Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais
Por María Sotelo
A sesión do xoves dividiuse en dúas conversas, a primeira baseouse na comunicación cultural dende o punto de vista dos gabinetes. Nela contamos con Lucia Pita e Andrea Villa. Lucia é xornalista, pero dedícase a comunicación cultural. Traballa na cidade da Coruña, na súa propia axencia de comunicación, The Office Comunicación, que comparte con outras cinco socias. Concretamente dedicase a acompañar aos seus cliente no proxecto cultural que teñan entre máns, para axudarlles a decidir que queren contar, como, onde, a quen queren chegar e cales son os valores que queren transmitir… Algúns dos proxectos nos que traballan son: Proxecto lugares, da Xunta e Fundación La Caixa, ou festivais como o Sin sal.
Andrea é xornalista e produtora. Forma parte de NóComún, traballa no gabinete de comunicación no parlamento de Galicia e tamén na Radio Galega. Formou e forma parte de proxectos como: festivais de música (Son Rias, Viva Nigrán), festivais de cine (S8, Festival de Cans ) ou o Carballo Interplay e tamén ten traballado en película e series.
Ao longo da conversa xurden diferentes cuestións:
Dende o punto de vista da xestión cultural, hai consciencia da importancia do traballo dende as areas de comunicación?
Andrea considera que no ámbito político é algo que conta con un gran valor, entendendo que é unha parte fundamental e imprescindible da xestión, e facilitándolle (na medida do que o presuposto o permite) todo o que precisan. Por outra banda, tanto Lucia como Andrea consideran que o papel que xoga a comunicación dentro da cultura incrementou o seu valor dende o comezo da pandemia, onde se viu claro a transcendencia real deste traballo. Comprendendo que non só serve para vender tíckets, se non tamén para crear comunidade, sinerxías e vínculacións na sociedade.
En que momento do proxecto debería comezar o traballo de comunicación?
A importancia da transversalidade é algo que destaca Lucia, que considera que o traballo de comunicación ten que formar parte do proxecto dende o primeiro momento, cando comeza a deseñarse. Andrea destaca algo importante, que o “cando” tamén o decide o presuposto do que dispoña o cliente para poder asumir o custo do servizo.
En pelis e series, incorporarse pronto permite que máis tarde optimices recursos; nos eventos audiovisuais ou musicais recomenda incorporarse no momento no que se comeza a programar, axudando así a venda de tíckets. Por a contra, nun disco, pódese entrar a traballar xa no momento final da creación, xa que non inflúe tanto. Polo que entendemos que depende moito do proxecto concreto.
Ambas poñentes destacaron que se precisa duns mínimos para arrancar calquera proxecto, que son:
- Uns bos textos e fotos de promo.
- Nota de prensa de calidade.
- Xestión de medios, máis ou menos grande, dependendo da dimensión do traballo.
Dende a parte dos medios deronnos varios consellos, entre eles buscar complicidade, é dicir, observar a que xornalista lle pode interesar máis o teu proxecto
A comunicación cultural dende a perspectiva dos medios.
Para esta parte da sesión contamos con Belén Regueira, de formación xornalista que na actualidade traballa na Radio Galega, no que ela chama “sección” (digo “ela chama”, porque nos comenta que non teñen esta división na radio) de cultura, máis concretamente conducindo o progama Diario Cultural no tramo de emisión de 17:30 a 18:00h.
O outro convidado foi Manuel Xestoso, tamén xornalista, el de prensa escrita. Traballa en NósDiario e é único traballador da sección cultural, é “o xefe” como él se autodenomina. Leva toda unha vida dedicada ao xornalismo cultural polo que se entende un xornalista especializado, algo que afirma, escasea na actualidade. Entre outras cousas pola precarización que sofre a profesión nos últimos tempo.
En NósDiario contan aproximadamente con cinco páxinas de cultura e dúas de axenda, sendo isto algo excepcional que non pasa na maioría de prensa. Pensa que uns dos grande problemas que ten o sector nestes momento é a dificultade que existe para distinguir o xornalismo cultural da publicidade. Ao igual que na primeira conversa, foron saíndo a palestras diversas preguntas.
Que deberiades recibir de parte dos xestores culturais? Que creedes que lle debería chegar ao público? (Ideal de xornalismo cultural).
Ambos profesionais consideran que as notas de prensa que lle chegan por parte das persoas de comunicación acostuman a estar moi ben elaboradas e redactas. Confesando que en tempos de gran carga de traballo chegan a ir, en ocasións, volcadas tal cual no artigo en cuestión.
Dannos algúns trucos e recomendacións, como que os materias cheguen en tempo e forma, con marxe suficiente para poder planificar, e para que a persoa que vai ter que transmitir a idea dese proxecto poida ter tempo para debullala e así facerlla chegar ao público dun xeito claro e eficaz.
Confesan que as veces, a carga de traballo e tal que non hai capacidade de reflexionar e pensar sobre o produto que chega as súas máns, se merece a pena ou non que chegue a sociedade, como queremos que chegue, se o momento é o mellor…
Que busca a xente na sección de cultura?
Manuel comenta que a entrevista é o que máis se lee, con diferencia, creando moito interese nos seus lectores. Por o que se entende que o que se busca é o contacto co creador do proxecto cultural.
Que axuda a pasar os filtros de prensa?
Para pasar o filtro da presa recomendan:
- Unha boa nota de prensa
- Que a información e documentación chegue con tempo para poder encaixalo
- Que a información da programación sexa clara para poder orientar ao informador
- Ter acceso a materias de calidade nun repositorio de fácil acceso, no que se poidan atopar audios, vídeos, fotografías…
- Pode ser útil facer unha primeira comunicación privada, antes da nota de prensa, para adiantar información.
- Buscar complicidade co xornalista ao que lle estamos ofrecendo o proxecto, pensando a cal lle pode interesar máis, xa que non hai tanto especializados en cultura
Unha vez máis estas sesións estiveron cargadas de preguntas, debates e experiencias, que fan moito máis enriquecedora a nosa formación xa que nos permiten afondar en experiencias máis tanxibles de persoas que xa se atopan traballando no mundo da cultura
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!