Imaxe dun momento distendido da conversa, dende a perspectiva do alumnado. Sentados temos, de esqueda a dereita, a Sergio Lago, coordinador do Curso, e a María Lobo e Caren Suárez. Ambas participan na sesión compartindo a súa experiencia arredor do traballo cos públicos. Mocidade e diversidade, no caso de María, e persoas maiores da contorna rural, no caso de Carmen,

Experiencias prácticas no traballo con públicos: diversidade, mocidade, adultos maiores e conexión interxeracional. Con María Lobo e Carmen Suárez

Por Manu Nogueira

O xoves 15 de decembro, viñeron a visitarnos María Lobo e Carmen Suárez, dúas persoas vencelladas á cultura cunha perspectiva social moi interesante a través do seu traballo cos públicos, mozos e maiores respectivamente.

Comezou falando María Lobo sobre a súa experiencia coa mocidade en diversos proxectos que levou a cabo dende Gingko, entidade que se adica a moitas cousas, pero que todas teñen en común a comunicación e a educación.

Baixo a súa experiencia, o que mellor funciona á hora de traballar con públicos novos e coa mocidade é crear proxectos dende cero. Nos que os públicos sexan os protagonistas e nun espazo e contexto cómodo para elxs. Isto é clave. A consecuencia dun proxecto elaborado deste xeito é o inicio dunha comunidade, onde o proxecto en si queda nun segundo plano, xa que se hai comunidade, haberá proxectos. 

Crear comunidade é dificil e leva tempo, é necesario aprender a desfrutar do proceso e non pensar só no resultado.

Maiores, rural e tecnoloxía

Por outro lado, Carmen Suárez falounos sobre a súa experiencia en diversos proxectos, como Fálame de San Sadurniño, Teño unha horta en San Sadurniño ou o Chanfaina LAB. Son proxectos culturais onde a tecnoloxía xoga un papel clave. Ao traballar con personas maiores con gran descoñecemento sobre a tecnoloxía, tivo que empezar por ensinarlle cousas moi básicas e ao mesmo tempo útiles para elas. Así foise gañando a confianza da xente para logo afrontar outros retos e proxectos de maior envergadura.

Ten moito mérito o traballo que leva facendo Carmen durante anos en San Sadurniño. Moitos dos proxectos que promoviu ela foron recoñecidos con premios. Pero en San Sadurniño sempre será  “a rapaza dos ordenadores”.

 

Como concepto clave desta clase, quedareime que cando traballas en proxectos cun público específico, a única opción de que salgan ben é facendo que ese público sexa o principal protagonista do proxecto. 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*