Financiamento cultural, con Sergio Lago, e fundacións e mecenado, con Carlos Almela
Por Yoel López
O xoves 25 de de marzo regresamos ás clases para celebrar unha nova sesión mixta, tanto presencial como telemática, e que a súa vez estivo dividida en dúas metades. A primeira da man de Sergio Lago, onde asistimos a un obradoiro expositivo sobre as estratexias de financiamento en proxectos culturais.
Comezamos por enfocar a estratexia segundo o tipo de financiamento que estamos a buscar; venta a un cliente institucional, complementación con patrocionios, alianzas.. e reflexionamos sobre as principais vantaxes e perigos de cada un deles. Deixa o proxecto de ser noso?; resultaralles rentable un proxecto tan xenuino e tan pouco replicable? Estamos a ofrecer verdadeiras contraprestacións?.
Logo desta introdución, comezamos a afondar nos niveis de orzamento, a súa planificación (mínimo, óptimo e melloras) e a importancia da paquetización en seccións ben diferenciadas que nos permita priorizar ou prescindir de certos aspectos a hora de desenvolver o proxecto. Por outra banda, tamén se fixo fincapé na necesidade da calendarización dos entregables e a súa facturación individual en proxectos a longo prazo, co fin de ir obtendo capital de forma progresiva e paralela aos custos de producción.
Xa para rematar, fomos repasando exemplos prácticos de convocatorias de patrocinio dos boletíns oficiais de provincia, entidades, fundacións, e algún que outro portal temático onde consultar as diferentes axudas europeas que se entán a ofertar.
Pasando a segunda metade e logo dun merecido descanso, comezamos a escoitar a interesante traxectoria e testemuña de Carlos Almela como responsable de Arte Cidadá da Fundación Carasso.
Antes de adentrarnos máis en materia, Carlos comezou introducindo os termos nos que nos íamos a mover, como son o da filantropía, fundación e mecenado, facendo mención á súa definición, nacemento e evolución ao longo da historia.
A filantropía e a figura do filántropo, con múltiples acepcións na actualidade, xorden da man das grandes fortunas económicas, como motor de cambio social a través do aprendido na empresa. Estos filántropos, cun gran peso dentro da vida social, viron paulatinamente mermadas as súas capacidades de influencia co nacemento das diferentes democracias europeas, e é por iso que neste contexto nace a figura da fundación, como órgano de poder e motor social en contraposición e loita continua ao poder do Estado.
A figura moderna da fundación defínese coma unha organización sen ánimo de lucro que por vontade dos seus creadores , teñen afectado de modo duradeiro o seu patrimonio a
realización de fins de interés xeral. A súa vez, e segundo a súa titularidade e actividade, definímolas como corporativas, persoais/familiares, donantes ou operativas. Referente a este apartado, tamén se quixo facer fincapé no grande número de fundacións coas que contamos en España en comparación cos nosos veciños europeos, propiciado isto por unha lexislación algo mais laxa, que permite gozar desta forma xurídica a partir dun patrimonio de 30. 000 euros.
Logo disto, Carlos comezou a debullar as características e peculiaridades que fan tan especial a Fundación Carasso. A fundación, de carácter familiar, está na actualidade xestionada íntegramente por persoal profesional e con apoio institucional tanto en España coma en Francia. Hoxe en día funciona coma mecenas e axente activo en “impact investing” financiándose íntegramente a través dos intereses producidos polo patrimonio da propia fundación. Seguidamente pasouse a presentar os principais premios e programas de mecenazgo que se están a dar nos últimos anos, como son a red de arte y escuela, PLANEA; Os programas de arte cidadán como Mar, plataforma de mediación, Concomitentes; ou o Premio Artista Comprometido.
Xa para rematar quíxose facer fincapé nas claves da fundación, que a colocan na actualidade na vangarda da filantropía, fuxindo en certo modo das primixenias formas de mecenado. Trátase entón de utilizar o capital obtido mediante a economía extractiva, para finalmente incentivar un cambio de sistema, centrado no local e no benestar social. Finalmente, e logo do pertinente tempo de preguntas, como peche da sesión Carlos Almela quixo destacar unha última reflexión sobre o conxunto do exposto que serviu como peche e broche final a tan productiva charla: “Acudid sin prejuícios a las fundaciones”.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!