Comezamos o curso 2022-23 debatindo con Marcos Lorenzo sobre políticas culturais
Tiñamos moitas ganas de que chegara o 7 de outubro para recibir ao noso alumnado e poñernos cara e, por fin, o día chegou. O Curso comezou na cafetería da facultade, xa que foi o punto de encontro inicial no que atoparnos e dirixirnos xuntas á aula desta sétima edición.
Como vén sendo habitual, acompañáronos nesta primeira sesión Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez, profesores da facultade de Ciencias Económicas da USC e co-directores do Curso, como anfitrións da benvida na que tamén participaron os promotores do CEUXiC, Marcos Lorenzo e Sergio Lago.
Houbo tempo para presentacións e unha primeira toma de contacto máis social, trala que chegou o momento de entrar en materia co primeiro contido do programa do CEU en Xestión e Innovación Cultural: da man de Marcos Lorenzo, achegámonos ás políticas culturais públicas dende unha perspectiva galega.
A quen se dirixen as políticas culturais?
A segunda parte da sesión estivo sobre todo marcada polo debate arredor de cuestións como que son políticas culturais, a quen benefician ou a quen se dirixen. E reflexións relacionadas cos non-públicos da cultura, o buenismo do discurso tan recorrente de que a cultura é boa de por si ou a distinción entre prácticas culturais e consumo cultural.
Unha sesión dinámica e intensa que serviu para aterrar en varios conceptos sobre os que seguiremos afondando e tamén para coñecernos un pouquiño mellor. Para iso, continuamos o debate fóra da facultade, onde ás veces acaban de asentarse ideas e agromar prometedores proxectos 😉
A semana que vén seguimos a #aprenderfacendo #aprendercompartindo!
Trackbacks & Pingbacks
[…] Esta edición estamos a falar moito de políticas e dereitos culturais. Fixémolo xa na primeira sesión, na que tivemos ocasión de profundar e debatir da man de Marcos Lorenzo sobre políticas culturais en Galicia. […]
[…] Esta edición estamos a falar moito de políticas e dereitos culturais. Fixémolo xa na primeira sesión, na que tivemos ocasión de profundar e debatir da man de Marcos Lorenzo sobre políticas culturais en Galicia. […]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!