Vemos ao alumnado do Curso en primeiro plano, escoitando atentamente a Cristina Farinha, que está de pé ao fondo da aula. Cristina fala de Europa e a súa visión da cultura como factor de desenvolvemento territorial. Un ámbito no que ela é especialista

Patrimonio, cultura e desenvolvemento territorial. Unha visión europea, con Cristina Farinha

As miñas reflexións: evolución, cultura e compromiso

Por María Faltri

Parte 1: Evolución e Cultura, un ser vivo que medra chamado Europa Creativa

Dende a miña pel, de nena filósofa, adolescente que alucinou co ciclo xeolóxico e bióloga universitaria que somentes traballou cantando e bailando nos escenarios, chego a este curso tan estimulante e a unha ponencia en concreto que escollín por un título que non amosaba o que dentro había. Pero todo chega no seu momento, e así o fixo Cristina Farinha, desplegando unha serenidade e profesionalidade moi inspiradoras. Emocioneime na súa charla porque levoume a un lugar onde puiden atoparme.

E deste xeito, comezo o que son as miñas reflexións.

Europa non é máis que o reflexo dos habitantes do seu territorio. Sociedades cada vez máis evolucionadas e conscientes, con maior capacidade de reflexión. En cada xeración trocan as premisas, pois as necesidades de cada comunidade varían en función do entorno no que se atopan.

Identificar as necesidades, sustentar a saúde e propiciar a confortabilidade son obxectivos de calquera sociedade dende os primeiros homínidos que habitaron as cavernas ata a actual Europa con fondos multimillonarios.

Non se pode entender a Cultura sen comprender a evolución da nosa especie dentro do reino animal. Do mesmo xeito que non se poden entender os proxectos europeos sen comprender que forman parte dun plan superior chamado maduración social.

A vida sobre o Planeta Terra foi construíndo tecidos cada vez máis complexos dende aquel primer ser unicelular ata a actual cidadanía europea con dereitos e obrigas.

O proxecto Europa Creativa, do que nos falou Cristina, vai urdindo un entramado de fíos que pretenden ser oportunidades para desenvolver ideas que transformen a sociedade, amplificando a capacidade de análise, de reflexión, onde atopar puntos de encontro entre as diferentes identidades, capaces de xerar terreos fertis onde xermolen iniciativas multiculturais.

A cultura actúa como compostadora orgánica, otorgando a capacidade de medrar con saúde e de xeito holístico ás sociedades convivintes.

Na actualidade, a autodeterminación individual, que libere de estereotipos e permita acadar o propio ser, é o proceso máis relevante dos que nos toca abordar. E ten como chave que abra as cancelas, a verdade e o autocoñecemento.

Empatía, respeto, cooperación, igualdade, identidade, son palabras que deben etiquetar os novos programas que aspiran a formar parte dunha Europa Creativa. O procesos para acadar os desexados fondos que nutran as nosas propostas, presentan barreiras que a priori poden resultar dificultosas de superar:

  • Redactar un bo proxecto, que plasme o embrión da nosa idea e a súa capacidade de aflorar, non é tarefa doada. Aprender a linguaxe e modus operandi destes circuítos pode ser un proceso que leve anos de investigación e un esforzo económico previo.
  • Adecuar o noso proxecto para unha correcta concreción do mesmo en competencia con outros parceiros que tamén aspiran a ditos fondos, buscando as posibles rutas dentro doutros programas fora do ámbito cultural, ( agricultura, pesca, cooperación,..) onde poden aparecer as nosas oportunidades
  • Acadar socios que compartan o noso proxecto é una das premisas obrigatorias para acceder a estos fondos, precisamos de aliados doutros países para comezar unha carreira profesional chea de oportunidades pero que demanda un alto nivel de compromiso e dedicación sen garantías de éxito.

Como conclusión desta primeira parte da ponencia de Cristina Farinha direi que Europa Creativa é un fondo de axudas para proxectos multiculturais, preparado para recibir propostas que axuden a desenvolver unha Europa comprometida coas persoas e a súa contorna.

Máis aló dunha visión idealista gubernamental, a miña opinión é que as persoas, e a nosa creatividade  e capacidade de amar, avanzan inevitablemente grazas á nosa evolución como especie, cara a unha realidade onde nos autodeterminemos e sexamos libres sen distincións.

A cultura é o que levas dentro do teu corazón,

a túa casa, a túa terra

e tamén a

túa razón !

Todos os días son victoria, e victoria somo nós!¡

 

Parte 2: As Capitais Europeas da Cultura, sementando compromiso.

Cando escoitamos capitais da cultura inevitablemente pensamos nos mausoleos arquitectónicos que destacaron nas últimas décadas. Grandes edificacións carentes de proxectos sólidos que xustifiquen a súa existencia. Os prexuízos estaban aí cando Cristina comezou a falar do proxecto de Braga27, e teño que recoñecer que o meu parecer mudou mentres avanzou a exposición do proxecto.

A Unión Europea promove esta iniciativa cunha serie de premisas que garanten os obxectivos da mesma: promover a riqueza e a diversidade das culturas europeas e a comunicación entre elas. Unha das premisas que sinala que esta proposta de capitais culturais é sustentable é que obriga ás candidatas a artellar un proxecto aprobado polo goberno local, que defina as políticas culturais de cada localidade, conta pendente na maioría das cidades grandes, medianas e por suposto pequenas, sendo os orzamentos locais os que aportan maior cuantía para desenvolver cultura.

Aquelas cidades que pretender optar a capital europea teñen que empezar a construír un sólido proxecto comezando pola base, o que asegura que, a pesar do veredicto final, son moitas as cidades que promoveron mellores prácticas culturais grazas ao impulso desta carreira.

O meu gusto polo símiles coa natureza, lévame a imaxinar un terreo ermo, onde con dificultade medran plantas de escaso valor. Este é o terreo no que está acostumada a moverse a nosa querida amiga Cultura, pero este proxecto de cidades culturais, actúa coma bolas de microorganismos esenciais que se lanzan para reactivar a vida nun monte despois do devastador lume, propiciando que por si mesmo reactive o ciclo vital.

En cada país son varias as cidades que compiten polo nomeamento, propiciando un traballo de reflexión, organización e programación que axiliza o traballo do xector cultural dun xeito que doutro modo non tería sido.

En concreto, Braga27 mostrou un alto nivel de traballo que, independentemente do resultado final chegado o momento, colleitará as benzóns da sembra consciente, refrescando a faciana da cidade, propiciando a capacidade de análise para atopar puntos de encontro dentro das novas realidades multiculturais, en convivencia co pasado reciente.

O cambio de era xa está aquí, e a candidatura de Braga 27 non é allea a este novo paso da evolución social, marcando como eslogan da súa campaña a palabra contemplación.

A industria deu paso á tecnoloxía, e agora que xa estamos cargados de equipamento cómpre parar para reflexionar, e a espiritualidade preséntase como un lugar común onde poder atopar empatía, verdade e serenidade.

Emocionoume descubrir que a vangarda cultural camiña cara a un templo onde poder practicar a contemplación.

Todos os días son victoria, e victoria somo nós!

 

Obrigada, Cristina!

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*