Presentación dos traballos de diagnose do alumnado

Que rápido pasou o tempo! Parece que hai nada que comezou o Curso e hoxe mesmo o noso alumnado presentou os traballos de diagnose sobre os proxectos ou entidades culturais sobre as que decidiron traballar.

Polo camiño quedan unha ducia de sesións adicadas ao marco profesional da xestión cultural e á analise e planificación estratéxicas, da man de diversos docentes e titores que axudaron a que o noso alumnado puidera ampliar o seu coñecemento sobre o eido cultural e, de rebote, a súa visión crítica e construtiva sobre os proxectos escollidos. Que, por certo, son a Biblioteca Pública Ánxel Casal (Compostela), o Museo do Pobo Galego, a Fundación RIA e a Fundación Uxío Novoneyra (O Courel).

Tamén quedan atrás as primeiras semanas de traballo en equipo, que serviron para coñecerse pouco a pouco, aprender facendo e tecer rede.

As presentacións en pechakucha sirven para aprender a expoñer de maneira concreta conceptos e ideas e facilitan, na dinámica que propoñemos, a interacción co resto do grupo, que pode facer consultas e aportar ideas e suxestións. Como así foi, porque a idea desta formación é, tamén, aprender compartindo.

Tras esta sesión chegan as máis que merecidas vacación de Nadal e á volta, alá polo 10 de xaneiro, comezaremos o trimestre adicado ao deseño e xestión de proxectos culturais. Pero iso será xa o ano que vén… de momento, felices festas! ;)

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*