Xoves 20/05/21| Plan de comunicación cultural. Con Sonia Díaz

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión, que facilitou de novo Sonia Díaz, traballamos a parte de comunicación dos proxectos, primeiro cunha pequena introdución teórica e o resto da xornada con traballo por equipos, preparando as accións de comunicación da derradeira sesión.

Compartimos en vídeo esa pequena parte de exposición de Sonia e pedímosvos desculpas pola calidade da imaxe. Tivemos un contratempo coa cámara da aula, pero agardamos que o son vos sexa suficiente para repasar a sesión:

Aquí tedes a presentación que empregou na súa exposición:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Sonia compartiu en relación a esta sesión un resumo do Código de Ceremonial e Protocolo (clicar aquí) que podedes tamén descargar completo dende este enlace

Ademais,  recoméndavos unha lectura complementaria: “El arte de presentar: cómo planificar, estructurar, diseñar y exponer presentaciones”, de Gonzalo Álvares Marañón.

Coa indicación de que se precisarades resolver algunha dúbida concreta, contactedes con ela en sonia@nocomun.com