Outra visión das estratexias e metodoloxías no patrimonio

Por Eduardo Martínez

Que relevancia ten o patrimonio, canto impacta en cada un de nós (sexamos axentes da cultura ou persoas particulares), que pode aportar este enfoque no contexto da cultura, a quen e en que pode beneficiar este factor cultural?. Que destacar da sesión de Manuel Gago?

Unha das percepcións que máis resoa como ouvinte (da sesión holísticamente estructurada) de Manuel Gago, ésta na perspectiva do enfoque mesmo do título. Dende o intre que establecemos “estratexias e metodoloxías” xa podemos partir dunha intencionalidade. Cal é?, Seguramente sexa máis de unha, e ben seguro a resposta ou respostas den conta das interrogantes plantexadas no primeiro párrafo desta percepción persoal, ao tempo que poida ser alentadora do ben común.

Antes de proseguir, dicir que como ouvinte, a motivación deste curso, e de escoller esta sesión de Manuel Gago deriva do interese persoal no ben común. A intencionalidade é o que sobresae o que brilla e o que compre destacar como traballo persoal.

Seguindo a percepción persoal, cabe desenvolver, ou tentalo, a que ben poñer a énfase na intencionalidade das estratexias e metodoloxías que anticipou o título da sesión exposta. A sesión pódese ler a diferentes niveis, e todos eles resoan na percepción ou inquedanzas satisfeitas do observador que tenta aportar aquí unha visión externa.

  • A quen van dirixidas as “estratexias e metodoloxías”?
  • Que poden aportar as “estratexias e metodoloxías”?
  • Compre facer unha análise previa da porta ou persoas receptoras das propostas “patrimoniais”?

Baixo este “enfoque” cabe desenvolver a análise que nos ocupa.

A sesión de Manuel Gago estivo precedida pola visita ao Museo das Peregrinacións. Alí tivemos ocasión de coñecer os criterios de selección das obras que expoñen. Tamén puidemos facernos unha idea de procedementos, intereses, xestión en definitiva dun ente cultural. Co descoñecemento de se foi casual ou non, o caso é que a sesión de Manuel colle unha perspectiva dimensionada. Por unha banda vimos unha práctica sobre a xestión dun museo, e de seguido puidemos ver unha clase-análise teórica que pode ser moi interesante contrastar coa “experiencia práctica” do museo. Tentando cumprir co compromiso sinceiro de desenvolver o presente traballo, aquí radica o que pode ser de interese xeral.

Hai concordancia entre a práctica e as estratexias e metodoloxías na xestión cultural?

Por último e tentando cumprir a encomenda citar un par de enlaces (á falta de imaxes) ao fío que poidan aportar contexto. A intención é sair da ollada interna e plantexarse dende actitudes abertas a contrastes:

Caso 1 Fuente: El País; “Museos en transformación: innovación, inclusión y futuro”. Aquí plantéxase o factor temporal que se contrapón coa sesión analizada.

Caso 2 Fuente: El Mundo; “El museo del futuro está a 23 minutos de Madrid, sin control de seguridad, escucha al público… y con prestigio mundial: “Si vas a Londres, ¿te da pereza venir hasta aquí?”. Neste caso sobresae a reflexión a carón de novos paradigmas de espazos públicos.

Como remate desexar poder ser de utilidade e aportar, ainda que sexa dúbidas, ao interese xeral. Para un observador da encomenda aquí desenvolta, compre abranguer as reflexións máis que as afirmacións ou a adxetivación, do que pode dar a sesión de seu. Desculpas tamén no caso de que se esperase un exercicio de valoración ortodoxa.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*