Foto de grupo da sétima edición do CEUXiC. Está tomada no xardín da entrada da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Son 26 alumnos acompañados por varios membros do equipo de titores

Pechamos o 2022 coa presentación dos primeiros traballos en equipo

Este venres celebramos unha sesión que adoita xerar moita emoción no alumnado: a da presentación dos primeiros traballos en equipo. Nesta sétima edición o foco do exercicio foi o desenvolvemento dunha diagnose dos contextos nos que cada equipo taballará nos vindeiros meses. Isto é, o Concello da Estrada, Betanzos, o Museo do Pobo Galego, a Academia Galega do Audiovisual e a Fundación Uxío Novoneyra.

Nestas últimas semanas, os equipos, apoiados por cadanseu titor, levaron a cabo un traballo rigoroso: investigacións, visitas, enquisas, entrevistas,… Todo o necesario para poder reflexionar e traballar sobre o coñecemento dos seus contextos. E as conclusións ás que chegaron puidémolas escoitar hoxe. Non podemos máis que felicitar a todos os equipos polo seu traballo nestes meses e polo mimo co que prepararon as súas presentacións!

 

Coma sempre, nesta sesión hai moitos nervios (e non será porque nós non lle quitemos ferro ao asunto!), pero tamén bo rollo e espírito construtivo, xa que titorxs e compañeirxs aportan suxestións, ideas e por suposto parabéns, aplausos e agarimo.

 

 

Iso sen esquecer a festa, porque esta sesión é a última do trimestre e por tanto a antesala do Nadal. Así que despois da exposición e da posta en común, pechamos a xornada na cafetería da facultade facendo unha das cousas das que se ocupa a xestión cultural: coidar da comunidade 😉

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*