traballar COAS administracións públicas, en base á súa experiencia pon enriba da mesa dúas cuestións positivas: por un lado, unha oportunidade de desenvolver políticas culturais, pero, por outro, unha responsabilidade, pola repercusión que podan ter na poboación as liñas de traballo que se marquen.

Xavier menciona cinco cuestións negativas ou eivas estruturais que teñen as administracións públicas á hora de deseñar políticas culturais:

  • Ausencia de proxectos. Cal é o marco de traballo no que nos queremos desenvolver, que queremos conseguir. Hai unha tendencia, aínda que cada vez menos, a entender a xestión cultural coma unha sucesión de actividades illadas, pero sen horizonte que lle dea coherencia e sentido común.
  • Febleza estrutural, falta de organigramas de persoal cualificado para desenvolver as políticas culturais. O que dificulta moito o traballo. Isto é un problema xeral en todas as administracións, tanto deputacións, Xunta de Galicia, como na maioría dos concellos.
  • Inadecuación lexislativa, pelexa constante cos servizos de intervención e secretaría. O ámbito da cultura ten unhas características e lóxicas diferentes que non teñen outros ámbitos. Como por exemplo a propiedade intelectual. Non fomos capaces en todos estes anos de desenvolver un marco legal adaptado ao ámbito cultural.
  • Desvertebración de axentes, minifundismos. Propiciouse a creación de políticas individualistas, de que cada quen pida para si: isto impide desenvolver políticas que beneficien ao conxunto.
  • Carencia dunha visión global no campo da cultura. As administracións son incapaces de xerar un clima no que cada unha desde o seu ámbito contribúa a mellorar o conxunto. A nivel institucional é imprescindible ordenar as competencias e crear un Pacto Galego pola Cultura.

 

 

Traballar desde a Administración pública

 

Segundo Xavier debemos facernos tres preguntas: onde, é dicir, desde que administración pública imos traballar; para que  obxectivos, que é o que pretendemos perseguir, e como, que metodoloxía imos empregar.

 

Para responder a primeira cuestión, onde, temos que ter en conta, en primeiro lugar, a análise e coñecemento do contexto no que estamos a facer. Elementos que nos singularizan e que permiten traballar contidos a nivel educativo, social, económico dunha forma específica. Partir da idiosincrasia do lugar onde se traballa, do que nos diferencia do resto e iso entendelo coma un valor a través do cal construír. Pon como exemplo a iniciativa O Ribadeo indiano, que puxo en marcha o concello de Ribadeo.

Outra cuestión a ter en conta son as funcións e as competencias, non e o mesmo traballar a nivel local, provincial ou autonómica. A Xunta de Galicia ten competencias en todas as dimensións da acción cultural, tanto a nivel económico que ten que ver mais cos sectores privados das industrias culturais, a dimensión social de cultura cidadanía, as persoas como protagonistas dos procesos culturais, a nivel patrimonial e a dimensión creativa que ten que ver cos procesos de creación artística, apoio a investigación e aos creadores. Ademais de ter competencias tamén ten a responsabilidade de definir o marco das políticas culturais en Galicia. A Deputación ten unha función sobre todo de apoio ás actividades que fan os concellos. Os concellos, por lei, só teñen obrigas aqueles de máis de cinco mil habitantes de contar cunha biblioteca pública, sen embargo foron desenvolvendo toda unha serie de competencias amplísimas en todas as dimensións da cultura. Pódese deducir que non hai unha definición clara das competencias de cada administración, o que supón a duplicidade dalgúns aspectos e que queden outros sen cubrir.

 

 

Xavier 3

 

Para qué traballamos, é dicir, que tipo de sociedade queremos construír a partir do que facemos. Xavier parte por unha banda do enfoque, para iso cita a Toni Puig, as ideas preceden á acción: antes de poñernos a facer algo temos que saber cal é o punto de partida e que obxectivos queremos conseguir. En función da sociedade na que vivimos, teremos que definir a acción cultural. Entende que a sociedade actual tende a deshumanizarse, a romper os vínculos sociais e a meternos en dinámicas máis individualistas, que cada vez estamos mais inmersos nunha sociedade do medo, da precariedade, que nos converte en obxectos de consumo.

Partindo desa análise da realidade, e si se quere cambiar, é necesario traballar dunha forma que axude a restaurar o vínculo social, dándolle importancia ao desenvolvemento das capacidades e talentos das persoas. Apostar por proxectos vinculados ao desenvolvemento persoal, mellora da autoestima, creación de vertebración social,… é dicir, a conseguir obxectivos vinculados ao ámbito social, entendendo a cultura como ferramenta para o progreso e benestar social, e que debera ser a predominante desde o ámbito público. Sen esquecer a dimensión económica da cultura que tamén hai que apoiala, pois xera riqueza, crea emprego.

En base a todo isto enumera os seguintes obxectivos dunha política cultural pública.

  • Crear contextos para avanzar en democracia cultural, os focos teñen que ser as persoas e non os artista.
  • Crear unha sociedade mellor. Identidade e cohesión social, do que somos, do noso patrimonio.
  • Contribuír ao progreso e ao benestar social.
  • Apoio ao talento, a creatividade e a produción cultural. A política cultural ten que apostar polo talento e pola creación.

 

En canto ao como facemos para levar todo isto adiante, na escolla das iniciativas é fundamental a coherencia coas liñas de traballo que se están a desenvolver como Administración. No deseño e no desenvolvemento, hai que ser relacionais, traballar con outra xente por cuestións máis democráticas e porque os resultados van ser mellores.

 

Por último a tramitación interna, traballar en cultura desde unha administración, supón seguir un procedemento. Para desenvolver un proxecto  determinado, primeiro temos que definilo, logo facer unha autorización de gasto (RC), é dicir reservar o diñeiro que necesitamos para desenvolver ese proxecto, hai que facer un informe técnico, onde se explica a natureza do proxecto. Ese informe vai acompañado dunha dilixencia de inicio da tramitación asinado pol@ responsable polític@ que vai aos servizos de secretaría e intervención para fiscalizar e dar o visto bo. E moi importante ter en conta os tempos deste proceso de tramitación á hora de planificar un proxecto.

 

Como se apoian e desenvolven proxectos desde a Administración

 

Existen varios tipos de fórmulas:

  • Vía contratación, no caso de que, por exemplo, unha entidade presente á Administración un proxecto que sexa de interese e vaia na súa liña de traballo. Se o orzamento é inferior aos 15.000€ considérase un contrato menor e pódese facer unha contratación directamente. Se supera os 15.000€ o modelo sería o procedemento aberto, no que se garante o principio de transparencia e o tratamento igualitario e non discriminatorio para todas as empresas candidatas.  (lei 9 2017. contratos)

Xavier 1

  • Vía subvencións. Por unha banda as de concorrencia competitiva: neste caso débese de garantir os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Para iso, é necesario definir exhaustivamente o obxecto e os criterios obxectivos de valoración en cada liña de subvencións. E, por outra, os convenios nominativos: neste caso formalizarase un convenio de colaboración entre a Administración e a entidade colaboradora no que se regulan as condicións e obrigas de ambas. Cada vez se está a eliminar en maior medida o modelo nominativo e a apostar polas subvencións de concorrencia competitiva.  (Lei de subvencións de Galicia)

 

Xavier defende os convenios nominativos si se fan desde as boas prácticas, sobre todo a nivel local pensa que son unha ferramenta moi útil para dar estabilidade ao tecido social e cultural, e que este tipo de convenios permite negociar os obxectivos e as condicións nas que se levará a cabo para que ambas partes obteñan un beneficio.

