As prácticas en empresas e entidades culturais completan a experiencia formativa

O CEU en Xestión e Innovación Cultural desenvolve as súas aulas entre outubro e xuño, pero o curso non finaliza ata o 30 de setembro. Que se fai nese tempo? Pois o alumnado que o desexa, desenvolve prácticas profesionais en empresas e entidades do sector cultural.

Ditas prácticas son de carácter voluntario e supoñen unha oportunidade de coñecer e conectar co ámbito cultural profesional en xeral e con ámbitos concretos (artes escénicas, museos, festivais de cinema ou musicais, etc,…) e de incrementar os coñecementos adquiridos da man das docentes que cada ano participan no Curso.

Dende a primeira edición ata a actual moitas empresas, organizacións, institucións e colectivos culturais teñen colaborado co CEUXiC, proporcionándolle ao noso alumnado a posibilidade de coñecer dende dentro, e participar activamente, no desenvolvemento de diversas actividades e proxectos. Nalgúns casos, estas experiencias teñen sido o precedente de relacións laborais ou colaboracións de carácter profesional posteriores. Pero o que está claro é que sempre supoñen unha oportunidade de #aprenderfacendo!

As prácticas desta sétima edición

Este curso 2022-23 o noso alumnado completou a súa formación con Asociación Fanto Fantini (Festival Osa do Mar), Ainé Producións, os festivais Sinsal e Curtocircuíto, así como o Museo do Pobo Galego, a Cidade da Cultura, as promotoras Esmerarte e PlayPlan , a Asociación Redes de Sal (festival Mar de Mares) e a empresa Daexga.

Nuns días, esta etapa chegará ao seu fin e con ela a sétima edición do Curso de Expert*Universitari* en Xestión e Innovación Cultural!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*