Buscamos formar profesionais da nova acción cultural. Neste sentido, o Curso incorpora unha notable carga de innovación nos seus contidos, mostrando experiencias reveladoras e inspiradoras, ademais de pór o acento en dous dos piares da viabilidade futura das iniciativas culturais: as estratexias de financiamento e de comunicación.
Existe un consenso xeneralizado sobre a importancia da cultura no desenvolvemento das comunidades. A cultura é vía de medranza persoal, factor de cohesión social, soporte de identidade local e un activo económico de primeira orde. Así o recoñeceu a Unión Europea a través da Axenda de Lisboa e así consta no Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas. En Galicia o sector cultural aporta, segundo os últimos datos contabilizados, arredor do 2% do PIB, con 35.000 empregos e máis de 6.600 empresas e unha facturación global que ascende a 2.700 millóns de euros. Esta importante realidade socioeconómica require de profesionais cualificados que, con rigor e visión, saiban afrontar os retos do presente.
Os principais obxectivos que se perseguen son: