Paulo Rodríguez, financiamento institucional de proximidade

Na sesión do venres 20 de febreiro conversamos con Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), vicepresidente da AGPXC e presidente de RED (Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública), arredor do financiamento institucional de proximidade, especialmente no que se refire ás relacións profesionais e empresariais coas administracións públicas.

Durante a aula, puidemos realizar unha introdución aos tipos de entidades que forman parte do sector público e aos aspectos esenciais da contratación e licitación pública de proxectos, servizos e espectáculos culturais. Neste sentido, partimos dunha análise moi sintética do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP): Real Decreto Lexislativo 3/2011, a base que como xestores debemos coñecer para relacionarnos ou traballar na administración.

Fíxose mención2015 02 20 - Paulo Rodríguez tamén á obriga que as empresas e outras formas xurídicas, non os autónomos, teñen dende o 15 de xaneiro de 2015 de presentar exclusivamente factura electrónica.

Continuamos coa tipoloxía de contratos administrativos e os elementos esenciais dos contratos. Foi interesante coñecer algúns aspectos máis prácticos, como por exemplo a confidencialidade que a administración debe salvagardar nas ofertas que recibe e nos importes de cachés artísticos negociados, ou o feito de que un contrato verbal ten validez legal no sector privado pero non cun cargo político ou representante da administración pública.

As alianzas entre sector público e privado ocuparon o seguinte tramo da aula, comentando as distintas opcións para formalizar esta cooperación e tamén as dificultades normativas para adoptar novas prácticas neste eido.

Paulo aproveitou para complementar a explicación realizada nunha sesión anterior por Natalia Balseiro sobre o interesante proxecto de mediación e programación expandida realizado en TRC DANZA 2014, aportando neste caso a perspectiva dende a administración.

Para rematar, coñecemos algunhas claves a ter en conta nunha negociación directa con administracións e espazos de xestión pública, especialmente no referido ás canles de entrada, formato e contido de dossieres informativos, canles de comunicación, tempos e persoas a contactar.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*