26mar | Financiamento cultural (IV). Ecosistema creativo, buscando conexións improbables. Roberto Gómez de la Iglesia

Financiamento cultural, con Sergio Lago, e fundacións e mecenado, con Carlos Almela

Por Yoel López

O xoves 25 de de marzo regresamos ás clases para celebrar unha nova sesión mixta, tanto presencial como telemática, e que a súa vez estivo dividida en dúas metades. A primeira da man de Sergio Lago, onde asistimos a un obradoiro expositivo sobre as estratexias de financiamento en proxectos culturais.

Comezamos por enfocar a estratexia segundo o tipo de financiamento que estamos a buscar; venta a un cliente institucional, complementación con patrocionios, alianzas.. e reflexionamos sobre as principais vantaxes e perigos de cada un deles. Deixa o proxecto de ser noso?; resultaralles rentable un proxecto tan xenuino e tan pouco replicable? Estamos a ofrecer verdadeiras contraprestacións?.

Logo desta introdución, comezamos a afondar nos niveis de orzamento, a súa planificación (mínimo, óptimo e melloras) e a importancia da paquetización en seccións ben diferenciadas que nos permita priorizar ou prescindir de certos aspectos a hora de desenvolver o proxecto. Por outra banda, tamén se fixo fincapé na necesidade da calendarización dos entregables e a súa facturación individual en proxectos a longo prazo, co fin de ir obtendo capital de forma progresiva e paralela aos custos de producción.

Xa para rematar, fomos repasando exemplos prácticos de convocatorias de patrocinio dos boletíns oficiais de provincia, entidades, fundacións, e algún que outro portal temático onde consultar as diferentes axudas europeas que se entán a ofertar.

Pasando a segunda metade e logo dun merecido descanso, comezamos a escoitar a interesante traxectoria e testemuña de Carlos Almela como responsable de Arte Cidadá da Fundación Carasso.
Antes de adentrarnos máis en materia, Carlos comezou introducindo os termos nos que nos íamos a mover, como son o da filantropía, fundación e mecenado, facendo mención á súa definición, nacemento e evolución ao longo da historia.

A filantropía e a figura do filántropo, con múltiples acepcións na actualidade, xorden da man das grandes fortunas económicas, como motor de cambio social a través do aprendido na empresa. Estos filántropos, cun gran peso dentro da vida social, viron paulatinamente mermadas as súas capacidades de influencia co nacemento das diferentes democracias europeas, e é por iso que neste contexto nace a figura da fundación, como órgano de poder e motor social en contraposición e loita continua ao poder do Estado.

A figura moderna da fundación defínese coma unha organización sen ánimo de lucro que por vontade dos seus creadores , teñen afectado de modo duradeiro o seu patrimonio a
realización de fins de interés xeral. A súa vez, e segundo a súa titularidade e actividade, definímolas como corporativas, persoais/familiares, donantes ou operativas. Referente a este apartado, tamén se quixo facer fincapé no grande número de fundacións coas que contamos en España en comparación cos nosos veciños europeos, propiciado isto por unha lexislación algo mais laxa, que permite gozar desta forma xurídica a partir dun patrimonio de 30. 000 euros.

Logo disto, Carlos comezou a debullar as características e peculiaridades que fan tan especial a Fundación Carasso. A fundación, de carácter familiar, está na actualidade xestionada íntegramente por persoal profesional e con apoio institucional tanto en España coma en Francia. Hoxe en día funciona coma mecenas e axente activo en “impact investing” financiándose íntegramente a través dos intereses producidos polo patrimonio da propia fundación. Seguidamente pasouse a presentar os principais premios e programas de mecenazgo que se están a dar nos últimos anos, como son a red de arte y escuela, PLANEA; Os programas de arte cidadán como Mar, plataforma de mediación, Concomitentes; ou o Premio Artista Comprometido.

Xa para rematar quíxose facer fincapé nas claves da fundación, que a colocan na actualidade na vangarda da filantropía, fuxindo en certo modo das primixenias formas de mecenado. Trátase entón de utilizar o capital obtido mediante a economía extractiva, para finalmente incentivar un cambio de sistema, centrado no local e no benestar social. Finalmente, e logo do pertinente tempo de preguntas, como peche da sesión Carlos Almela quixo destacar unha última reflexión sobre o conxunto do exposto que serviu como peche e broche final a tan productiva charla:  “Acudid sin prejuícios a las fundaciones”.

25mar | Financiamento cultural (III). Traballo en equipo titorizado | Fundacións e mecenado. Carlos Almela (Fundación Carasso)

Estratexia de financiamento dun proxecto cultural. Con Beatriz Fontán

Por Xiana Isabel Gilino

12mar | Financiamento cultural (I). Estratexia de financiamento dun proxecto cultural | Financiamento cultural (II). Dossier de Patrocinio

04mar | A práctica Profesional (V). Dereito aplicado á xestión cultural. Con Ania González

Dereito aplicado á xestion cultural. Con Ania González

Por María M. Veira

Regresamos, despois dun mes sen clases presenciais, á aula con gran motivación por volver a ter contacto co grupo e co profesorado, e este venres de marzo facémolo da man da avogada Ania  González, que nosachegou ao dereito aplicado á xestión cultural.

De inicio explícanos que desde a organización de eventos, festivais ou outras actividades que realizemos debemos saber os nosos dereitos, ademais dos diferentes dereitos dos traballadores, dos contratos coas adminstracións públicas ou con entidades privadas,  ata os dereitos de propiedade intelectual, sen olvidar as  políticas dos coidados e do afectos para a comunidade creadora, que pasan por comprender os dereitos que os  protexen, cales son os dereitos para coidar os bens culturais e cales son os dereitos das nosas relacións interpersoais.

O ideal sería que cando estamos a promover, programar, ou proxectar as nosas programacións souberamos detectar cando algo está fallando, cando hai prácticas abusivas, polo que é inevitable acompañarse de certo coñecemento do dereito nas prácticas profesionais da cultura. Evita moitos problemas.

A partir destas premisas a clase desenvolveuse a partir do marco téorico do Dereito Cultural, seguindo polas ferramentas de relacións coas administración públicas e entidades privadas, e cun achegamento final á propiedade intelectual.

 

1ª parte: marco teórico do Dereito Cultural

Que é o Dereito Cultural?  Como rama do Dereito, como o penal, laboral ou administrativo,  é unha disciplina con independencia e identidade propia, que leva unha década en vixencia, e establece o dereito ao acceso á cultura,  como a libertade de creación, e é tan importante como a liberdade de expresión, dereitos todos recollidos na Constitución Española.

O  principio rector do Dereito Cultural ábrese en tres liñas:

  1. Prestacional: acceso material físico ou inmaterial.
  2. Asistencial: debe haber unha política de fomento das administración públicas e de asistencia
  3. Liberdade de creación: dereito fundamental que se establece no artigo 20.b da Constitución Española.

Isto é unha ferramenta de motivación dos nosos proxectos para axuda pública, para subvencións, etc… como motivo de xustificación, de obxecto da nosa acción.

Recomendación : Conversa sobre a cultura: Perfomance de Los torreznos

Normativas:

A cultura é un dereito, e como dereito é parte fundamental da nosa comunidade e deberá estar debidamente protexido. O fomento, o acceso e a participación son dereitos inalienables. Os instrumentos normativos vinculantes que rixen as nosas relacións privadas con outras entidades privadas ou persoais, e que nos abren o camiño para  unha lexislación específica para cultura, son:

  • Lei patrimonio
  • Lei de marcas e patentes
  • Lei de propiedade intelectual
  • Lei contrato de sector público
  • Estatuto do artista
  • Lei de cine
  • Lei de arquivos e bibliotecas
  • Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas
  • Lei de protección datos de carácter persoal
  • Lei liberdade e dereitos dixitais

 

2ª parte: ferramentas e relacións xurídicas

Nas administración públicas:

Promoción directa:

-Convenios: relación xurídica onde se comparte un fin común. Co-financiamento. Pode ter aportación económica ou non, cesión de espazos, ou materiais.

-Contrato: relación bilateral, contraprestación.

Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público, por la que se transponen al ordenamiento jurídico español las Directivas del Parlamento Europeo y del Consejo 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014.

  • Menor: hasta 15.000€. Adxudicación directa.
  • Negociado: + de 15.000€ ata 40.000€. Elixir tres empresas, con publicidade e elixir a empresa.
  • Negociado sen publicidade
  • Aberto: + de 40.000 €

-Subvención: non hai contraprestación, decisión propia da Administración, liberada para unha actividade.

  • Concurrencia competitiva
  • Nominativa

Promoción indirecta:

-Contratos privados

-Contrato patrocinio: contraprestacións recíprocas.

-Cesión de espazos: concesión, uso, arrendamento, autorizacións.

 

As relacións internas: RD/ 14/35—1985: relación laboral especial de los artistas en espectáculos públicos. Normativa desfasada

-Relación laboral: traballadora que  traballa para outra persoa, con salario, contrato, seguro de accidentes,…

-Relación mercantil de servizos: traballadores de si mesmos, non por conta allea, danse de alta en IAEM.

Criterios de axenidade e dependencia son os que diferencian a relación laboral e a mercantil, polo que é a consideración dun xuíz cando haxa problemas cun contrato, polo que se está negociando a reformulación destes criterios.

3ª parte: propiedade intelectual

A propiedade intelectual nace no mesmo momento no que creas e desenvolves unha idea. Esta pertence ao seu autor ou autora con dereito exclusivo a éxplotación da súa obra, na duración da vida do artista ata 70 anos despois da súa morte e que pasa aos seus herdeiros.

Pasamos da cultura amateur a unha cultura profesionalizada en moi pouco espazo de tempo e con poucas ferramentas que regulen isto con criterios axustados á realidade cultural, con coidado e con responsabilidade.

Nesta última parte, Ania explicou moi rápidamente a Lei de Propiedade Intelectual, o dereitos de imaxe e o rexistro de marcas e patentes . Sen olvidar os dereitos de simple renumeración de entidades de xestión colectiva como SGAE, ISGE, DAMA

 

Esta clase foi realmente moi interesante, xa que xerou moitas dudas e preguntas en moitos aspectos da xestión cultural. Para próximas edicións propoño outra sesión máis, xa que o Dereito Cultural ten que ser parte fundamental das persoas adicada ao fomento da cultura. Moitas grazas, Ania!