 

 

Posta en práctica do aprendido

xavier-campos_coruna-galDespois dun merecido descanso, de aproximadamente media hora, Xavier retoma a sesión cun enfoque mais práctico, primeiro pide que por grupos lle comentemos brevemente cada un dos proxectos nos que estamos traballando para analizar desde a súa experiencia e coñecemento as vías de financiamento. Debido a falta de tempo só se expuxeron tres proxectos:

 

 

Mapa emocional de Arteixo. Baixo a forma xurídica de Fundación (Fundación Art Eixo), o obxecto  é a construción compartida da identidade cultural do Concello de Arteixo. O proxecto é de ámbito local e a principal fonte de financiamento que propoñen é establecer vínculos de colaboración co Concello de Arteixo como principal beneficiario, e solicitude de subvencións á Deputación da Coruña. Xavier apunta neste caso con carácter xeral é evidente que ao ser un proxecto de ámbito local no que o principal beneficiario é o concello de Arteixo, tamén sexa este a principal fonte de financiamento e en canto ás axudas da Deputación, é moi importante ter clara a liña de subvención á que van concorrer e que gastos son subvencionables e cales non.

 

Os Sons das pedras. Baixo a forma xurídica dunha SL. (Espacio Especial), o obxecto é o desenvolvemento dun festival sobre o mundo da cantería. A única vía de financiamento externo é o Concello de Cuntis, non só a nivel económico senón tamén medios cos que conta, espazos, etc. Xavier apunta que o proxecto a nivel de contidos ten todo o sentido e  a cantidade económica solicitada ao concello é viable, pois entra dentro da fórmula de contrato menor.

 

Arte Brava. Baixo a forma xurídica de asociación (Asociación Arte Brava), o obxecto é desenvolver un proceso participativo da mocidade da Illa de Arousa para o deseño e execución da programación cultural. A principal vía de financiamento é o Concello da Illa, con apoios da Deputación de Pontevedra e logo varios patrocinadores de ámbito privado. Xavier apunta que a nivel de contidos é fantástico, pero a súa viabilidade depende unicamente da decisión do Concello.  Non hai outra posibilidade de levalo adiante se o concello non o interioriza como seu. Este sería un proxecto segundo a súa opinión que se podería subvencionar mediante convenio nominativo. Fai referencia a un proxecto deste tipo que se levou a cabo en Ribadeo que foi  Sonda Norte.

 

 

Á hora de solicitar financiamento a unha Administración pública debemos ter en conta o seguinte:

 

  • Saber quen somos, é dicir, baixo que forma xurídica Xavier 2definir quen é empresa, cooperativa, asociación.
  • Coñecemento de con quen nos imos reunir, se con responsables técnicos ou políticos. Coñecemento previo da administración á que nos diriximos.
  • Na presentación que se entenda cal é o obxecto da reunión. Que é a formulación. Poñer sempre o orzamento, a poder ser desagregado por partidas.
  • Soporte. É importante o formato no que se divulgan os proxectos, que sexan innovadores, diferentes, para axudar a valoralos positivamente.
  • Os tempos. Temos que intentar transmitir o que queremos dicir con certa brevidade.
  • Actitude. Non ser paternalista nin condescendente.
  • Tipos de proxectos. Buscándolle o encaixe coa liña de traballo que desenvolva a administración ao que lla presentamos. Desde a opinión de Xavier Campos, o tipo de proxectos mais interesantes para os concellos son aqueles que intentan crear vínculos coa comunidade local, poñer en valor o talento, crear comunidade, que teñen un sentido social a parte de cultural e artístico. Como por exemplo Eu son Mazaricos, FestiletrasDerrubando Muros con Pintura, Desordes Creativas, As Meninas de Canido, Fálame de San Sadurniño ou Suma Ágora.

 

Finalmente fai oito  recomendacións para desenvolver políticas culturais a nivel local:

  • Que se note de onde somos
  • Apoio absoluto á creatividade local, sexan profesionais ou afeccionados
  • Procura de colaboracións estables co tecido cultural.
  • Proxectos que aposten pola creación de vínculos sociais, de veciñanza, de integración social.
  • Educación como prioridade das políticas culturais. Apostar por proxectos de formación, e non unicamente de exhibición e distribución. Traballar cos centros de ensino. Cultura e educación teñen que ir xuntas nas políticas locais.
  • Propostas híbridas, nas que se impliquen distintas áreas do propio Concello e tamén entidades privadas.
  • Coidar a comunicación. Crear marca.
  • Non impoñer: orientar. Lexitimidade en marcar liñas pero con diálogo social.

 

Patrocinio e mecenado cultural. Con Sonia Díaz

Por Consuelo Lodeiro

A sesión de hoxe correu a cargo de Sonia Díaz, que nos deu as pautas de financiamento dun proxecto cultural a través dos patrocinios; porque en calquera proxecto cultural é moi importante o orzamento, ver se é viable e con que recursos contamos para levalo a cabo. Para iso empezou a clase dicindo cales eran os obxectivos fundamentais da sesión:

  • Financiamento dun proxecto cultural a través do patrocinio empresarial e institucional.
  • Claves para manter unha relación proveitosa e duradeira con institucións, con entidades privadas e cos departamentos de marketing de marcas comerciais.
  • Modelos posibles de dossier de patrocinio.

Vistos os obxectivos da aula de hoxe, pasou a explicarnos unha serie de definicións que son básicas para entender o que é un patrocinio e ver a diferencia entre varios conceptos.

 

Patrocinio

É un termo italiano, que na súa orixe tiña un fin concreto que era financiar aos artistas para que existira unha determinada arte, colaborábase desinteresadamente e non había un retorno para a empresa; actualmente co patrocinio hai un retorno para a empresa, ese retorno pode ser de distintos tipos. Ante todo, o patrocinio é unha relación de comunicación. Os patrocinios tamén poden ser públicos, aínda que nos centramos máis nos privados

Unha empresa pode ser:

  • O patrocinador principal dun evento (canto máis aporten maior ten que ser o retorno para a empresa, van querer maior visibilidade, poden esixir que o seu logo sexa o primeiro)
  • Facer colaboracións: hai entidades que colaboran en moitos proxectos aínda que a achega que se faga sexa mínima.

As principais motivacións do patrocinio cultural son:

  • RSE (as empresas establecen o seu plan e establecen alianzas), reputación, posicionamento de marca, captación de talento, beneficios fiscais, abrir novos mercados co público obxectivo, etc,…
  • Calquera proposta de patrocinio cultural constrúese entre as dúas partes a partires da análise de valores, públicos, visibilidade, cuantificación do retorno (ROI) e estratexias compartidas.

Para que unha empresa nos patrocine temos que coñecer e mostrar cal é o valor diferencial do noso proxecto.

 

Mecenado2018 03 07 Sonia Díaz 2

Son axudas a un determinado proxecto cultural sin que supoña un retorno para a empresa, que  conta con algúns beneficios fiscais aínda que se consideran insuficientes. España non conta aínda cunha Lei de Mecenado adecuada que regule este tipo de relación.

 

Filantropía

É a versión contemporánea do mecenado: grandes empresas que conseguen o máximo a nivel empresarial e queren facer un ben á sociedade de maneira desinteresada, colaborando en distintos proxectos.

 

 

Dossier de patrocinio

Cada dossier de patrocinio debe adaptarse a cada proxecto en concreto e facerse en función da empresa patrocinadora á que nos diriximos, aínda que hai unhas pautas e modelos a seguir. Nun dossier de patrocinio hai varias partes:

Estrutura: Debe responder as preguntas que é, a quen nos diriximos, quen somos, canto pedimos,… E para responder a esas preguntas temos que:

  • Ter ben definido o proxecto, os seus valores e públicos
  • Ter claro o orzamento
  • Ter claras as posibilidades de visibilidade que ofrecemos
  • Coñecer as entidades financiadoras, traxectoria, valores, plan de marketing,…

Podemos variar esa estrutura, hai que ser flexibles e ver en que poñemos énfase dependendo de cada proxecto.

