Economía da cultura. Con Pau Rausell
Unha edición máis a sesión de Economía da Cultura estivo facilitada por Pau Rausell, profesor da Universidade de Valencia e director de Econcult, un centro académico de referencia internacional, a quen tivemos o pracer de recibir, nesta ocasión, na aula en liña.
Sempre se ten un certo medo a que o formato dixital reste intensidade ao discurso, pero dende logo non foi o caso desta sesión, que un ano máis resultou moi inspiradora (a cultura como factor de desenvolvemento económico) e a sólida argumentación que neste sentido aportou Pau.
A Economía da Cultura analiza as actividades dos sectores culturais e creativos, pero tamén todas aquelas dinámicas, sociais e territoriais que interaccionan dalgunha maneira coa dimensión simbólica, a creatividade ou a innovación.
Con el trazamos unha panorámica xeral, historia e principais debates actuais dentro da Economía da Cultura, pero tamén coñecemos casos nos que esta disciplina propiciou novas perspectivas sobre industrias e mercados culturais, sobre o impacto da cultura noutros sectores ou sobre algún aspecto das políticas culturais.
E, por suposto, tamén nos ocupamos da evolución do modelo cultural estatal e europeo, das perspectivas de financiamento cultural e miramos ao futuro, marcado polo impacto da covid-19.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!