Financiamento cultural. Cooperación empresarial intersectorial e novas vías de financiamento. Roberto Gómez de la Iglesia

Por: Andrea Nartallo

O pasado venres 12 de maio tivo lugar a sesión sobre financiación cultural: o patrocinio e outras formas de relación ca empresa conducida por Roberto Gómez de la Iglesia. Esta sesión era para min, e como indicou Sergio á hora da presentación, un dos grandes luxos do curso.

Roberto é consultor experto en cultura e innovación, pioneiro a nivel nacional en xestión cultural (por favor, non entendamos pioneiro como sinónimo de vello) e especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa, pero se queredes afondar máis no seu currículo tendes toda a info aquí.

Unha das ideas chave que Roberto quería facer calar en todxs nós é que a realidade está en constante cambio. No momento no que el comezou a súa traxectoria profesional a economía era vista no sector cultural como algo pecaminoso, hoxe en día, pola contra, todo o mundo fala do binomio economía e cultura. As actuais organizacións sociais e económicas buscan crear significados, favorecer novos espazos de relación e xerar experiencias. É aquí onde nós, como xestorxs culturais, podemos intervir e cas nosas ferramentas e competencias, aportar valor creativo en tódolos ámbitos sociais.

Muda a realidade e polo tanto muda o xeito de traballar. O seguinte esquema mostra o modo de traballo no mercado cultural e na elaboración de políticas culturais:

2017 05 12 roberto gomez de la iglesia

A cuestión radica en que este ciclo cada vez está menos claro. Por exemplo, temos hoxe a figura do prosumer, produtor e consumidor ao mesmo tempo ou mudou tamén o tradicional papel das fundacións pasando de meras entidades financiadoras a xestionar a súa propia oferta cultural.

É por isto que debemos ter moi claro quen é o público do meu proxecto, que modelo de xestión vou seguir e con que financiación.

Á hora de buscar financiación debemos primeiro de todo saber o valor do noso proxecto. Entendendo valor como a percepción de utilidade que alguén lle poida atribuír. Chegados a este punto é onde atopamos a principal relación entre economía e cultura. Pois a cultura ten a capacidade de modificar os valores dunha sociedade e son estes valores os que conforman a percepción de valor.

O ideal é averiguar como xerar percepción de valor que me permita asignarlle un prezo ao que fago superior ao seu coste de produción para así con este excedente invertir en seguir aumentando o valor no futuro.delaiglesia-4As organizacións culturais teñen que poñer o foco no que queren facer e no que non. Alguén pode estar disposto a financiar o noso proxecto pero sempre a cambio de algo, ben sexa beneficios ou utilidades ou valor engadido.

Polo tanto, para xerar recursos é necesario xerar valor e isto supón xerar experiencias, historias… O que, nin máis nin menos, buscan os mercados. De novo o noso binomio cultura e economía.

A xeración destes recursos require:

  • Ter un discurso, unha boa historia que contar
  • Ter un bo mix de marketing
  • Ter unha boa comunicación global
  • Ter unha boa organización.

Toda a organización implicada no desenvolvemento dun proxecto debe pensar en termos de xerar recursos. O deseño do proxecto debe ter dende o principio dúas vertentes claras:

  • Clave comunicativa. A comunicación en todo momento e en todo lugar.
  • Clave xeradora de recursos. Todo o equipo debe intentar producir do xeito máis eficiente posible.

Sen un modelo organizativo que contemple ambas dimensións será difícil vender o noso proxecto.

Afirmaba Roberto moi taxantemente que o patrocinio no seu concepto tradicional morreu fai tempo. Hoxe debemos entendelo como unha relación na que as dúas partes están intimamente ligadas e da que as dúas tamén sacan beneficio.

2017 05 12 roberto gomez de la iglesia 1

Deunos, para ir rematando, algunhas recomendacións á hora de solicitar esta financiación para os proxectos que estamos a desenvolver no curso ou en vindeiros proxectos persoais.

  1. Ter ben definido o proxecto
  2. Ter claro o orzamento e as necesidades técnicas.
  3. Saber cales serán as necesidades a patrocinar
  4. Coñecer a organización potencialmente financiadora. A súa traxectoria no patrocinio, o seu proceso planificador (calendario) e a persoa responsable das asignacións.
  5. Ter claras as posibilidades comunicativas do proxecto.
  6. Ter claras as condicións patrocinador – patrocinado.

Así como as partes que debe ter un informe de patrocinio:

  • a) Carta de presentación
  • b) Denominación/fundamentación do proxecto
  • c) Obxectivos (non máis de tres) do proxecto e conexión cos valores da entidade financiadora
  • d) Descrición da actividade
  • e) Público obxectivo e ámbito de actuación
  • f) Soportes comunicativos
  • g) Orzamentos
  • h) Solicitude do patrocinio e contrapartidas do mesmo.

Resumir todo o que Roberto non é tarefa sinxela, por iso para máis información, aclarar todo tipo de dúbidas e afondar no tema do patrocinio temos entre os valiosos materias do curso o Manual práctico para a busca de patrocinio que De la Iglesia facilitounos.

2017 05 12 ceuxc

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*