Carta: A carta de presentación debe adaptarse a cada entidade, pero algunhas claves de éxito poden ser dirixirse a unha persoa en concreto e relacionar correctamente no primeiro parágrafo o noso proxecto, os valores da entidade financiadora.

Xuntanza: Antes da xuntanza hai que preparar ben a exposición e a mensaxe, coñecer moi ben a entidade e a persoa coa que falas e saber o que queres dicir. Durante a xuntanza, ter boa actitude, discurso positivo, comunicación non verbal… Despois da xuntanza debemos chamar -ao día seguinte- agradecendo a xuntanza e resolvendo as dúbidas que xurdiron durante esta.

 

 

 

Deseño integral: avaliación e continuidade dos proxectos

As últimas semanas do curso teñen sido de moito traballo para os seis equipos do curso. Hoxe, trala sesión do pasado 21 de decembro, na que por primeira vez esbozaron os seus proxectos, chegou o momento de amosar a proposta, en teoría definitiva, xa concretada e mesmo orzamentada de cada grupo. Este segundo aspecto, e polo tanto nalgún caso o enfoque do propio proxecto ou dalgunha parte do mesmo, podería sufrir modificacións nas vindeiras sesións, nas que se inicia o bloque formativo dedicado ao financiamento cultural. Pero, polo de agora, estes son os proxectos:

 

Equipo 1. PalpitArteixo

2018 03 01 presentacion equipos 12Baixo a forma dunha fundación (concretamente a fundación ArtEixo) o Equipo 1 propón a elaboración dun mapa emocional que nos permita acceder ao Arteixo de onte e ao Arteixo de hoxe. Ao de onte, a través de audiorroteiros, vinculados á memoria industrial do concello, tamén desde a perspectiva de xénero; ao de hoxe, coa música da banda e da escola municipais previamente xeolocalizadas, un percorrido polas zonas industrias e a posibilidade de escoitar unha radionovela, previamente elaborada pola mocidade nun obradoiro, contando tamén coa participación de artistas locais deste mapeado, que responderá a un proceso de investigación-acción.

Con PalpitArteixo o equipo quere apostar polo Arteixo do futuro, poñendo en valor a historia e a cultura do concello, focalizar a diversidade cultural que actualmente convive nel e xerar ferramentas de construción compartidas por esta cidadanía diversa e que se pretende que sexa tamén activa.

O custe total da actividade sería, segundo o orzamento actual do proxecto, de 24.835 €.

 

Equipo 2. Tapia Cultural

No caso do Equipo 2 temos a cinco autónomos asociados 2018 03 01 presentacion equipos 10baixo a marca Como tapias co obxectivo de desenvolver, desde un punto de vista cultural e social, a contorna natural da praia fluvial de Tapia. Baixo as premisas de traballar cunha veciñanza activa e con criterios medioambientais e de posta en valor da zona, esta asociación profesional propón unha semana de actividades no que, cada día, responde a un eixo temático: desde as actividades estritamente locais á cultura urbana, artes escénicas ou danza en forma de obradoiros, concertos, espectáculos de medio formato e de pequeno aforo ou rutas teatralizadas.

Para esta semana, que transcorrerá na primeira semana de xullo, o Equipo 2 ten xa desglosadas as necesidades humanas e materiais e elaborados os plans de seguridade e riscos laborais.

Calculan que para desenvolver este programa de actividades precisarán traballar durante dous meses a media xornada. As súas retribucións sumadas aos custos do desenvolvemento das actividades dan como resultado un orzamento de 24.551€

 

Equipo 3. Os sons das pedras

O Equipo 3, baixo a forma dunha empresa (una sociedade limitada) traballará en Cuntis coa cantería, típica da zona, como eixo fundamental para percorrer a memoria patrimonial e histórica da vila. A súa proposta consiste nun festival, que se levará a cabo o 7 de xullo (de 10:00 a 02:30) no lugar de Castrolandín, dirixido por unha banda a un público familiar e xuvenil e, por outra, a un público especializado, relacionado co eido da cantería. O festival desenvolverase nun recinto acotado ao que se accederá con entradas con prezos escalados que oscilarán entre os 8 e os 13 euros.

2018 03 01 presentacion equipos 8As propostas da xornada van desde unha exposición canteira, con explicacións en vivo do oficio, un concurso de cantería e unha visita teatralizada ao castro até actividades infantís (contacontos sobre cantería, obradoiros de cantería para nen@s,…) ou dirixidas ao público adulto (obradoiro de gravado en pedra). Haberá tamén tempo e espazo para a sesión vermú e para a comida, así como, dirixido ao público de perfil xuvenil, monólogos (Pedra, pico e pala, con Luis Piedrahita), percusión con pedras e un espectáculo musical dirixido por Xurxo Souto.

O equipo calcula o orzamento do festival en 69.500€

 

Equipo 4. Arrepola Betanzos

No Equipo 4 agrúpanse cinco técnicos municipais de cultura cun obxectivo claro: dinamizar socioculturalmente a zona histórica betanceira para, e sobre todo con, a veciñanza, traballando a identidade local, valorizando a cultura e as vivencias populares e facilitando novos espazos para a participación cidadá. Trátase dun proxecto a desenvolver en varios meses e que consta de varias fases.

Nunha primeira, de carácter máis ben interno, 2018 03 01 presentacion equipos betanzosestableceranse os oportunos contactos dentro do propio Concello para establecer liñas de actuación e coñecer os protocolos e normativas que poden influír no desenvolvemento do proxecto. Na segunda, comezarase unha pequena estratexia de márketing de rúa, coa colocación de pequenos repolos en xardíns da cidade, para dar paso a unha terceira: Amizade co repolo, que consiste en buscar a participación de veciñanza e comercio na elaboración do logo, e que se complementa con Correos en verso e prosa, para que as persoas que o desexen deixen en caixas do correo feitas por escolas infantís para esta actividade as súas vivencias e lembranzas betanceiras, e cunha serie de coloquios. Na cuarta fase, trala recollida de datos pertinente, celebrarase unha semana de festival na que haberá actividades variadas (entre elas, a ocupación de escaparates baleiros con distintas expresións artísticas) e a Repogala, cun xantar popular teatralizado e música.

O equipo contempla unha quinta fase de avaliación que determinará se o programa ten ou non continuidade, se a ten totalmente ou de xeito modular e con que frecuencia. O orzamento desta actividade é de 123.160€, incluíndo os salarios dos cinco técnicos municipais nas contas. Agardan poder financialo con fondos municipais, subvencións e patrocinios.

 

Equipo 5. Arte Brava

2018 03 01 presentacion equipos 4O Equipo 5 chegou á conclusión de que na Illa de Arousa falta oferta cultural e lúdica para a mocidade, técnicos especializados e mesmo unha política definida ao respecto. Por iso, a súa proposta pasa por xerar un proceso participativo no que a propia mocidade decida e xestione a oferta cultural da Illa.

Para iso, primeiro contactarán cos axentes locais relacionados coa mocidade coa idea de, despois, constituír un grupo promotor con intereses culturais. O seguinte paso será, da man de profesionais, facilitar e potenciar que a mocidade deseñe as actividades. O proxecto desenvolverase nun prazo amplo de tempo, non menor a un ano, que tería as seguintes fases:

  1. Diagnose
  2. Deseño e elaboración do proceso participativo e plan de comunicación
  3. Desenvolvemento e posta en práctica do proceso participativo
  4. Xestión e programación cultural colectiva
  5. Desenvolvemento do programa cultural
  6. Avaliación e redefinición, se procede, de cara á continuidade

O proxecto arrancará no mes de maio cunha toma de contacto co Concello e coa mocidade, con vistas a, xa no 2019, comezar a fase 5 cun concurso, obradoiros e un festival sobre os que a mocidade traballará para definir os seus contidos.

