Conferencia de Lluís Bonet na Facultade de CC. Económicas da USC: “O valor económico da cultura e o patrimonio”
Canto pesa o sector cultural no PIB? Que impacto económico ten un festival de música ou de cine? Que papel pode desempeñar un monumento ou unha especialidade gastronómica no desenvolvemento territorial?
Estas e outras cuestións serán abordadas por Lluís Bonet nunha conferencia que levará por título “O valor económico da cultura e o patrimonio”. Lluís Bonet é profesor da Universidade de Barcelona (UB) e director da área de posgraos en xestión cultural. Considerado o maior experto peninsular en Economía da Cultura, é consultor da UE e da UNESCO, e ten impartido conferencias en máis de 40 países.
O seu relatorio celebrarase no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas, o xoves 26 de maio, ás 20h. O acto está organizado polo Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!