A imaxe recolle un momento da sesión da economista Carme Casado. Na súa aula falou da relación entre cultura e Administración

Traballar desde/con/para unha entidade pública. Con Carme Casado

Por Yovana Quintana

Escollín o resumo desta clase polo tema (traballar dende a cultura en relación á Administración), que me parece especialmente interesante. Pero tamén por Carme Casado, a quen coñezo persoalmente e teño constancia do seu entusiasmo e do grao de coñecemento que ten sobre este tema.

Ás 17.04h comeza Carme Casado, falando do tema verdadeiramente de interese nestes últimos días, a canción que lle fixo Shakira e Piqué! Reflexionando e poñéndonos en situación sobre como monetizar o que facemos.

Carme cóntanos a súa experiencia profesional, como persoal da administración pública como compradores de proxectos, pero tamén como vendedores á vez, para outras administracións superiores ou outros contextos.

Nesta clase Carme trata de ensinar como nos podemos achegar cunha boa estratexia de venta dun proxecto, para iso debemos ter toda a información e coñecer a entidade coa que queremos traballar. Comeza unha clase chea de consellos, de boas ideas e sobre todo de aprendizaxe para desenvolverse coas administracións á hora de vender un proxecto cultural.

Estudo da Administración

As institucións públicas non son moi claras á hora de expoñer a información por iso hai que saber que é o que queremos saber para comezar a buscar. O primeiro que deberiamos ver é o que di esa entidade de si mesma, a súa finalidade legal, competencias, estatutos, documentación de carácter estratéxico, valores, ámbito de aplicación das iniciativas… Ademais de coñecer á institución temos que ver o grao de cumprimento dos seus plans.

A observación de que persoas ou entidades están contándonos os proxectos da administración danos pistas do grao de escoita activa ou de implicación que teñen co territorio, para saber si nos van escoitar.

Contamos cos apartados de transparencia e a relación de contratos a executar, que todas as institucións públicas teñen a obriga de ter, e o estado de contas ou tamén pode haber algún proxecto colgado no que podemos ver o que están dispostos a gastar. Débese contrastar os valores cos obxectivos da nosa proposta para ver a viabilidade.

Unha vez estudiado si presentar ou non o noso proxecto temos que ver con que ferramentas administrativas encaixa, para iso precisamos saber tamén con cales traballa esa entidade.

 

Ferramentas habituais 

 Existen diferentes ferramentas de contratación. O uso dunha ou doutra vai vir determinado pola administración contratante e o tipo de concorrencia, tamén atendendo ao obxecto do proxecto. Así atopamos dous tipos de fórmulas:

As suxeitas a competencia (obrígannos a competir en mercado con outras iniciativas similares a nosa, non permiten negociación previa) como

  1. Convocatorias de Axudas e premios e subvencións nominativas (que se formalizan cun convenio). Todas as administración teñen a obriga de publicar todas as axudas, concursos, subvencións, convenios na base de datos nacional de subvención. “Aprendemos a palabra MINIMIS -límite de subvencións que pode recibir cada empresa”
  2. Fórmulas de contratación: escolle a lei, depende do volume do contrato. A administración pode decidir utilizar unha fórmula de condición superior se quere. A maior grado de competencia maior dificultade administrativa:
  • Concursos: Analízanse igual que una convocatoria pero os premios polo xeral non se xustifican. Pódese acceder a un beneficio maior que o coste de produción. Dependen dun xurado. É difícil prever o resultado. Optar a premios ou concursos dan prestixio.
  • Contratacións por procedementos abertos: Concursos_ a administración está executando os seus fondos a través de procedementos de contratación. A administración decide o que quere facer e determina as condicións do contrato. Pódense consultar todos os pregos publicados
  • Procedementos abreviados: precisas convite, é importante que nos coñezan, sendo moi respectuoso cos procedementos da administración. Teñen un nivel de documentación bastante simple e hai un proceso de presentación de ofertas e o proceso de negociación é voluntario.
  • Contratos menores: vén determinado polo importe do contrato e pola temporalidade e previsión deste contrato. Precisas invitación e deberase ter un mínimo de tres ofertas. É a ferramenta de contratación máis habitual. Hai diferencias de criterio segundo a administración. O criterio de adxudicación é do persoal técnico.

As non suxeitas a competencia (nos permiten un espazo de negociación máis seguro): Fórmulas especiais, tipificadas na lei de contratos como tal que son contratos que pola súa natureza soamente se poden formalizar cunha entidade:

  • Patrocinio: A xustificación ten que vir dada pola notoriedade pública. Para poder xustificala precisamos métrica de asistentes e demostrar que  deste xeito se chega a un público ao que non se chegaría doutra maneira. Se non se cumpren as condición pódese cancelar o patrocinio.
  • Contrato por exclusividade: Cando queremos utilizar marcas que están rexistradas e explotadas e que a súa valoración de mercado ten que xustificar que compensa. Implica valoración técnica.
  • Contratos de servizos intelectuais: Considéranse dunha natureza de carácter intelectual e cunha especial complexidade.
  • Contrato de creación e interpretación artística e literaria e os de espectáculos: Están excluídos de concorrencia, veñen determinados pola particularidade do espectáculo.
  • Docencia: Falamos dun produto propio intelectual particular. Si estivera estandarizado habería que ir a concorrencia.
  • Subvencións nominativas/convenios: Regulados no Art. 6 Lei de Contratos e Lei de Subvencións. Con esta fórmula temos o 100% de negociación, todas as cláusulas son negociables. Os convenios pódense realizar si non ten sentido a concorrencia competitiva o interese xeral e competencia dos asinantes. Están regulados polas propias bases da entidade.

Claves

  • Canta máis información teñamos tanto da administración como dos documentos, pregos, etc… máis viable será o noso proxecto. Identificar o rol das persoas dentro da administración. Interesarse por proxectos doutros territorios e boas prácticas.
  • Temos que pasar un proceso de aprendizaxe por experiencia e preguntar, preguntar e preguntar os departamentos de contratación das administración!
  • Hai que ser conscientes de que as administracións teñen moitas restricións detrás e que veñen determinadas polas leis de subvencións que, ademais, son distintas dependendo da comunidade autónoma.
  • Hai que entender as claves para encaixar o noso proxecto.
  • Moi importante a denominación que teña o proxecto que vai determinar o tipo de fórmula de contratación que se pode usar, por iso hai que ser moi coidadoso e claro neste punto. Tamén axuda ter certa picaresca para que se axuste ao que queremos conseguir!
  • Coidado coa información que se presenta en fases iniciais para non regalar o traballo. Non regalar creatividades.
  • Tentar que figure todo na documentación, falar de cartos sen medo para ver a capacidade que temos de asumilo.
  • Avaliación do nivel de risco tanto económico, como de esforzo, como de tempo para valorar ben o noso proxecto.

 

Unha clase moi práctica e visual gracias ao traballo de recompilación de documentación. Tamén houbo un momento de reflexión de equipo sobre os nosos proxectos do curso. E moita e variada intervención dos compañeiros.

  

Quedo co slogan …

 A CULTURA XA NON CHORA A CULTURA FACTURA!!

Orgullo de industria

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*