 

Equipo 6. Arzúa flúe

O Equipo 6, constituído como cooperativa, decidiu poñer en marcha en Arzúa unha rede de axentes de cambio: cidadáns comprometidos co seu lugar, que participan activamente da vida na súa contorna e que toman decisións, formando parte do tecido social 2018 03 01 presentacion equipos 1e traballando no beneficio común. O obxectivo é poñer en valor a contorna natural e patrimonial de Arzúa adquirindo conciencia sobre o propio territorio, a través do traballo cun colectivo de vinte persoas facilitados polo IES Arzúa e as asociacións máis activas da comarca: dez de entre 15 e 30 anos e outros dez de máis de 60, favorecendo a interacción e a aprendizaxe mutua entre os dous equipos.

Así, mediante distintas actividades formadoras, inculcaranse e xeraranse nocións que constrúan comunidade. Serían Miramos distinto a Arzúa (un obradoiro de fotografía e vídeo sobre lugares emblemáticos da contorna), Conciencia dos produtos (sobre economía circular) e un programa de radio en Radio Arzúa.

O orzamento desta actividade supera levemente os 9.000€

 

 

A importancia da avaliación dos proxectos

A primeira parte da sesión foi para a presentación dos proxectos e a segunda para varias cousas. Por unha banda, despedímonos de Diego Parajó como titor do curso e, por outra, démoslle a benvida a Sonia Díaz, que será, ademais de docente nalgunhas sesións, a nova titora, xunto con Sergio Lago e Marcos Lorenzo, dos proxectos, dende agora até a finalización do curso.

Con Marcos, precisamente, dedicamos os últimos minutos da aula a falar sobre a avaliación dos proxectos. Só catro persoas na aula fixeran avaliacións dos proxectos nos que traballaran, e normalmente por iniciativa persoal, polo que estas quedaran reducidas a un ámbito interno de utilidade para 2018 03 01 presentacion equipos 6a propia persoa, pero non para a institución ou organización promotora ou organizadora da actividade. Neste sentido, Marcos explicounos que a avaliación “é a ferramenta que temos para capitalizarnos como organización”. Porque, sen ela, é probable que nos seguintes anos se repitan os erros ou que non se saiban aproveitar os acertos. O desexable, segundo nos explicou, sería que houbera unha persoa cunha asignación de horas para esta tarefa en exclusiva, pero, como xa sabemos, o desexable non adoita ser a realidade do traballo cotián.

Tamén falamos das ferramentas para avaliar e dos criterios. Neste sentido, debatemos unha vez máis do que é o éxito dunha actividade: os números ou os obxectivos acadados? Porque, pode ser que unha actividade rexistre un gran número de usuarios e que, ao mesmo tempo, non cumpra obxectivos? E, neste caso, poderiamos considerar que foi unha boa actividade? E, sobre todo, ten a Administración ferramentas -e interese- para valorar estes matices?…

Con esas preguntas e as súas respostas rematamos a sesión, unha das máis importantes, en canto á materialización dos proxectos. A vindeira posta en común será o 11 de abril, pero xa non consistirá nunha presentación: nesa sesión, cada equipo terá que defender a súa proposta ante un patrocinador real, rematando así o ciclo de financiamento cultural que comeza hoxe.

 

Produción cultural: festivais e eventos. Con Xulio Cordeiro

Por Rubén Capelán

Comezamos a sesión dedicada a festivais e grandes eventos coa presentación do poñente, Xulio Cordeiro, cunha longa e diversa traxectoria profesional pola que é considerada unha figura de referencia na produción musical galega.

Actualmente é responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, 0dirixindo, entre outras, a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardeceres no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega. Anteriormente coordinou para La Fábrica de Chocolate e Esmerarte, producións como o Cultura Quente e Vigo Transforma. Foi socio e director de XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüeto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.

Xulio anúncianos que a sesión vai a ter dúas partes diferenciadas, unha primeira de técnicas e estruturas e unha segunda de lexislación. Pon enriba da mesa, tamén dende o principio, que a súa formulación non é para nada académica: el vén do terreo de xogo e vainos debuxar o que pasa nunha produción de festivais e grandes eventos, porque nós, como impulsor*s de proxectos, temos que saber un pouco de todo. Se nos falan de certos conceptos e termos técnicos, temos que saber o que son, de que nos están a falar.

 

Imos diferenciar a produción técnica de eventos ao vivo da produción en cine, teatro… son dous tipos de produción ben distintas. Por outro lado, “o produtor é un trilero”, trata sempre de que todo o mundo estea contento, para o cal é moi básica a empatía: poñerse no lugar da outra persoa para entender as situacións e saber que pasa en todo momento. Este concepto de empatía, por certo, será salientado en varias ocasións durante a sesión.

Pois ben, partimos dunha gran idea de evento que temos e que ás veces naceu nun lugar inesperado (cos amigo*s nun bar tomando algo), pero, esa gran idea hai que plasmala! Pois ben, que necesitamos saber ou decidir? Uns obxectivos, o lugar, a data, o aforo, se é gratis ou de pago, etc,… E unha vez definido isto teremos que facer un estudo de necesidades, divididas en dúas clases: as derivadas do perfil do evento e as derivadas do rider de artistas.

Para as derivadas do perfil do evento o ideal é poñerse as botas e as luvas e ir ao lugar onde será o noso evento. Cunha cámara, cun metro, un caderno de notas, e ver así as necesidades no propio espazo (aforo, valado, seguridade, accesos,..). Posteriormente, xa no ordenador e usando ferramentas coma o Autocad, Sketch Up e Google Earth, convén elaborar un plano ou dous diferenciados (un para produción e outro para público). Esta fase é das máis importantes, así que recomenda tomarse moito tempo, porque o aforraremos no futuro.

En canto ás necesidades derivadas do rider de artistas, debemos distinguir o técnico e o de hospitalidade (se ben poden ir xuntos no mesmo documento). No rider técnico inclúense todas as necesidades técnicas do artista en canto a son, iluminación, escenario, backline… mentres que no rider de hospitalidade fálase de condicións de comodidade do artista (horarios, comidas, bebidas, aloxamento, espazos privados…). Para entender isto amósanos exemplos reais de riders cos que traballou, na súa experiencia profesional. Como última recomendación neste apartado, coméntanos a importancia de negociar sempre antes todo o que inclúen os riders; e, se algo non o poderemos cumprir, comunicarse co artista canto antes, para poder atopar alternativas e solucións, fóra da vórtice do día do evento.

Neste punto dedicámoslle os últimos minutos a coñecer termos básicos relacionados con todas as áreas presentes nun festival ou gran evento, conceptos básicos que temos que controlar minimamente para poder funcionar no eido da produción.

 

2018 02 21 CEU Xulio Cordeiro 2Pois ben, despois de este aluvión imprescindible de termos e trucos que calquera produtor* ou director* dun festival ou gran evento debe coñecer, volvemos ao punto de partida da análise das necesidades do noso proxecto, xa que unha vez estudiadas estas, temos que poñelas en tempos nun plan de produción.

Para elo partimos da data do evento e imos cara atrás debullando cada fase de produción até o comezo. Neste punto da aula Xulio comenta que as infraestruturas son un dos piares dun festival. Un bo “produtor de infras” soluciónache o 80% dos problemas; ademais temos que ter en conta que o stage manager deberá estar o día de montaxe do escenario, para situar as ramplas, as escaleira… En definitiva, ordenar ben a súa casa antes do día sinalado.

