Desenvolvemento de negocio no sector cultural e creativo. Con César Abella
Por Marcos Rodríguez
Nesta sesión do Curso tivemos a César Abella, de Trivium ( empresa galega, non o Trivium americano, a miña banda favorita) quen viu a falar sobre o desenvolvemento de negocio no sector cultural e creativo.
Sempre asusta a palabra “negocio” no ámbito cultural e creativo, pero a realidade é que cómpre incorporar esta visión empresarial para facer viables os proxectos. As profesionais da cultura tamén comemos, pero a sociedade non está preparada para esta con_versa…
César dividiu a sesión en tres partes: unha, com intro da súa empresa, outra falando sobre contratación pública e unha parte final falando de casos prácticos.
Trivium
Trivium é un grupazo unha sociedade fundada en 2004 en Santiago de Compostela e teñen realizado máis de 350 proxectos. O seu eslogan é “dámoslle forma ás túas ideas”. Traballan na consultoría estratéxica, no mundo museos, na xestión e comunicación cultural… Na súa web trivium.gal podedes ver toda a info que compartiu con nós na súa presentación. Máis de 17 anos de proxectos ás costas fan que Trivium teña unha extensa traxectoria que contar.
Contratación pública
Na segunda parte adentrámonos no mundo da contratación pública. De primeiras non sona moi apetecible, pero ollo! que é unha info moi TOP. Aquí a raíña é a Lei de Contratos do Sector Público, a cal foi repasando e dando “tips” sobre ela.
Contratos menores: Para contratos de suministros e servizos (a cultura é un servizo ou un ben? Falámolo outro día…) o importe máximo son 15.000€ e precísase ter 3 ofertas diferentes.
Concursos abertos: A licitarrrr! –> https://contrataciondelestado.es/wps/portal/plataforma
Primeiro debemos coñecer as licitacións que hai (senón, “malamente”) e que nos interesen, para de seguido construír unha memoria e analizar á competencia. César ensinounos varios pregos de procesos de licitación que gañou con Trivium, desde os apartados técnicos até os administrativos.
Cando nos dimos conta de que para ser expertas en xestión cultural fai falta ler leis e saber sobre temas administrativos, máis da metade da sala pensou en abandonar e dedicarse ao pastoreo, pero aguantamos como boas expertas no tema.
Casos prácticos
Por último chegou a parte dos casos prácticos, nos que fixemos a revisión de dous proxectos de Trivium: o Mapa Literario de Compostela e o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Esbozamos o que serían as memorias de cada proxecto e analizamos os puntos fortes e febles de cada un. E nin tan mal. Foi moi útil ves casos reais e facer o exercicio para comprender as lóxicas á hora de traballar para a administración.
César rematou a sesión cun “grazas por aguantar a chapa”, pero a verdade é que era moi necesaria unha clase sobre isto.
Pd: E non deixedes de escoitar tamén aos Trivium americanos! 🤘🏻
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!