Mediación dixital. Con Ruth Sousa
Por Sara Pardo
Nesta sesión, Ruth Sousa empezou falando dos públicos máis xerais e a problemática que supoñería facer un evento cultural dirixido á todos eles, sen ningún criterio de especificación. Algo que é para todos os públicos non vale, porque perdería a focalización do noso proxecto cara un público determinado e faría que os públicos cara ós que realmente nos diriximos se perdan entre a xeneridade dos públicos abertos.
A crise sanitaria fixo que moitas persoas comenzaran a consumir contidos dixitais a través de plataformas e redes sociais. Así naceron os públicos dixitais, que xa tiñan cabida na Rede antes da pandemia, pero que experimentaron un crecemento frenético por mor das condición sociais e sanitarias do último ano. Así, estes públicos dixitais non son un simple destinatario, senón que tamén interactúan e crean contido por eles mesmos: son os chamados prosumidores. Non todos os prosumidores son activos nas redes, xa que existen moitos públicos que teñen que sortear certos obstáculos que lles impiden participar de forma activa nestas comunidades dixitais: non toda a xente dispón dun equipo tecnolóxico funcional para interactuar (o que ocorre moito nas zonas máis rurais) nin da información necesaria dispoñible nese momento para acceder á actividade e por exemplo, outros sinten certa inseguridade por non estaren acostumados ós diferentes usos desta tecnoloxía.
Nestes momentos os eventos culturais fanse de maneira case dixital, por este motivo nós, como asociacións ou grupos a cargo de diversos proxectos culturais podemos traballar nas nosas propostas de valor e enfocalas cara o mundo dixital, que é o que está imperando dende fai moito. Co obxectivo de crear puntos de encontro distintos podemos empregar as ferramentas como espazo de traballo colectivo (fálase entón dunha estratexia) coa intención de aumentar a nosa interacción coa audiencia, expandir de forma simultánea a través de varias canles a nosa mensaxe ou mesmo avaliar en tempo real os efectos (positivos ou negativos) da nosa estratexia.
Cómpre destacar a creación dunha páxina web que englobe tódolos datos e apartados explicativos do noso proxecto. Esa será a pedra angular da nosa estratexia dixital, onde subiremos os arquivos fotográficos, vídeos… etc. Pero lembrade que o importante non é tanto a páxina web en si mesma, senón as actualización dos contidos que a xeran. A nosa información deberá estar centralizada e activa, cunha estructura adaptable ó que queirades contar e dispoñible para as persoas con diversidade sensorial. Tamén pódense incorporar sistemas de monitoreo da nosa audiencia. Por último, non se debe esquecer que a Web ten que ser intuitiva para as persoas recén chegadas, visualmente atractiva e nela deben estar incluídas os datos e canles de contacto.
Para analizar a audiencia dentro das páxinas web podemos contar con ferramentas como Google Analitics ou se queremos empregar canles de comunicación directa cos nosos seguidores podemos usar Mailchimp, que permite enviar correos a unha lista de contactos predeterminada (na versión de balde 2000), outra menos coñecida é Sendingblue. Para manter o contacto sempre podemos empregar plataformas de mensaxería máis actuais como Whatsapp (ou a súa versión máis profesional WhatsappBusiness) ou Telegram. Sempre é importante establecer unhas normas de uso nas distintas canles de comunicación que empreguemos para evitar futuros altercados.
As redes sociais son unha das opcións máis recentes e dinámicas que temos a nosa disposición para comunicar calquera tipo de proxecto. É das opción máis participativas actualmente debido a súa inmediatez, achegamento directo ao público, creación de contidos e construción dunha imaxe propia, sen contar a súa capacitación de (auto)análise. Sen embargo, as redes tamén cambian frecuentemente de contido, tácticas e formato. As máis coñecidas son:
- Páxina de Facebook: Ofrece unha imaxe corporativa, ademáis de favorecer unha descripción dos nosos contidos e previsualización de contactos. Estas páxinas xestionánse a través dun administrador e un editor, polo que é moi doado a repartición de tarefas. Entre as recomendación para a súa xestión está a de escribir textos claros e lexibles, non abusar dos emoticonos, equitetar persoas de forma frecuente, imaxes e vídeos en boa calidade e que non sexan moi longos (a gran maioría dos usuarios só visualizan 45 seg. de vídeo de forma xeral).
- Perfil en Instagram: Esta rede é a máis usada entre a xuventude, cun perfil de idade dos usuarios entre 15 e 42 anos. A súa particularidade máis salientable é que é máis visual ca calquera outra rede social, polo que o mellor é non empregar textos demasiado longos. Os tan famosos hashtags mellor empregalos de forma concreta, así como os vídeos longos (se son máis de 60 minutos pasan a Instagram TV). Esta rede permite facer vídeos en directo, vídeos curtos chamados Stories que se eliminan en 24h e Post regulares
- Twitter: É a rede de divulgación e de cultura máis popular, xa que sirve de ponte entre persoas que queren crear comunidades e que teñen un nivel alto de interacción e actividade. Coa particularidade de que cada chío que escribas debe conter menos de 280 caracteres, vén de incorporar novos formatos como os Fleets (historias de curta duración).
- Linkedin: Trátase dunha rede que conecta persoas con perfís empresariais e onde normalmente son as propias empresas as que contan o que están a desenvolver.
Entre as numerosas ferramentas para analizar e xestionar redes sociais podemos destacar Hootsuite, Buffer (cunha interfaz máis sinxela) e Metricool (basado na análise de métricas).
Para rematar esta entrada, gustaríame resaltar que a participación cidadá e a mediación dixital xa non pode limitarse a promocionar actividades en redes sociais, porque xa adquiriron un potencial cultural e social que vai máis aló da simple comunicación unilateral tradicional. A clave é proponer actividades nas que os diferentes públicos poidan participar e aportar os seus coñecementos e experiencias.
Neste sentido, hai que ser flexibles e aprender das respostas e do comportamiento da xente que se agocha detrás dos usuarios online. Neste mundo electrónico onde todo é efímero, nós temos que crear e transmitir as nosas propostas e adaptalas ós novos cambios, que por sorteo ou desgracia, son o día a días das redes e plataformas dixitais actuais.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!