A conexión co cliente e cos públicos, con Beatriz Fontán, e estratexias comerciais no sector privado, con Álvaro Pérez e Nacho Fungueiriño.

Por Nacho Grueiro

Nesta primeira parte de clase afondamos no patrocinio e mecenado da man de Beatriz Fontán, docente e titora do Curso. Facendo especial fincapé no que pasaba antes da covid e despois da covid cos patrocinios. Antes da covid as empresas que patrocinaban cultura eran as grandes industrias e empresas de gran tamaño, e facíano buscando unha responsabilidade social corporativa, mellorar a sua reputación e crear un sentimento de
marca. Pero tiñan problemas de coincidencias de públicos coa cultura, así como un dificil retorno ante tanto coste dos proxectos.
Despois da covid as empresas comezan a interesarse máis polo markenting de proximidade, e sobre todo, a creación e co-creación de contidos para alimentar as suas redes socials nunha época que vivimos de necesidade constante de creación de contido. As empresas con esto buscan:

  • Retorno
    • Imaxe corporativa e de marca
    • Contribución á construción da reputación empresarial
    • Obtención dun beneficio económico
  • Compromiso social
    • Supón unha avantaxe competitiva.
    • Responsabilidad Social Empresarial. apoiando unha actividadeprofesional socio-cultural REAL
  • Comunidade
    • Aumenta o valor da marca dentro dunha comunidade específca.
    • Favorece o compromiso ou engagement.
  • Contidos experienciais
    • Recoñecemento da marca a partirde feitos, accións e experiencias.
    • Material para alimentar os mediosconvencionais e non convencionais.
    • Favorece a difusión por parte dosconsumidores multicanais
  • Proximidade
    • Coincidencia Territorial
    • Proximidade aos clientes potenciais da marca
  • Infoxicación
    • Resulta máis económico que unha campaña de comunicaciónconvencional, en medios máis masifcados onde é máis fácilpasar desapercibidos.

Os principais medos á hora de patrocinar por parte dunha empresa son:

  • Descoñecemento do ecosistema da Cultura
  • Non indentifcación de oportunidades
  • Difcultades para a activación do patrocinio
  • Efecto espazo e tempo
  • Integración do patrocinio dentro do plan de comunicación global da marca
  • Métodos de avaliación complicados

O final da clase facemos un exercicio colectivo no que buscaremos a mellor maneira e os pasos a seguir para conseguir un patrocinio. sacando as seguintes conclusións:

1. Identificación dos valores do proxecto
2. Buscar marcas interesadas en patrocinar
3. Argumentario e puntos de encontro
4. Cita coa entidade patrocinadora
5. Establecemento win-win
6. Co-creación da proposta
7. Alimentar a relación
8. Avaliar
9. Renovar patrocinio

 

Conversa aberta sobre estratexias comerciais dende o sector privado

A segunda parte da aula centrouse nas estratexias comerciais dende o sector privado, da man de Álvaro Pérez, de Ainé Producións e presidente da Acadamia Galega do Audiovisual, e Nacho Fungueiriño, da cooperativa Culturactiva.

Na primeira parte da conversa tanto Nacho coma Álvaro danos unha visión xeral do funcionamento das dúas entidades, a súa maneira de traballar, a maneira de crear e co-crear os seus proxectos.
Culturaactiva nacida a traves dos festivais Cultura Quente e FestiClown adicase princiaplemte a a xestión e distribución tanto musical como teatra´l de proxectos tanto propios como alleos que estén acorde cos valores que a empresa ten.

Para a selección dos contidos dos proxectos que van facer fan fincapé en tres principais valores que teñen os proxectos que intentan vender que son precio, calidade e novidade. Sendo necesario un coñecemento actual do sector no que se encontran.

Tamén lle dan unha gran importancia á relación co cliente e monitorizar con eles os proxectos que están a facer. AINE é a única empresa de teatro comercial de Galicia, representando esto sobre un 70% do seu volume de negocio. Todos os seus contidos e obras son en Galego e son das poucas que están comezando a exportar teatro en Galego a outras comunidades autónomas.
As súas claves de éxito son rincipalmente dúas: moita xeración de contidos de calidade referentes os seus proxectos. Esto consígueno rodeándose de profesionais tanto de foto,vídeo ou rrss.
Estudio de públicos a través das ferramentas de ticketing e promoción dos seus eventos utilizando ferramentas de publicidade segregada coma pode ser Meta.

Logo a conversa xira en torno a temas como o futuro do teatro de Galicia que pasa por sair fora de Galiza, as dificultades para conseguir patrocinios, a valoración dos proxectos coas entidades locais e sobretodo as axudas públicas dirixidas ó sector que nunca van dirixidas ó mantemento da estrucutra empresarial e a de creación de proxectos.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*