Unha vez detallado o plan de produción podemos elaborar un orzamento de produción, para o que é recomendable partir dunha situación ideal para despois ir rebaixando, e, deste xeito, ver que postos non poden desaparecer, tendo en conta tamén as necesidades das empresas contratadas.

Co orzamento ben redactado imos ao promotor* a presentarllo, e se é aceptado comeza a produción (e a contratación e coordinación de todas as necesidades). Rematamos esta parte da aula coa lista da documentación imprescindible para produción: planning montaxe, horarios/escaleta, follas de ruta, folla de coordinación de transfers e rooming list.

 

As cuestións legais dun evento

Chegamos agora á parte de lexislación e normativa a ter en conta na produción de festivais e grandes eventos. Como primeiro consello, Xulio recomenda comunicarlle á Delegación do Goberno a realización do evento, para que así, en caso de calquera incidente importante, xa saiban de que evento lles estamos a falar. En canto aos seguros, o de responsabilidade civil é obrigatorio e cada empresa participante no evento deberá ter o seu e o evento en si terá o seu propio seguro. Outros seguros complementarios son: suspensión por cancelación (climatoloxía ou ausencia do artista). Como anécdota curiosa, coméntanos que para demostrar a suspensión do evento por mor do mal tempo, lle paguemos a un notario que certifique que chove moito e que é imposible realizalo.

Outra das obrigas en materia de seguridade é o plan de autoprotección, destinado a unir a prevención de riscos laborais e as situacións de emerxencia de todas as empresas que participan no evento. Neste plan avalíanse posibles problemas e se lles dá solución. Por outra banda, e como ferramenta moi útil para a coordinación do persoal de seguridade (privado e público), existe a posibilidade de solicitarlle á Xunta a presenza dun CECOP (centro de coordinación e operativa), en forma de furgón-camión no que hai unha persoa de cada corpo (bombeiros, policía,..) que están xuntas nese espazo, de tal xeito que, no caso de emerxencia, as decisión sexan tomadas conxuntamente.

Como peche á aula, comentamos a entrada en vigor no vindeiro xullo da Lei 10/2017 do 27 de decembro, e espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Rematamos así unha intensa aula, chea de contidos técnicos básicos e imprescindibles para desenvolverse no campo da produción de festivais e grandes eventos, contados dende a formulación realista de que, detrás dunha gran produción, hai unha enorme cantidade de recursos e persoas, coas que temos que empatizar e saber coordinarnos para acadar un resultado óptimo para todas.

Produción cultural: eido expositivo. Con Agar Ledo

Por Verónica Arán

 

Este mércores comezamos a sesión, cunha primeira parte impartida por Sergio Lago, que nos fixo unha breve introdución ás fórmulas xurídicas para poder operar como un xestor/a cultural.

Centrándose na práctica profesional, o xestor/a cultural pode operar

Por conta allea:2018-02-14 sesión Agar Ledo 5

  • Na Administración pública, empresas, entidades sociais, etc,…
  • Bolsas, residencias, prácticas remuneradas…

Por conta propia:

  • A nivel individual
    • Mediante colaboracións esporádicas: cursos, conferencias, coloquios.
    • Como autónomos
  • En fórmulas xurídicas colectivas

Traballando, tanto por conta allea como por conta propia, temos que ter en conta os dereitos e obrigas, os requisitos legais e responsabilidade persoal que temos que cumprir como traballadores culturais, como poden ser as altas e baixas (I.A.E, Seguridade Social, RETA) , as retencións de traballo, IRPF, os diferentes tributos IVE, etc,…

Para entender mellor este tema nada como poder ver os diferentes modelos, que nos facilitou Sergio, de contratos, convenios, facturas e demais documentación sobre lexislación e temas xurídicos.

 

2018-02-14 sesión Agar Ledo 1A segunda parte da sesión sobre O eido expositivo correu a cargo de Agar Ledo, que ata hai uns días era a persoa responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde ten dirixido e coordinado os proxectos expositivos durante unha década. Actualmente está a facelo no Auditorio de Galicia,  en Santiago de Compostela.

Antes de comezar coa explicación sobre a xestión e a coordinación de exposicións, Agar Ledo, fixo fincapé no que é unha exposición e na figura do comisario/a:

Unha exposición é un lugar de experimentación que implica un posicionamento; é unha construción que depende, non só dos traballos seleccionados, senón tamén da relación que se establece entre eles,  entre que se ve e quen o está a ver.

O comisario/a é un autor/a, un investigador/a, un filtro, educador/a, mediador/a cos públicos pero tamén entre o mundo da arte e as estruturas de poder, é un avogado/a, un narrador/a, director/a de orquestra. É aquel que introduce a práctica crítica no campo da organización de exposición e o desenvolvemento de públicos.

 

As fases de produción dunha exposición son:

  • A presentación ou elaboración do proxecto, o seu estudo e aceptación.
  • O desenvolvemento do proxecto: tanto a coordinación técnica coma a xestión económica e administrativa.

Á súa vez, as exposicións podemos clasificalas en: de produción propia, externa e coprodución.

 

É moi importante saber que unha exposición debe enmarcarse 2018-02-14 sesión Agar Ledo 3nun contexto propicio á súa realización. Pero ¿como chega un proxecto o museo? A chegada pode ser mediante a súa presentación por parte dun comisario/a, dunha empresa de xestión cultural, dunha institución pública ou privada, por encargo do museo ou centro a un comisario/a externo, por produción propia con persoal interno, por convocatorias abertas…etc.

 

Os contidos dun proxecto de exposición ou dun plan da exposición poden ser:

  • O título
  • A presentación sintética do tema tratado e da articulación das obras
  • Un listado de artistas/obxectos incluídos na exposición
  • No caso de obras/obxectos preexistentes: unha ficha técnica e imaxe. A localización das pezas e o listado de prestamistas
  • No caso de obras/obxectos producidos especificamente para esta exposición: unha descrición e as características principais
  • O deseño expositivo axustado á dimensión das salas de exposición
  • O deseño de programas públicos e de actividades paralelas
  • A posibilidade de coprodución
  • O orzamento provisional do proxecto. As fontes alternativas de financiamento

 

E, por último, saber que a posta en marcha dunha exposición temporal pódese dividir en cinco fases:

1. Preparación

A designación do comisario/a, a selección de artistas e obras, a investigación e localización de obras, os contactos previos con prestamistas e a redacción dos formularios de préstamo.

2. Coordinación

Os acordos cos axentes externos que interveñen na exposición, a selección da empresa de transporte e preparación do prego de transporte, a selección da empresa de seguros e a preparación das pólizas de seguro, a correspondencia e contactos periódicos con artistas, prestamistas e demais persoas e entidades implicadas.

3. Materiais e difusión

A edición do catálogo da exposición, a preparación e deseño da rotulación interna, o traballo co departamento de prensa e comunicación para a elaboración de materiais de difusión e o traballo co departamento educativo para a elaboración  da programación.

4. Recepción e rexistro de obras

A recepción dos camións de transporte no peirao de carga e descarga do museo e o rexistro de obras nos almacéns.

5. Montaxe

O deseño da montaxe das salas, o plano de montaxe, a verificación e control das condicións técnicas das salas para a exhibición e conservación das obras (temperatura, humidade, iluminación…), e a execución da montaxe.

 

2018-02-14 sesión Agar Ledo 2

 

Na terceira e última parte da sesión, despois dun pequeno descansiño, Agar Ledo convidounos ao Auditorio de Galicia a realizar unha práctica sobre todo o relacionado coas expos2018-02-14 sesión Agar Ledo 6icións, coa compañía do comisario Anxo Rabuñal.

