Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó
Esta sesión, adicada ao traballo en equipo e colaborativo, tivo unha pequena primeira parte. Nela, ademais de poñer en común as impresións sobre a anterior aula con Lluís Bonet e Sergio Lago, puidemos coñecer a Diego V. Meizoso, unha das personas que participa na titorización do Curso e que acompañará ao alumnado ao longo do proceso de construción dos proxectos culturais.
Precisamente diso tamén se falou nesta sesión: fixéronse os grupos de traballo, explicouse o plan previsto e anunciáronse as datas e contidos dos primeiros entregables. Con todo iso sobre a mesa, só quedaba poñerse en marcha. E para iso contamos con Diego Parajó, outro dos titores, co que os achegamos ás técnicas para o traballo en equipo e ás ferramentas para desenvolvelo.
Adeus post-it!
Nas cinco edicións previas, esta sesión celebrouse sempre de maneira moi dinámica, desenvolvendo os exercicios propostos por Diego de maneira práctica, moi, moi divertida e con ducias de post-it de cores. Pero nesta sexta edición a nova normalidade manda e non quedou máis remedio que renunciar a ese formato de sesión, que sen dúbida é un dos clásicos do Curso. Renunciar na forma, porque, no fondo, a sesión trasladou os mesmos contidos e ideas que en anos anteriores.
Ademais, Diego substituíu os papeliños de cores nas paredes por papeliños de cores nun taboleiro dixital (Miro), de tal modo que puidemos aprender (facendo) no eido das ferramentas telemáticas.
Nesta sexta edición, o traballo en equipos volverá a coordinarse a través de Trello, outra ferramenta profesional, ás veces é difícil no comezo para algunhas persoas, pero que acaba por ser moi útil e valiosa para o traballo en equipo.
Con todas as ferramentas que nos facilitou Diego estamos list*s para comezar! ;)
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!