Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó
Design thinking é a “capacidade de mesturar o pensamento converxente e diverxente en ciclos de desenvolvemento das ideas, ampliando ou pechando o fluxo da información en relación ña necesidade do momento”.
Dito así se cadra é difícil de entender, pero cando nolo explica Diego Parajó, titor do Curso e especialista nesta e noutras metodoloxías de innovación e deseño creativo, é moito máis sinxelo. 😉
Design thinking e outras metodoloxías
A innovación é necesaria á hora de pensar e deseñar proxectos culturais, que é o que nestas vindeiras semanas terá que facer o alumnado do Curso. E innovar pasa, segundo nos explica Diego, por explorar as interseccións de saberes, sensibilidades e realidades diversas.
Para facelo temos varias metodoloxías: pensamento disruptivo, hibridación e learning by doing ou prototipado de ideas. Ademais do design thinking, sobre o que traballamos na aula desenvolvendo varias dinámicas propostas por Diego.
A importancia da innovación
Pero antes, Diego falounos da innovación e da súa importancia. Comezando por explicar que unha innovación só existe cando ten estas dúas características:
- É unha novidade en si mesma ou renova algo que xa existía
- Ademais de ser inventada, é aplicada e empregada
Para a innovación hai estratexias, igual que hai diferentes tipos de innovación. E metodoloxías, como as que citabamos no comezo deste pequeno artigo. Coñecelas en profundidade pode axudarnos a tomar decisións sobre como abordar os nosos proxectos e como sostelos, dunha maneira viable, no tempo.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!