Anxo Rabuñal fixo unha pequena presentación do proxecto, formado por unhas fotografías do autor Catalá Roca, un dos nomes máis importantes da fotografía española contemporánea, fillo e pai de fotógrafos, viaxeiro incansable que percorreu España durante medio século e retratou os vertixinosos cambios que se producían nos campos e na cidade.

Os alumnos dividímonos en catro grupos para realizar a práctica proposta, que foi un exercicio de orzamento para levar a cabo a exposición sobre fotografías realizadas en Galiza polo fotógrafo Catalá Roca.

 

Achegámonos un ano máis ao festival Escenas do Cambio

2017 02 CEUXV-visita-escenasdocambio 1

Visita a Escenas do Cambio de alumnos da edición 2016-17 do curso, con Pablo Fidalgo e a directora de Acción Cultural da CdC María Pereira

Nesta edición do curso tivemos de novo a sorte de recibir o convite da Cidade da Cultura para coñecer dende dentro o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción Escenas do Cambio, que este ano acada a súa cuarta edición.

O festival, vinculado nun principio a espazos do Gaiás, avanza este ano na proposta iniciada na pasada edición de levalo a outros lugares da cidade. Así, podemos atopalo en máis escenarios composteláns, como son o Salón Teatro, o Principal, o CGAG  e a sala Agustín Magán, no centro sociocultural do barrio de Santa Marta.

 

Cartaz da primeira edición do festival (2015)

Cartel da primeira edición do festival (2015)

 

Precisamente neste último tivo lugar a nosa cita con Pablo Fidalgo, que é o director artístico do festival, e con María Pereira, directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura. Con eles falamos da organización e deseño do certame, unha hora antes de poder gozar da posta en escena do coreógrafo portugués Miguel Pereira, que participa en Escenas do Cambio con Miguel meets Karima.

O convite incluía quedarnos trala posta en escena para poder intercambiar impresións co autor, ademais da posibilidade de asistir a unha segunda proposta, desta volta no Teatro Principal: Light Years Away, da artista Edurne Rubio.

Valoración de los recursos y elaboración del presupuesto. Con Miguel Martín

Por Marta González

Esta semana contamos en el aula con la presencia de Miguel Martín, jefe del departamento de Promoción Cultural do Concello da Coruña. Licenciado en Ciencias Políticas, Sociología y Administración y Dirección de Empresas. Máster en Organización de Servicios de Orientación Profesional y Empleo. Entre 2005 y 2009 fue director del IGAEM y de AGADIC, por mencionar una pequeña parte de su amplia experiencia laboral en el campo de la cultura.
Si bien cuando se trabaja en el ámbito de la cultura lo que verdaderamente cuenta son los resultados, la parte artística, es muy importante dedicarle tiempo y esfuerzo a la parte económica y, sobre todo, a los presupuestos, para conseguir un maximización de los recursos con los que vayamos a contar. De esta premisa surgió una de las sesiones más sesudas y dinámicas en lo que hasta ahora llevamos de curso, en una tarde donde se fueron alternado la parte expositiva y la realización de supuestos para una mejor comprensión práctica de la temática de la clase.

 

Comenzamos la primera parte de la jornada hablando de los presupuestos y del análisis de los principales componentes de los gastos. Partiendo de la base de que no hay reglas fijas, y que siempre dependerá de la naturaleza de la actividad a desarrollar, se hizo hincapié en la necesidad de organizarlos siempre en una relación ordenada y lógica.

En la gestión presupuestaria  se suelen hacer estas tres clasificaciones:

  • Económica: hace referencia a la naturaleza de los gastos en que se incurren para llevar a cabo la actividad.
  • Orgánica: qué unidad de la Administración o qué departamento, si de una empresa privada se trata, tiene la potestad o la autorización para hacer ese gasto.
  • Funcional: hace referencia a la actividad a la que van a ir destinados esos recursos económicos.

Cuando de lo que se trate sea optar a subvenciones, debemos explicar detalladamente  nuestros costes sobre la actividad. Sin embargo, cuando el caso es una facturación a una empresa, lo importante es explicarle los servicios que se le van a ofrecer y el coste de los mismos.

 

En el apartado de ingresos, Miguel Martín nos habló de los tipos más habituales en las actividades culturales, recalcándonos que en la mayoría de los casos pueden existir incompatibilidades para vender un proyecto cultural que también recibiera una subvención.

A continuación pasamos al apartado de los conceptos del presupuesto de gastos, comenzando por la contratación laboral, donde los gastos de personal se convierten en una de las partes más importantes y complejas. Para ello nos presentó una serie de supuestos en los que trabajar en grupo y con los que aprendimos a calcular cuánto cuestan a la empresa, dependiendo de la duración de los contratos, y siempre partiendo los cálculos del salario bruto.

 

2018 02 07 miguel martin(7)Cálculos de cuánto cobraría un trabajador en base a salario X euros/mes: X x 14 (pagas anuales)= Y euros/año salario a pagar al trabajador.

Cuánto nos cuesta la SS del trabajador, en base a un cálculo de una media de 1/3 , puesto que los baremos de cálculo varían:
Y x 1/3= Z euros anuales en seguridad social

Gasto total anual del trabajador a la empresa:
Sueldo anual + SS anual

 

 

Al hablar de contratación laboral y de los gastos de seguridad social ligados a la misma, se abordaron en más detalle cuestiones sobre nóminas, Tcs, o el modelo 110. También comentamos las cuotas de autónomos si nuestra empresa tuviese alguno. Siguiendo con los tipos de gastos, ya con proveedores externos, una forma menos habitual pero no por ello imposible, serían los pagos con Certificaciones donde al colaborador se le retiene un 15% de la cantidad acordada, el cual se debe ingresar en Hacienda.

Y por supuesto de la forma más habitual de pago, la facturación, en el que la empresa deberá depagar el IVA correspondiente (además de la cantidad a abonar estipulada por el proveedor del servicio. Nuevamente se dividió la clase para trabajar en supuestos sobre estos temas ya que Miguel insistió en la importancia de facturar correctamente ya que es muy habitual que, por pequeños errores de cálculo, esta parte de los proyectos genere muchos problemas.

 

De vuelta del descanso, entramos de lleno en el apartado de 2018 02 07 Miguel Martín (1)gastos generales que son los que no están vinculados de forma directa a la producción de un determinado bien o servicio y son independientes del nivel de producción de la empresa. Pero son muy importantes, ya que son necesarios para hacer una imputación correcta de los gastos e ingresos del año, lo que nos permite hacer un cálculo correcto de lo que son los costes reales de cada actividad.

En referencia a estos gastos generales, hablamos también de los activos fijos, que habitualmente se tienen en cuenta a la hora de hablar de balance anual de la empresa, pero que se mencionaron en este aula  como posibles  gastos en algunos proyectos.

 

Concepto de activo fijo:

Bienes que no están destinados a la venta, sino a la producción de otros bienes y servicios. La permanencia en la organización es a largo plazo (superior a un año). Importe mínimo. Si es menos de 100€, se consideran gastos generales. Activos fijos materiales -inmuebles, vehículos, equipamiento informático, equipamiento técnico, mobiliario, …-  y activos fijos inmateriales -imagen corporativa, licencias, software, gastos de producción, etc,…-.

 

Problemática de los activos fijos:

En la gran mayoría de las líneas de subvenciones no se admiten inversiones en la adquisición de activos fijos. La alternativa son alquileres y la amortización es la depreciación, distribución en el tiempo de dicha adquisición.

