Estratexias e metodoloxías na cultura. Música e escénicas, con Marcos Vázquez e Carmen Castro

Por Saleta Díaz

Coa visita de Marcos Vázquez, recibimos a un profesional da producción de eventos musicáis. Unha persona vencellada ó sector como responsable de proyectos en Esmerarte Industrias Creativas, onde levan a cabo festivais moi coñecidos como O son do Camino ou o Portamérica, pero que ó mesmo tempo está implicado na xestión da sala de concertos La Fábrica de Chocolate de Vigo, cunha traxectoria de máis de 20 anos xa. Sobre esta segunda labor, como administrador da Fábrica, é sobre o que desenvolveu o seu discurso.

Dinámica de produción

Como administrador da Fábrica de Chocolate, Marcos resalta que non ten un salario senón que é parte do equipo, xestionando o espazo e colaborando no emprego doutras 9 persoas fixas, necesarias para o traballo habitual do espazo, que funciona como creador de autoemprego. Explica que unha sala de concertos como a Fábrica é un proxecto cultural e como tal, é una “declaración de principios“ onde hai unha forma clara de proxectar a súa imaxe a través da súa programación.

Esta identidade significa que saben a quen se dirixe a súa oferta, non seguen camiños e modas puntuais senon que é unha idea moi persoal, da que partiron xa vai anos dende un concepto que chama Mánchester. Unha personalidade que levan desenvolvendo moitos anos e á que chegan grazas á experiencia que adquiriron  e que define esta oferta cultural con 120 concertos cada ano.

 Dentro desta dinámica e modo de traballo, distingue varios tipos de contratación coas bandas para a xestión do espazo:

  • A caché. Contratan á banda e a sala asume o risco da taquilla.
  • A caché variable. Pactan un mínimo coa banda para que poidan asumir os gastos mínimos e a partir de ahí, fíxase unha porcentaxe a repartir entre sala e o grupo.
  • Aluguer de sala. Aquí os riscos non recaen na sala, senón na promotora que alquila.
  • Concertos con soporte Institucional. A institución paga a banda e a sala. A Fábrica non participa nesta fórmula.
  • Concertos nos que o grupo é o promotor. Fírmase un contrato por cesión do espazo e se estipula unha compensación polo persoal técnico da sala.
  • Concertos Jam Sessions. Nesta fórmula os grupos participan sen cobrar e xa non son habituais.

Producción en salas de concertos

Producir e xestionar é máis que decidir qué bandas contratar. Hai prazos e calendarios que hai que cumprir para que a programación se leve a cabo de modo profesional e sólido.  A fórmula de contratación e o grupo debe pecharse con medio ano de prazo. É despois de esto, arredor de 3 ou 4 meses antes do evento, cando se planifica a conversas para o evento.

Para o relativo ó plan de medios e cartelería debe haber comunicación fluida coa banda (intercambiar logos e aprobar diseños), cerrar reservas de hotel e planificar detalles relativos á comunicación de cara ó evento.  Xa un mes antes do concerto é o momento de pechar detalles técnicos con intercambio de riders da sala e as necesidades do grupo, para poder ter todo listo e marchando para que a semana previa se poidan enviar notas de prensa ós medios.

O día do concerto, todo debe estar controlado in situ, prestando atención ós detalles e necesidades dos invitados (público e banda) para que todo vaia correctamente.

Dentro desa identidade que comentaba Marcos ó principio, está a forma persoal de programar da sala, que intenta por exemplo, non axendar eventos os domingos porque despois do evento habería que pechar a sala e non se amortizarían os gastos de personal dese día. Detalles coma este son froito da experiencia de anos ó frente da xestión.

Programar para un festival ou para unha sala

Actualmente os festivais son eventos moi de moda ós que asiste moitísimo público durante os 2 ou 3 días nos que ten lugar, cun impacto enorme. Resultado deste impacto enorme é que gozan da simpatía e patrocinio de institucións públicas e de marcas de prestixio con elevado orzamento. Non acontece o mesmo coas salas de concertos que, a pesar de programar maior número de eventos en todo o ano e, en gran parte dos casos, recibir maior número de asistentes, non gozan do mesmo apoio orzamentario.

Está claro, e así o manifesta Marcos, que a motivación dos festivais é meramente económica mentres que programar unha sala de concertos faise cun fin absolutamente vocacional e cultural. Con todo, o primero resulta moito máis lucrativo para todos os implicados.

Inclusividade, Accesibilidade e Sostenibilidade

Estos termos son perseguidos na medida do posible na xestión de Marcos que, como presidente de Clubcultura, buscan diferenciarse doutros eventos culturais como os festivais, crear políticas de inclusividade, accesibilidade e sostenibilidade a través do traballo asociativo. Sendo realistas e adaptando as salas na maneira do posible, cada un intenta achegar a súa aposta cultural a todo o mundo. A Fábrica non pode técnicamente facer aseos adaptados, pero dá facilidades a persoas con prótesis auditivas ou, no relativo á sostenibilidade, preocúpase por una correcta xestión de residuos, ou ofertar unha marca de cervezas producida preto da sala, por exemplo.

Axudas e programas públicos

Existen distintas fórmulas de subvencións e colaboración económica con moitos requisitos  nalgúns casos ou burocracia pesada noutros (axudas do AGADIC OU INAEM). Doutro xeito hai outros programas de axuda máis sinxelos e accesibles como “Artistas en Ruta” ou “Girando Por Salas”, principalmente para promocionar artistas emerxentes. Resulta moi relevante o traballo de asociación para poder “facer traballo de lobby” como el di, e asesoran para crear e modificar normativas, tendo en conta singularidades que normalmente os encargados de redactar as normas non perciben.

