Da idea ao anteproxecto. Con Diego V. Meizoso
Despois de varias sesións en liña volvemos á presencialidade na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para a aula de Diego V. Meizoso, docente e titor do Curso, adicada a como desenvolver unha idea ara convertela en anteproxecto.
Na sesión debullamos as ideas, conceptos e estrutura básica na que se debe asentar asentar a chamada dimensión externa dun proxecto cultural, unha vez realizado o proceso de diagnose do contexto no que se quere intervir, como é o caso. E tendo en conta que, en paralelo a este proceso, xa nos achegamos á participación cidadá, ás técnicas de creatividade, á economía da cultura e aos obxectivos de desenvolvemento sostible entre outros ámbitos da xestión cultural; é dicir, que xa contamos con coñecementos que nos poden axudar a concretar posibles liñas de desenvolvemento dun proxecto.
Para “saltar” da idea ao anteproxecto iso centrámonos nos apartados descritivos do mesmo, debullando os distintos ítems nos que se sostén a fase de anteproxecto, e que explicarán a contextualización, obxectivos e persoas (impulsoras e públicos) da nosa proposta.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!