A edición e comercialización de produtos culturais con Marcos López

Marcos López, responsable da Área Audiovisual de OQO editora, OQO filmes, foi o noso docente convidado o pasado venres 6 de febreiro. Dentro das distintas liñas de financiamento cultural que estamos a revisar neste 2º trimestre, a súa aula permitiunos coñecer as claves da edición e comercialización de produtos culturais, especialmente os editoriais e audiovisuais. Tamén puidemos achegarnos a diversos proxectos culturais de alfabetización audiovisual e animación á lectura que naceron a partir de albumes ilustrados, o produto referencial de OQO.

Comezamos a sesión repasando a evolución e características das industrias culturais e creativas, termos que Marcos defendeu en base á súa relevante importancia estratéxica dentro das economías e territorios máis desenvolvidos. Nesta economía da creatividade, a materia prima principal serían as ideas, polo que as creadoras e creadores deberan contar cunha especial protección. Tamén resultaría esencial realizar un esforzo maior na identificación das características e demandas dos públicos.

No seguinte tramo os protagonistas foron os dereitos de autor, tanto os morais como, especialmente, os patrimoniais ou de explotación, que son a base sobre a que traballa na edición de produtos culturais. Revisamos as implicacións de ser autor, as distintas figuras que poden ser titulares de dereitos, así como unha panorámica das principais entidades de xestión segundo o tipo de dereitos cos que operemos:

Entidades de xestiónEntidades de xestiónEntidades de xestión

Nunha sesión especialmente participativa, suscitou un gran debate o eido da comercialización dixital de produtos culturais e derivados. Marcos comentou as dificultades coas que se están a atopar nun mercado aínda incipiente para o álbum ilustrado, aínda que tamén remarcou a oportunidade que se abre no terreo educativo, tanto no sistema formal comcocorico oqoo na educación non formal. Segundo el, a través do álbum ilustrado pódese tratar case calquera tema e supón unha ferramenta moi empregada polo profesorado.

Falando xa da traxectoria de OQO editora coñecemos como, dende Pontevedra, crearon un espazo de creación con vocación internacional a través da produción propia en distintas linguas, traballando con autor*s, ilustrador*s e animador*s de todo o mundo e buscando sempre unha ampla diversidade de sensibilidades artísticas.

Para eles, un álbum ilustrado é unha forma de expresión característica, que supón sempre unha significación combinada entre texto e imaxe. A diferencia dun libro con ilustracións, no caso do álbum o texto non tería sentido de xeito independente.

No paso á produción audiovisual, escolleron a técnica de stop-motion para todos os seus proxectos porque consideran que é a que mellor recolle o espírito dos albumes. A súa intención foi sempre desenvolver proxectos tomando un álbum como punto de partida e cun equipo de animación propio, creando unha estrutura de produción constante e áxil, un dos principais retos que tiveron que afrontar en OQO filmes.

 

Claves audiovisualClaves audiovisual

 

Analizando o financiamento de producións audiovisuais falamos das liñas públicas e da necesidade de contar co apoio dunha canle de TV e dunha distribuidora audiovisual, cuestións moitas veces entrecruzadas. Tamén fixo fincapé na necesidade de contar cun plan de protección da propiedade intelectual e industrial de acordo cos produtos e mercados previstos, o que nos permitirá diversificar e internacionalizarse con maior seguridade xurídica.

Xa cara ao final da sesión, unha estratexia de 360º partindo dun produto que xa funcione contará con maiores posibilidades de éxito que intentar lanzar varias liñas de produto dende cero. No caso de non contar con esa referencia previa, recomenda comezar polo lanzamento inicial dun produto editorial, con menores custes de produción, para testear a resposta do público.

Rematamos a aula coñecendo distintos proxectos culturais como Cociña de contos, Nós tamén creamos ou Contos no Camiño, entre moitos outros que OQO desenvolve arredor do mundo.

 

.

.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*