Vermú con… Susana Marques

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.

A primeira cita foi con Roberto Gómez de la Iglesia e a seguinte será con Susana Marques, fundadora e directora da empresa portuguesa de consultaría e xestión cultural Setepés, desde hai 15 anos. Susana é consultora da Unión Europea e membro de “A Soul for Europe EEIG”, así como profesora convidada na Escola Superior Artística do Porto.

Asiste como experta en coordinación e financiamento de proxectos europeos, temática sobre a que iniciaremos a conversa.

 

  • Cando e onde? Sábado 28 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
  • Como inscribirse? Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com
  • Custe? De balde para asociad*s AGPXC.
  • Prazas limitadas

 

.

.

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] das primeiras citas con Roberto Gómez de la Iglesia e Susana Marques, contaremos nesta ocasión con Jaume Colomer, profesor da Universitat de Barcelona, consultor […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*