Entries by

Da idea ao anteproxecto. Con Diego V. Meizoso

Despois de varias sesións en liña volvemos á presencialidade na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para a aula de Diego V. Meizoso, docente e titor do Curso, adicada a como desenvolver unha idea ara convertela en anteproxecto. Na sesión debullamos as ideas, conceptos e estrutura básica na que se debe asentar asentar a chamada […]

Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó

Había moita expectación sobre como resolvería Diego Parajó esta sesión, asociada ás dinámicas en equipo, a proximidade entre as persoas e ducias de posits de cores xestionados de maneira colaborativa. Dadas as circunstancias sanitarias e os protocolos de seguridade implantados na USC, esta sesión -tal e como a coñeciamos das cinco edicións anteriores- non era […]

Economía da cultura. Con Pau Rausell

Unha edición máis a sesión de Economía da Cultura estivo facilitada por Pau Rausell, profesor da Universidade de Valencia e director de Econcult, un  centro académico de referencia internacional, a quen tivemos o pracer de recibir, nesta ocasión, na aula en liña. Sempre se ten un certo medo a que o formato dixital reste intensidade […]

Estratexias de comunicación dixital para institucións culturais. Con Araceli Corbo

Por Ángel Sánchez Chegamos a última clase desta edición do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural  da man de Araceli Corbo, responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC, o Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León. A sesión exposta por Araceli Corbo tratou das estratexias de  comunicación dixital en organizacións culturais. Nunha primeira parte da exposición, coñecemos o funcionamento do MUSAC e como, dende a […]