Xoves 04/03/21 | A práctica Profesional (V). Dereito aplicado á xestión cultural. Con Ania González

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión achegámonos ao Dereito cultural da man da avogada especializada Ania González, con quen vimos aspectos esenciais dos dereitos e obrigas legais na práctica profesional na cultura, dende a óptica da xestión cultural en Galicia.

Concretamente, falamos do Dereito Cultural como ferramenta da xestión pública e privada de contidos culturais,  de relacións xurídicas coa administración, a empresa e a comunidade creadora e da propiedade intelectual na xestión cultural. 

Para preparar a súa sesión, Ania recomendou estes contidos previos:

Aquí tedes os vídeos da sesión:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Aquí vos deixamos algunhas propostas de Ania para profundar nalgunhas cuestións abordadas na súa sesión:

Todo o mundo a escena. A economía do teatro: unha ferramenta de xestión no sistema teatral galego”, Francisco J. Sanjiao, Ed. TrisTram, 2007

Cultura libre de Estado”, Jaron Rowan Ed. Trafincantes de Sueños, 2016, que podedes descargar aquí.

Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual TRLPI 1/1996 de 12 de abril, accesible dende aquí

Ania pon tamén ao voso dispor os seus contactos:

aniagonzalezcastinheira@gmail.com

https://lysisundkritik.wordpress.com//

http://www.vhplab.net/spip.php?rubrique43