A USC amplía o prazo de inscrición no Curso
A USC vén de ampliar o prazo de inscrición na 7ª edición do CEU en Xestión e Innovación Cultural, unha xestión sinxela á que aínda podes acceder dende aquí.
O Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural é unha titulación propia da Universidade de Santiago -incluída na súa oferta de Posgrao e Formación Contínua– de especial interese para profesionais culturais que queren actualizar ou acreditar os seus coñecementos, así como para conectar profesionalmente co eido e novas tendencias na xestión cultural. Isto inclúe tamén a persoas recén graduadas ou en proceso de formación que buscan un eido de especialización; persoas emprendedoras ou creadoras que queren auto-xestionar os seus proxectos; ou persoas de ámbitos próximos ao cultural, para as que as metodoloxías e coñecementos que aborda o Curso resultan útiles.
O Curso aborda a proceso de converter unha idea nun proxecto viable e sostible, incorporando coñecementos que van dende o deseño e a organización dun traballo en equipo ata o financiamento e a produción, pasando por dinámicas participativas e de mediación comunitara, coñecemento e xestión de públicos, comunicación ou estratexias dixitais.
Podes ver aquí o programa completo! E tamén podes consultar aquí, polo miúdo, o equipo docente desta sétima edición.
As aulas comezan en outubro
O CEUXiC ofrece unha formación práctica e titorizada, baseada no intercambio de coñecementos con profesionais en activo e no deseño en equipo dun proxecto cultural.
As sesións celebraranse na Facultade de Ciencias Económicas do campus compostelán todos os venres lectivos e un xoves ao mes -habitualmente o último- en horario de 16:30 a 20:30. As aulas comezarán en outubro e rematarán a finais de maio de 2023. A parte non presencial estará apoiada na titorización mediante ferramentas telemáticas, de uso habitual en contextos profesionais. En total, a formación desenvólvese en 300 horas, que supoñen 30 créditos.
O Curso ofrece tamén a posibilidade (ata o 30 de setembro de 2023) de prácticas profesionais, de carácter voluntario, en empresas e entidades de referencia no sector.
Non deixes de solicitar a túa praza! 😉
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!