Avaliación e análise de datos para a toma de decisións en cultura. Con Andreu Garrido
Por Sabela Souto
Na aula do venres 28 de abril tivemos unha visita moi necesaria se é que queremos programar algunha vez da nosa vida ben, ou polo menos sobre unhas bases que nos permitan saber si que o que estamos facendo está ben. O caso, na aula do 28 de abril visitiunos Andreu Garrido, director de consultoría de Teknecultura e do que resalta, entre outras moitas cousas, que durante un tempo da súa vida foi presidente da Associaciò de Profesionales de la Gestió Cultural de Catalunya. Vamos, que así a simple vista xa podiamos intuir que o Garrido (non se intuía só porque sexa catalán, vale? Alí controlan moito eh!) controlaba e nos ía dar moitos bos consellos e sobre todo, boas técnicas, se queremos continuar nisto da xestión cultural.
Análise de datos no eido cultural
Andreu Garrido, como buen catalán, hace cosas. Primeiro andivo nas artes ao vivo e o patrimonio, logo meteuse no marketing e agora especializouse nalgo ESENCIAL (isto creo que nos quedou claro durante todo o curso) como é a Xestión de Públicos. Agora paso a explicar un pouco segundo as miñas palabras que é isto. Pois mirade, coa xestión de públicos o que facemos é levar a cabo unha avaliación e análise de datos que nos proporciona un usuario do noso servizo cultural para así poder tomar unha decisión o máis acertada posible á hora de desenvolver o noso traballo como xestores e xestoras. É dicir, ti para vir ó evento/o que sexa que eu organice, dasme unha serie de datos como poden ser pois… a túa idade, a túa nacionalidade, de onde vés… e eu con eses datos fago unha ficha xeral do público que vén e segundo isto para a seguinte vez poderei facer algo que responda mellor ás necesidades que obtiven. Ti velo así e dis, a ver, é super lóxico que se faga isto, porque así temos máis posibilidades de triunfar con iso que fixemos. Vale, pois non se fai moito… por iso precisamos que o Andreu Garrido visite a nosa aula e nos conciencia do bonita (a verdad é que bonita é pra quen lle gusten os datos. De feito o proceso polo que se recollen estas respostas chámase datificación) e sobre todo ÚTIL E NECESARIA que é a xestión de públicos.
Imos meternos xa en cuestión. Non todo é ter eses datos, obviamente. O caso é saber interpretalos! Basicamente entón o que debemos facer é coñecer eses datos e despois saber como segmentalos. É por isto que Andreu Garrido na súa empresa Teknecultura traballa rodeado de científicos de datos e desenvolvedores de software. Que non, que con este curso non vas aprender a analizar un sinfín de datos do teu público, pero si que vas aprender a quen debes contratar se queres facer isto ;), me gusta.
Ademais, dende Teknecultura o que fan é crear as súas propias solucións para análise de datos, é dicir, que xa sabes a quen contratar se precisas saber que quere o teu público e sobre todo aqueles que aínda non o son. Non vas estar ti mirando a ver quen vén e quen non vén de onde é e de onde non é, non, pra iso hai empresas como Teknecultura. A ver, que quede claro que tamén o podes facer ti, pero a un nivel máis básico que esta xente.
Análise de que datos?
Como dixen antes, no ámbito cultural estas prácticas aínda non están moi estendidas. A datificación é unha consecuencia da dixitalización. Cando as novas tecnoloxías se democratizaron, é dicir, cando empezamos todos a usar o móbil a tope, comezaron a xerarse datos e datos e datos e datos de todo o que facemos. Estes datos teñen información sobre nós, e non é o noso número de conta e a nosa dirección, nin nos están espiando polo micrófono (creo), simplemente nós andamos navegando e clickando en cousiñas e esas cousiñas valen moito diñeiro pra quen nos quere vender outras cousiñas. Segundo Andreu Garrido, os datos son o petróleo do século XXI, imaxínate. Pero o sector cultural quedouse algo atrás respecto aos demais, e a cause é… tatatatatachán… a pouca inversión en cultura!!! Ogallá se sorprendera alguén.
A verdade é que a xente cando escoita falar de que os nosos datos andan circulando por aí bota as mans á cabeza pero, que coñece realmente unha persoa que analice eses datos? Pois en cultura…
- O contexto desa persoa (social, político, económico) no que se implanta un proxecto.
- Axúdannos a definir obxectivos e avalialos.
- Coñecemos a audiencia.
- Permítennos avaliar a curto prazo as nosas accións e comunicación.
- Permítennos tomar decisións estratéxicas e ofrécennos a capacidade de cambio e adaptación a un novo contexto.
Sen estes datos o que adoitamos facer é priorizar a acción sobre a reflexión, facer menos e avaliarnos máis, non establecer obxectivos concretos, aprender pouco (non evolucionamos no noso proxecto) e basearnos na intuición. Porén, se somos donos destes datos poderemos:
- Priorizar o coñecemento que precisamos.
- Avaliar dunha maneira máis sistematica.
- Trasversalizar o coñecemento.
- Optimizar os resultados cada pouco tempo.
- Obter a capacidade de cambio e adaptación ao contexto cambiante.
E sobre todo, perder o medo a innovar por se non obtemos un resultado peor ao que “sempre se fixo”.
Outra pregunta importante: como obtemos estes datos?
Pois o primeiro que precisamos é preguntar ben, é dicir, facer preguntas concretas para obter os resultados que queremos obter. Despois disto, vén a técnica para a que precisamos equipos e ferramentas como as que nos podería facilitar neste caso Teknecultura, aínda que hai outras plataformas e outras formas de chegar a estes datos (por exemplo nas redes sociais podemos obter datos base que nos poden servir para avaliar a nosa estratexia de comunicación).
En resumo, Andreu Garrido deunos moitas pistas sobre que é isto do análise de datos, e sobre todo axudounos a comprender a utilidade de poñer en uso estas técnicas. Deixounos ben claro que para programar ben temos que coñecer ás persoas para as que estamos programando, non persoalmente, senón a través de datos que elas mesmas nos van proporcionar. Estivo xenial!
Se queremos éxito xa sabemos algo máis do que debemos facer!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!