2018 02 07 Miguel Martín (3)En este apartado es destacable mencionar que con el paso del tiempo las administraciones públicas que otorgan las subvenciones están abriendo la posibilidad de añadir, a los presupuestos de los proyectos, una parte proporcional de las inversiones. Aunque de momento sean muy pocas las que lo permiten, y bajo baremos que establece Hacienda, con unos márgenes de un máximo por año de un 15% y un total que no supere los 14 años y siempre manteniendo a lo largo del tiempo el criterio escogido para ello por la empresa.

Volviendo al esquema general de gastos generales es importante prestarle atención a los gastos de estructura, ya que puede suceder que todos los proyectos de la empresa sean rentables pero, al hacer el balance anual de las cuentas de la empresa, esta dé pérdidas. Es, pues, necesario que las actividades que lleve a cabo la empresa den para pagar estos gastos estructurales.

¿Cómo lo hacemos? Las formas más habituales, dependiendo de si hablamos de justificar subvenciones o de facturaciones son:

 

Subvenciones:

  • Aplicando un % por cien fijo que no sea muy elevado y se considerarían gastos generales.
  • Aplicando un % mayor pero en este caso habría que presentar facturas.

Facturación: Repercutirlo en la facturación de servicios.

Sea cual sea la situación, hay que asignar con sensatez una parte proporcional de esos gastos a los costes de cada uno de los proyectos que la empresa lleva a cabo.

 

Y como colofón final de la clase nos mostró la forma de calcular el margen comercial y el punto muerto, herramientas imprescindibles para reducir en lo máximo posible la incertidumbre, (que nos ayudarán a tomar decisiones respecto a precios), cuando ya entramos en la fase de distribución, donde vamos a incurrir en nuevos gastos pero donde al cabo de un tiempo también tendremos ingresos. Es decir, desde el principio del proyecto, y durante la primera fase de la distribución, tendremos un déficit que se irá reduciendo a medida que vayamos ofreciendo este servicio o bien obtengamos los primeros ingresos.

 

2018 02 07 miguel martin(8)

 

El margen comercial no es más que la ganancia por venta de determinado producto, ya que es la diferencia que existe entre el precio de venta y el coste del producto, ambos sin impuestos.

  • Cálculo del margen comercial: precio unidad-costes unidad

El punto muerto, punto de equilibrio o umbral de rentabilidad, es el número mínimo de unidades que una empresa necesita vender para que el beneficio en ese momento sea cero. Es decir, cuando los costes totales igualan a los ingresos totales por venta. A partir de este volumen mínimo de venta, este producto será rentable para la empresa, en la medida que la empresa consiga seguir produciéndolo y vendiéndolo.

  • Cálculo del punto muerto: costes fijos/(precio-costes variables)

 

Acabó la clase recordándonos la particularidad de los productos de la cultura, un sector en el que los productos, en la mayoría de los casos, no son rentables y tienen que ir de la mano de subvenciones para que sea posible su producción. Y  que, para que se dé el saldo de caja positivo, debemos poner la mayor atención en ser estrictos en los pagos y prudentes en los cobros. Además de ser sincero con las personas con las que se trabaja, sean de la empresa o no, si en un momento determinado van a cobrar un poco más tarde.

Programación e mediación cultural: falamos sobre práctica artística con María Lado, Mercedes Peón e Pela del Álamo no Consello da Cultura Galega

Por Rubén Rodríguez

Nesta sesión fixemos un percorrido polo Consello da Cultura Galega e rematamos cunha conversa aberta formada por Mercedes Peón, María Lado e Pela del Álamo.

O Consello de Cultura Galega

“¿Cantas das persoas que están aquí coñecen a páxina do Consello da Cultura?” Con esta pregunta comeza unha micro-2018 02 01 CCG (7)visita guiada por Dolores Vilavedra e Manuel Gago, que definen a sesión como unha boa iniciativa para abrir as portas do Consello da Cultura Galega aos futuros profesionais da xestión cultural. Para comezar, fixemos un breve percorrido polo espazo, pasando polo salón de actos, onde se fan as xornadas que organiza o Consello, a biblioteca, os despachos de comisións, xerencia e presidencia e falamos do Observatorio da Cultura Galega. Pero, en realidade, o interese da visita foi máis coñecer o que se fai que os espazos onde se fai.

Na sesión, contáronnos que o Consello da Cultura Galega existe dende 1983 e que é unha institución estatutaria; é dicir, está sometida a control parlamentario. Isto dálle unha certa autonomía respecto ao control do Goberno. O Consello comeza con absoluta precariedade e sen espazos físicos de traballo. O punto de inflexión márcao a presidencia de Carlos Casares. Casares fai unha aposta decidida polas novas tecnoloxías e decídese a investir en capital humano para o2018-02-01 (25) CCG desenrolo destas actividades. Grazas a isto, apóstase dende o ano 1999 por ter capacidade de desenvolvemento propio dos contidos, buscando a innovación da tecnoloxía para mostrar coñecementos dende a propia institución. Para iso, preséntannos o portal web como a ferramenta que os proxecta ao mundo. Esta iniciativa nace buscando unha mestura entre o mundo da tecnoloxía e os contidos culturais e co obxectivo de que a primeira experiencia que teña moita xente dentro do mundo dixital sexa en galego e con contidos galegos. O portal funciona como punto de recompilación da produción cultural contemporánea galega.

Entre as competencias do Consello da Cultura atopamos o fomento da lingua e a cultura galegas, a investigación e valoración das necesidades culturais, o análise do patrimonio cultural galego, a promoción cultural e o asesoramento aos poderes públicos. Con moita frecuencia, o Goberno diríxese ao Consello pedindo que redacte informes sobre a situación da cultura galega. Como peche final, dicir que no ano 2017 contou con aproximadamente 2,5 millóns de euros de orzamento.

 

A conversa

Nesta conversa, atopámonos coa perspectiva das persoas que intentan vivir da súa creación. O obxectivo é coñecer en primeira persoa que significa optar por unha carreira artística. Para iso, contamos coa poeta María Lado, a música Mercedes Peón e o creador audiovisual Pela del Álamo.

 

María Lado:Ser poeta é un gran florecemento da alma e un escaso florecemento económico”

María fala de que a súa dedicación exclusiva é a de escritora de poesía, xa que o seu oficio é moi pouco compatible con calquera posto de horario fixo. Decidiu deixar un traballo acomodado de oficina para poder dedicarse ao que mais lle gusta, aínda a risco de non poder pagar as facturas: “O feito de estar desocupada lévate a xerar o teu propio traballo, sobre todo polo medo de non chegar a final de mes”.

2018-02-01 CCG (26)Vivir de escribir poesía implica facer moitos recitais, obradoiros e traballos para nenos que están relacionados, mais ou menos, co que un fai. Di que gran parte do seu traballo é responder correos, preparar proxectos de acción de poesía, obradoiros, elaboración de dossieres, etc. Decidiu renunciar a un traballo fixo pola felicidade: “Sempre que comecei a escribir tiven moita facilidade para publicar e iso foi unha sorte na miña vida. Sinto que tiven moitas facilidades. Eu traballo sobre todo por pracer pero, durante moitos anos, facía moitas cousas por pura diversión. Actuar, escribir, conseguir que chegue a poesía a xente sempre me pareceu moi divertido. A sorte sempre hai que traballala.  O obxectivo non deber ser chegar a famoso, senón sentirte ben co que fas. Creo que en Galicia somos moitos creadores que acabamos sendo industria. Temos que asumir non só a parte creativa, tamén a parte de ser industria porque non a hai”.

