Marketing e comunicación cultural con Sonia Díaz.

Por Xurxo Blanco Fariña.

Na aula do pasado venres visitounos Sonia Díaz, especialista en comunicación cultural, para falarnos da comunicación dun proxecto cultural.

Comezou explicando o deseño e execución dun plan de comunicación. Primeiro facemos unha diagnose baixo o DAFO, un resumo deste e unhas recomendacións. Despois apuntamos os nosos obxectivos de comunicación en cuantitativos e cualitativos.

Unha vez temos os obxectivos, creamos un cadro para a definición dos nosos públicos (xeograficamente, por idades, por soportes empregados …) e a selección destes soportes, accións e materiais, ou sexa os medios, webs e redes e a comunicación directa.

2. Taboa publicos

Definimos a nosa estratexia de comunicación do proxecto que esquematizamos en diferentes beneficios: funcionais, emocionais, proxectivos, persoais, esencia de marca e identidade estendida.

Para a proposta xuntamos os nosos públicos cos nosos valores e resolvemos o proceso para cada público receptor, o contexto, a canle, o código e a mensaxe,, e encaixaremos todas as pezas, definindo unha mensaxe para cada un dos nosos públicos.

Definimos as accións que podemos levar a cabo para achegarnos a cada público. Pensamos as accións en función das distintas canles (medios, web e RRSS e comunicación directa) e os diferentes materiais que precisamos para cada acción (textuais, visuais, audiovisuais, dixitais, impresos …)

Unha vez definido todo o anterior, creamos o noso cronograma para xestionar os tempos e datas da nosa comunicación.

Para terminar a nosa estratexía crearemos un orzamento con especial atención ás datas de entrega e pagamento. É moi importante ter un mínimo dun 30% do orzamento total do proxecto para comunicación, algo que non se soe cumplir na nosa contorna.

2016 03 04 - Sonia Díaz_edited-1

Finalmente, na segunda parte da tarde, falamos e analizamos por grupos de proxectos, as nosas estratexias de comunicación e, nos últimos minutos da xornada, explicámolas resumidamente.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*