Entries by

Marco europeo e cooperación cultural internacional. Cristina Farinha.

Por Belén García Pichel. Na súa aula do venres, Cristina Farinha falounos fundamentalmente de como se estrutura o financiamento destinado á cultura na Unión Europea e máis concretamente do programa Europa Creativa, asunto que centrou a maior parte da sesión. Despois dunha interesante introdución sobre a súa experiencia laboral, sempre arredor do sector cultural ao longo de vinte […]

Emprendemento nas industrias culturais e creativas. Fernando Prieto

O pasado venres tivemos no Curso a Fernando Prieto, emprendedor no sector dos contidos dixitais e consultor de crowdfunding. Licenciado en Dirección e Administración de empresas polo CUNEF de Madrid, foi durante 8 anos director da Fundación Caixa Galicia da Coruña. É socio de Estudio Gato Salvaje, a primeira produtora de videoxogos española que presentou o seu […]

Patrocinio e mecenado. Beatriz Fontán.

Por Ana Mª Costas Carbajal. Comezamos esta estupenda sesión identificando cada quen o seu grao de enerxía (que nalgúns casos non chegaba nin a un 2) e escribindo nun post-it que agardabamos desta clase. “Implicar ás empresas é un fin social”: dende esta premisa queda claro que temos que ampliar a implicación económica nun proxecto máis aló da […]

Unha visión da cultura desde a economía. Pau Rausell

Presentábase o recoñecido experto en economía da cultura, Pau Rausell, chanceando sobre as dificultades que tería en impartir a aula en galego, aínda que, cunha refinada ironía ¨marca da casa¨, deixaba caer que estaría disposto a facelo en valenciá de ser suxerido polos alí presentes. As expectativas que xeraba esta primeira sesión do trimestre final […]

Canto nos custan as ideas? Bases para o deseño orzamentario. Miguel Martín.

Por Fernando Rei Maio. Os prolegómenos á clase de hoxe resultaron obvios e inevitables. Coas melodías copleiras aínda latexando nalgúns corazóns nocturnos, o transvase de información sobre: baixas, danos colaterais, carteiras adelgazadas, inxesta de armas químicas no día despois (paracetamol ou derivados), prensa de guerra, etc., era normal que esas ansias de transmisión sobre datos […]

Marketing e comunicación cultural con Sonia Díaz.

Por Xurxo Blanco Fariña. Na aula do pasado venres visitounos Sonia Díaz, especialista en comunicación cultural, para falarnos da comunicación dun proxecto cultural. Comezou explicando o deseño e execución dun plan de comunicación. Primeiro facemos unha diagnose baixo o DAFO, un resumo deste e unhas recomendacións. Despois apuntamos os nosos obxectivos de comunicación en cuantitativos e […]

Xestión e coordinación de exposicións con Agar Ledo

Por Sol Álvarez Soto. “Griegos, romanos, son todos humanos. Mientras vivieron columnas construyeron” Así comeza a canción HDA (Historia da Arte) de Las Bistecs. E esa é unha conclusión sinxela pero tremendamente complicada de acadar para unha antiga estudante de Belas Artes na Facultade de Pontevedra, como é o meu caso. O pasado venres tivemos o pracer de […]