Activación de espazos de mediación coa comunidade. Con Fran Quiroga
Por Tania González
Nesta sesión, Fran Quiroga, investigador trasndisciplinar, coautor das obras Pensar y Hacer e director de Concomites; entabla unha conversa sobre o papel do mediador na creación de proxectos culturais. Partindo de que estes proxectos se basan en entornos participativos, o seu fin é que estas accións poidan encararse de forma favorabe para abordar os problemas e amezas que se presentan neste contexto de transformación ecosocial que estamos vivindo, coma o ascenso da ultradereita, a crise climática, a homoxeneización da cultura polas prácticas capitalistas ou a perda da identidade e da lingua propia.
Un dos primeiros temas que aparecen nesta conversa son as comunidades subalternizadas, que son aquelas que, ao longo da historia, foron marxinadas ou dominadas por estruturas de poder, impedíndolles acceder á representación política, económica e cultural plena. O concepto de subalternidade, desenvolvido por Antonio Gramsci e posteriormente ampliado por autores poscoloniais como Gayatri Spivak, describe estas dinámicas de exclusión. Ante isto, o papel do mediador é crear espazos de encontro, nos que as comunidades son as protagonistas, coñecidos como espazos de enunciación. Nestes espazos, a través de procesos participativos, os propios membros do grupo acordan de que xeito desexan levar a cabo actividades de transformación.
Este modelo favorece as redes de cambio, como as que propoñen os sistemas peer-to-peer (P2P), que permiten a creación de espazos descentralizados onde os participantes intercambian recursos, coñecementos ou servizos de forma directa, sen intermediarios. Un exemplo, explica Fran Quiroga, é o que pasou antigamente coas sementes, que pasaron de ser un ben común compartido entre veciños locais para depender de grandes multinacionais coma Monsanto.
Para levar a cabo estos proxectos é preciso atender a unha serie de elementos e decisións que permitan a eficaz comunicación entre o grupo, para alcanzar un bo resultado de participación:
- O lugar de encontro. Establecer un espazo adecuado, acolledor e cunha xornada ben estruturada, onde os participantes entendan que as sesións son proveitosas, coidando a dinámica do grupo e adaptándose ao seu estado de ánimo.
- Performativización da investigación. Moitas dos proxectos teñen que ver coa investigación pero a actividade tamén debe ser entretenida e ter trascendencia. No proxecto Ruraldecolonizado, desenvolvido por Fran Quiroga e Andrea Almedo co CGAC e o MUSAC, decidiron traballar as conversas e entrevistas realizando unhas andainas e mantendo a cámara a certa distancia para que a gravación non resutase incómoda.
- Xeración de imaxinarios e valores. Repensar certos conceptos como o de progreso, pois impúxose a idea de que o contrario é o atraso, así como que o progreso se aopa vinculado únicamente ao beneficio económico. Deste xeito podemos observar como as manifestacións artísticas, como o cine, moldean estas percepcións colectivas do que é válido ou inválido.
- Contribución da arte á sustentabilidade. Reflexionar sobre cómo a arte pode contribuir á creación de modelos máis sostibles e inclusivos.
- Lugares de enunciación e novas preguntas. Para establecer novas preguntas e pensar no reencontro cos elementos da nosa cultura hai que elevar o pensamento crítico. Obras recomendadas por Fran Quiroga que analizan cuestións relativas ás prácticas capitalistas e ás necesidades de cambio, son: Un lugar común de Marina Garcés, Entusiasmo de Remedios Zafra, La seta al fin del mundo de Anna Tsing o Utopías Queer de José Esteban Muñoz.
- A cadea de innovación deses futuros. As pequenas accións que comezan a ser iniciativas minoritarias poden abrir camiño a novas normalidades, como a reciclaxe ou a integración das políticas feministas na axenda política.
- Experimentación para a participación. Existen diferentes formas innovadoras de facer mediación, como por exeplo pensar como dende o movemento do corpo, coa danza pódese abordar un conflicto e fomentar esa participación cidadá.
- Reencantamento desde vínculos. Recuperar e fortalecer vínculos perdidos, como a relación co monte veciñal, pois se unha empresa se dedica ao seu coidado, os veciños deixan de ter ese vínculo coa natureza. Por tanto a pregunta é cómo poder recuperalos e reenamorarse tras esa desvinculación.
- Acto de reparación. Determinados conflictos ou problemas que atravesan algunhas comunidades plantexan preguntas que invitan a reflexionar sobre como abordar feridas non resoltas e realizar exercicios de memoria sen caer na nostalxia. O ideal é ter en conta o camiño sen que iso sexa unha lousa coa que contruír o futuro.
Un dos retos a considerar é o extractivismo epistémico, que é un concepto que describe a apropiación e explotación do coñecemento dunha comunidade por parte dun axente cun certo poder (coma institucións académicas, empresas ou gobernos) sen o debido recoñecemento ou beneficio cara estes. Isto implica que as investigacións non só deben recoller información das comunidades senón tamén devolver algo a estas. Deste xeito, a mediación debe coidar as expectativas, equilibrar resultados e procesos, e incorporar ferramentas de facilitación grupal.
Concomitentes, entidade sen ánimo de lucro con CIF propio, apoiada estructuralmente pola Fundación Daniel y Nina Carasso, exemplifica este enfoque. Os proxectos que leva a cabo teñen un forte compromiso ético-político e cun alto valor estético. Deste xeito, a labor que realizan é acompañar ou mediar xunto a un grupo de persoas que quere solventar algún problema na súa comunidade e entre todos deciden como, traballando posteriormente cunha artista para alcanzar os obxectivos previamente establecidos.
Fran Quiroga ten claro que un factor esencial é saber posicionarse para ter cada vez máis independencia e referencia á hora de poder levar estes proxectos adiante, logrando que cheguen incluso a ser icónicos, erixíndose como auténticos actos de transformación social.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!