A nivel asociativo, traballaron moito nos últimos anos e conforman en España unha rede de máis de 300 salas de concertos e de 3.000 a nivel europeo, e que realizan unha labor moi importante e interesante para a recopilación de datos e análise.

  • Como conclusión persoal, penso que resulta realmente importante e debemos poñer en valor figuras como a de Marcos, unha persoa involucrada en promover o tecido cultural galego programando música en directo. O feito de que ocupe o seu tempo na xestión e programación dunha sala de concertos, para un proxecto tan persoal, deixa ver que o que fai é pura paixón e vocación. Tanto é así, que busca unha maior implicación para mellorar todo o sector a través de asociacións das que forma parte. Se ben todos os ponentes que escoitamos ata o momento adícanse á xestión cultura, hai algo que diferencia a todos da labor de Marcos. A programación dunha sala de concertos privada non depende orzamentariamente de vender o seu proxecto á Administración, aínda que é digna de ser financiada. De feito, non participa en certas axudas precisamente porque en certos casos limitan e condicionan unha programación que, doutra forma, é libre.

 

Unha achega ás artes escénicas

 

Na segunda parte do día contamos coa experiencia de Carmen Castro que, como técnica de cultura do Concello de Carballo, forma parte tamén do FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro), como directora e coordinadora. Como encargada da xestión cultural para Carballo, Carmen se preocupa por xerar unha programación coherente e, polo tanto, seguindo o fío do FIOT, desenvolve outros proxectos relacionados tamén coas artes escénicas.

Ela considera varios conceptos determinantes e condicionantes da programación. Destaca o contexto, entender e ter en conta o territorio e as súas peculiaridades, o lugar dende o que se traballa, para poder xestionar e facer esta programación cultural dende o ámbito municipal. Segundo a técnica de cultura, aínda que sería a Administración Autonómica a encargada da parte cultural en si, é a local a que ten un impacto máis directo. A proximidade da administración local convértena na adecuada e obrigada a facer a oferta cultural para os seus veciños.

 

Programación do Concello en tres liñas de actuación:

  1. Actividades de fomento mediante a realización e promoción de actividades culturais doutros.
  2. Prestación de servizos estables máis equipamentos culturais, necesarios para o desenvolvemento das distintas actividades.
  3. Intervención directa a través da programación e promoción cultural:
          • Actividades relacionadas coa formación cultural, como a escola de teatro.
          • Ámbito de difusión, centrado na oferta ou producto no consumo cultural.

A finalidade e o público como condicionantes

 Universalizar o acceso á cultura. Carmen reivindica que hai que programar non según os gustos dos responsables, senón para chegar a todos. Que cada vez máis público se interesa polo feito cultural. Neste sentido, as artes escénicas son actividades minoritarias que están sen democratizar e é obriga da Administración loitar contra as barreiras que distancian este arte do público.

Resulta determinante os distintos tipos de público para o que se crea unha programación, neste caso centrada nas artes escénicas. Hai personas máis ou menos interesadas nas accións culturais e por iso, dende a Administración Local levan a cabo medidas para fomentar a implicación dos veciños. Conseguindo que participen por exemplo a través da escola de teatro ou como voluntarios no festival, fanos partícipes e así axudan tamén a difuminar esas barreiras sociais e idiolóxicas que se poidan percibir cos actos culturáis.

Resulta moi interesante a proposta de levar ós bares actuacións como monólogos, coa idea de captar a un público que doutra forma non se achegaría ó auditorio, precisamente por percibir un aspecto social destes espectáculos considerados máis elitistas. Este traballo de captación de público é un camino longo, segundo Carmen, pero necesario e fructífero tras anos de traballo.

Á hora de deseñar a programación municipal, por tanto, Carmen distingue varios criterios esenciais e necesarios:

  •           Coherencia co resto de actividades. Programa de artes escénicas (circo, danza…).
  •            Coordinación dos proxectos segundo as épocas do ano e horarios.
  •            Calidade da oferta, con rigor.
  •            Amplitude da oferta.
  •            Estructura e periodicidade.

Todo esto, cunha idea clara e moi coherente como programadora cultura dunha administración local, Carmen ten unha aposta firme cun obxectivo a longo prazo.

O caso concreto do FIOT

O Festival Internacional de Outono de Teatro vén levándose a cabo máis de 30 anos xa, dos que Carmen leva implicada máis de vinte. Se vbn o Concello está moi vencellado ó evento, o promotor deste é unha asociación. A problemática que plantexa Carmen coincide co que Soledad Felloza contaba hai dúas semanas sobre o tema orzamentario: resulta complexo programar e planificar se todo depende dos cartos das distintas administracións implicadas, cando non sabes realmente que cartos concederán para o evento en cuestión.

Con todo, o FIOT é un festival de teatro que ten lugar nunha vila como Carballo, cun orzamento considerable de entre 160.000€ e 175.000€ no que se presentan arredor de 40 actuacións nun único mes. Unha proposta cultural con identidade e que aposta a longo prazo.

  • Como conclusión persoal, se hai algo que me chama atención sobre a xestión da programación que fai Carmen para o Concello, é que realmente plantexa actividades culturais que non son de masas. Transmite realmente a súa preocupación por crear unha oferta diversa que non discrimine e que poida contribuir a educar na cultura das artes escénicas. Todo esto, sendo moi consciente e respetuosa coas distintas realidades dos seus veciños.

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*