Xoves 29/04/21 | Marketing e comunicación cultural (I). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais 

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Comezamos o bloque adicado ao marketing e comunicación cultural con esta sesión en liña, adicada ás claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. Fixémolo a través de dúas conversas abertas con profesionais que traballan nese eido dende dous ámbitos: a comunicación dos proxectos e a comunicación dende os medios:

  • Conversa con Andrea Villa (NóComún), Rocío Castro (freelance) e Lucía Pita (The Office). Moderada por Ruth Sousa
  • Conversa coas xornalistas Tamara Montero (La Voz de Galicia), Marta Gómez (Zig-Zag, na TVG) e Irene Pin. Moderada por Sonia Díaz