Venres 11/12/20

Marketing e comunicación cultural (I). Marketing cultural e xestión de públicos. Con Beatriz Fontán

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión PRESENCIAL na aula 8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Avda. Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela)

Lembrade: segundo entrades na Facultade, metédesvos pola cafetaría e seguides ata o fondo dese corredor. Xusto despois dunhas portas de cristal de apertura automática está a aula 8.

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión coñecemos as claves fundamentais do marketing aplicado ao ámbito cultural, empregando o marketing relacional e as técnicas que nos permitan coñecer aos nosos públicos destinatarios. Fixémolo da man de Beatriz Fontán, que forma parte do equipo de titor*s desta edición. Con ela vimos tamén como levar á práctica esta cuestións en relación aos vosos proxectos. Aquí tedes os vídeos da sesión!

CONTIDOS TEMÁTICOS

Compartimos o enlace e claves para acceder a un dos cursos en liña do Plan Formativo 2020 da AGPXC , moi recomendable para quen desexe ampliar sobre este ámbito dos públicos e audiencias.

Componse de 10 unidades temáticas, en formato vídeo-sesións co docente Andreu Garrido. Da súa man poderás deseñar de xeito moi práctico, paso a paso, un “Plan de Desenvolvemento de Audiencias” para a túa propia organización ou empregando calquera exemplo que resulte de interese.

Se é a primeira vez que entras na plataforma formativa, neste mesmo enlace poderás realizar o teu rexistro. Unha vez dentro, terás dispoñible información práctica sobre o funcionamento da aula virtual, a dinámica do curso, así como varias canles de soporte activas para calquera dúbida ou consulta que nos queiras facer chegar.

Accede aquí á plataforma formativa: https://www.formaciondixital.com/main/auth/inscription.php?c=5DESENVOLVEMENTOAUDIENCIAS&e=1

Se xa tes un perfil de usuaria/o na plataforma tan só tes que acceder ao catálogo de cursos e inscribirte neste novo:

Catálogo de cursos (https://www.formaciondixital.com/main/auth/courses.php)

O contrasinal para acceder ao Curso é:
AGPXC5DA

Trátase dunha oferta formativa gratuíta, con acceso a todos os contidos publicados ata o 31 de marzo de 2021.

Por unha banda, a presentación que empregou na sesión:

E estoutros contidos: