Dereito aplicado á xestion cultural. Con Ania González

Por María M. Veira

Regresamos, despois dun mes sen clases presenciais, á aula con gran motivación por volver a ter contacto co grupo e co profesorado, e este venres de marzo facémolo da man da avogada Ania  González, que nosachegou ao dereito aplicado á xestión cultural.

De inicio explícanos que desde a organización de eventos, festivais ou outras actividades que realizemos debemos saber os nosos dereitos, ademais dos diferentes dereitos dos traballadores, dos contratos coas adminstracións públicas ou con entidades privadas,  ata os dereitos de propiedade intelectual, sen olvidar as  políticas dos coidados e do afectos para a comunidade creadora, que pasan por comprender os dereitos que os  protexen, cales son os dereitos para coidar os bens culturais e cales son os dereitos das nosas relacións interpersoais.

O ideal sería que cando estamos a promover, programar, ou proxectar as nosas programacións souberamos detectar cando algo está fallando, cando hai prácticas abusivas, polo que é inevitable acompañarse de certo coñecemento do dereito nas prácticas profesionais da cultura. Evita moitos problemas.

A partir destas premisas a clase desenvolveuse a partir do marco téorico do Dereito Cultural, seguindo polas ferramentas de relacións coas administración públicas e entidades privadas, e cun achegamento final á propiedade intelectual.

 

1ª parte: marco teórico do Dereito Cultural

Que é o Dereito Cultural?  Como rama do Dereito, como o penal, laboral ou administrativo,  é unha disciplina con independencia e identidade propia, que leva unha década en vixencia, e establece o dereito ao acceso á cultura,  como a libertade de creación, e é tan importante como a liberdade de expresión, dereitos todos recollidos na Constitución Española.

O  principio rector do Dereito Cultural ábrese en tres liñas:

  1. Prestacional: acceso material físico ou inmaterial.
  2. Asistencial: debe haber unha política de fomento das administración públicas e de asistencia
  3. Liberdade de creación: dereito fundamental que se establece no artigo 20.b da Constitución Española.

Isto é unha ferramenta de motivación dos nosos proxectos para axuda pública, para subvencións, etc… como motivo de xustificación, de obxecto da nosa acción.

Recomendación : Conversa sobre a cultura: Perfomance de Los torreznos

Normativas:

A cultura é un dereito, e como dereito é parte fundamental da nosa comunidade e deberá estar debidamente protexido. O fomento, o acceso e a participación son dereitos inalienables. Os instrumentos normativos vinculantes que rixen as nosas relacións privadas con outras entidades privadas ou persoais, e que nos abren o camiño para  unha lexislación específica para cultura, son:

  • Lei patrimonio
  • Lei de marcas e patentes
  • Lei de propiedade intelectual
  • Lei contrato de sector público
  • Estatuto do artista
  • Lei de cine
  • Lei de arquivos e bibliotecas
  • Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas
  • Lei de protección datos de carácter persoal
  • Lei liberdade e dereitos dixitais

 

2ª parte: ferramentas e relacións xurídicas

Nas administración públicas:

Promoción directa:

-Convenios: relación xurídica onde se comparte un fin común. Co-financiamento. Pode ter aportación económica ou non, cesión de espazos, ou materiais.

-Contrato: relación bilateral, contraprestación.

Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público, por la que se transponen al ordenamiento jurídico español las Directivas del Parlamento Europeo y del Consejo 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014.

  • Menor: hasta 15.000€. Adxudicación directa.
  • Negociado: + de 15.000€ ata 40.000€. Elixir tres empresas, con publicidade e elixir a empresa.
  • Negociado sen publicidade
  • Aberto: + de 40.000 €

-Subvención: non hai contraprestación, decisión propia da Administración, liberada para unha actividade.

  • Concurrencia competitiva
  • Nominativa

Promoción indirecta:

-Contratos privados

-Contrato patrocinio: contraprestacións recíprocas.

-Cesión de espazos: concesión, uso, arrendamento, autorizacións.

 

As relacións internas: RD/ 14/35—1985: relación laboral especial de los artistas en espectáculos públicos. Normativa desfasada

-Relación laboral: traballadora que  traballa para outra persoa, con salario, contrato, seguro de accidentes,…

-Relación mercantil de servizos: traballadores de si mesmos, non por conta allea, danse de alta en IAEM.

Criterios de axenidade e dependencia son os que diferencian a relación laboral e a mercantil, polo que é a consideración dun xuíz cando haxa problemas cun contrato, polo que se está negociando a reformulación destes criterios.

3ª parte: propiedade intelectual

A propiedade intelectual nace no mesmo momento no que creas e desenvolves unha idea. Esta pertence ao seu autor ou autora con dereito exclusivo a éxplotación da súa obra, na duración da vida do artista ata 70 anos despois da súa morte e que pasa aos seus herdeiros.

Pasamos da cultura amateur a unha cultura profesionalizada en moi pouco espazo de tempo e con poucas ferramentas que regulen isto con criterios axustados á realidade cultural, con coidado e con responsabilidade.

Nesta última parte, Ania explicou moi rápidamente a Lei de Propiedade Intelectual, o dereitos de imaxe e o rexistro de marcas e patentes . Sen olvidar os dereitos de simple renumeración de entidades de xestión colectiva como SGAE, ISGE, DAMA

 

Esta clase foi realmente moi interesante, xa que xerou moitas dudas e preguntas en moitos aspectos da xestión cultural. Para próximas edicións propoño outra sesión máis, xa que o Dereito Cultural ten que ser parte fundamental das persoas adicada ao fomento da cultura. Moitas grazas, Ania!

 

 

 

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*