 

Mercedes Peón: “Só perdura o que se repite en comunidade” 

Definíndose como unha persoa moi introvertida, decide transmitir cal é a súa perspectiva do ecosistema cultural falando dos seus presupostos ideolóxicos como artista. Parte da base de que existen culturas peculiares de creación colectiva, que nacen dos contidos dunhas persoas que teñen unha visión e uns códigos diferentes aos inoculados nunha realidade chamada globalización. Parte da base tamén, do suposto encarnamento dotado de supostos primixenios que non están mediados dende o exterior. Parte da base, de que non existen os xéneros que son fantasías violentas que intentan organizar unha bipolaridade inexistente, pasando polo filtro da súa subxectividade. Está certa de que, unha das partes fundamentais para que sobreviva o sistema cultural, pasa por ter coidado do que nos queda, do ecosistema en calquera parte do mundo, comezando  pola lingua: “A creatividade da linguaxe non ten normas, non necesita perdurar no tempo, so perdura o que se repite en comunidade”. Aconsella facer as cousas por pracer, ese medio camiño entre o comercial e o que un quere: “Ter un transo onde se para o tempo e chegar a un escenario con moita modestia”.

 

Pela del Álamo:Vivo en el equilibrio entre lo vocacional y lo alimenticio”

Decide falar  do proceso persoal, dos conflitos e potencialidades do traballo artístico: “En lo alimenticio tenía que hacer vídeos y trabajos de todo tipo y luego estaba la dirección del Curtocircuíto como una mezcla entre lo personal y lo alimentico”.  Partindo desa base pasou quince anos na procura do equilibrio e descubrindo o que realmente lle gustaba: o cine documental. Entende os proxectos como procesos persoais dos poden xurdir, ou non, obras concretas. Non é tanto a idea 2018 02 01 CCG (23)de facer esa película, se non de como vivir o proceso. Di que non lle interesa o cine por si mesmo, para el é unha ferramenta para dialogar coa realidade e cun mesmo. Non se sinte cineasta, nin se sinte vinculado co cine de ficción. A paisaxe é o punto de partida da maioría das súas pezas. Comenta que “este tipo de proceso no encaja con los tiempos de los procesos industriales. Cada uno debe hacer aquello con lo que se siente conectado. Solicitar ayudas en este tipo de procesos es complicado, porque resulta imposible encajar mis tiempos en los tiempos que exigen las bases”. Non todo o cine ten que ver coa construción de produtos, ás veces, ten que ver coa exploración persoal. Fala de que o traballo cinematográfico ten moito que ver con ter un gran bloque de pedra e comezar a traballar ata que tes a certeza de que chegaches a algo que serve para comunicar. Recoñece que este proceso de compartir as pezas tamén lle causa conflito: “Muchas veces me cuestiono ¿qué sentido tiene mostrar las películas? Me planteo el porqué: si yo ya he asumido que el cine documental es el producto audiovisual menos rentable, implica gasto y no tiene ningún tipo de retorno económico. No tiene esa función. ¿Por qué hay que enseñar la obra? La obra es algo íntimo”.

 

Programación e mediación cultural: artes escénicas e libro. Con Paulo Rodríguez e Yolanda Castaño

Por Miguel Torres

Nesta sesión coñecemos o traballo de dous profesionais como son Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro, e Yolanda Castaño, poeta e entre outros proxectos organizadora do “Poetas Di(N)Versos”. Con eles fixemos un percorrido por certas técnicas de programación nos ámbitos nos que traballan, puidemos coñecer proxectos interesantes e abordamos algúns tips para economizar os recursos, sobre todo pola banda de Yolanda.

 

2018 01 31 libro e artes escenicas 2Na primeira parte da aula, estivemos con Paulo Rodríguez.  Explicounos os tres niveis do teatro: político, estratéxico e operativo.  Tamén nos explicou o que polo menos na miña opinión resultou máis interesante: a lóxica e criterios aos que debe atender un xestor á hora de facer unha programación, sen buscar sinxelamente o cheo do teatro, o cal non é o único importante, e menos nunha institución pública.

Para explicar isto Paulo apoiouse nun dos proxectos que coordina como é o TRC DANZA, que atende a uns criterios moi marcados como pode ser a filosofía da programación expandida, concepto que parte da interrelación do público e o artista facendo unha comunidade na que todos xeren contidos e compartan experiencias. E con este punto de partida a programación consta de catro patas fundamentais como explican na páxina web:

  • A apertura das claves da obra do artista convidado coas distintas comunidades locais, por medio do deseño específico de accións que relacionen ao artista e a cidadanía máis aló da presentación no teatro.
  • As colaboracións cos distintos espazos e comunidades desta cidade de forma plural, diversa e inclusiva.
  • A responsabilidade de xerar elementos que contextualicen de xeito adecuado a todos e cada un dos artistas convidados.
  • O empeño por visibilizar de forma rigurosa, específica e cuidada as experiencias que nos brinda este programa.

 

Ademais disto tamén resultou moi interesante na parte de Paulo coñecer o método de pagamento do Teatro Rosalía de Castro, co seu escalado de prezos, e  incluso o seu método, na miña opinión acertado, na que se promove á xente a ir ao teatro, facendo un desconto do 50% a aqueles grupos que sumen 20 persoas.

Por último, desta primeira parte tamén destaco que nos explicase en que se enfocan os diferentes espazos culturais públicos da cidade da Coruña, como por exemplo, o Fórum Metropolitano, orientado a un público familiar, infantil, á maxia e para teatro non profesional; o Ágora, no que ten lugar o Bebé escena e un ciclo de circo, ou o teatro Rosalía de Castro, orientado máis a un teatro profesional e para un público adulto.

 

 

Despois do descanso, e do café regulamentario, na segunda parte da aula, estivemos con Yolanda Castaño.2018 01 31 libro e artes escenicas 4

Ela abordou a sesión explicando os seus proxectos, como é o Poetas Di(N)Versos, un dos poucos ciclos fixos de poesía en España, e que pon mes a mes un poeta galego/a xunto con un estranxeiro/a través dun fío condutor común, involucrando tamén a diferentes librarías de Coruña que se suman ao proxecto cun pequeno posto de venta ao finalizar o evento, que tamén é gravado.

O que resulta tamén interesante é a forma de promocionar un evento que sucede un día ao mes, e no cal Yolanda nos comentaba como optara por roldas de prensa trimestrais, e tamén como resulta lóxico anunciar ao final de cada sesión a data da seguinte.

Outro dos proxectos que nos comentou Yolanda foi  Con barqueira e remador, un obradoiro de tradución poética internacional da Illa de San Simón, o cal resultou ben curioso de coñecer.

Da súa sesión destaco os tips que deixaba entrever mentres explicaba os seus proxectos, como poden ser:

  • No caso da xestión de públicos do ciclo de poesía, a busca das especificidades dos poetas invitados resultaba interesante para contactar con eses colectivos que coincidían nesas especificidades dos poetas. Como por exemplo: se un poeta fala do fogar e da súa estrutura os estudantes de arquitectura poderían estar interesados.
  • Por outra banda, máis relacionado coa economía de recursos e partindo de novo do proxecto Poetas Di(N)Versos, pero que é aplicable a case calquera proxecto, falounos da importancia de coñecer a rede do sector no que nos movemos para solventar de xeito mais económico a loxística de traer, no caso de Yolanda, un poeta estranxeiro. Por exemplo, se un poeta é americano, pero xusto a semana do teu evento está en Londres, semella lóxico pagarlle a viaxe unicamente dende Londres.
  • Tamén relativo a economizar recursos e que resultou interesante coñecer, Yolanda falounos dos programas de mobilidade de certos países que en ocasións poden abonar o transporte, como poden ser as propias embaixadas, Acción Cultural Española, o Instituto Iberoamericano de Finlandia ou o Instituto Polaco de Cultura.

2018 01 31 libro e artes escenicas 1

Finalmente as 20:30 rematamos a aula e como é tradición dirixímonos ao Cesto para tomar unha caña.