Ferramentas dixitais e creación colectiva, con María Yáñez
Por Noa Díaz
Na última aula do curso visitounos María Yáñez, especialista en contidos dixitais e en distribución e promoción audiovisual en internet, para falarnos da cultura dixital.
Comezou falándonos da cultura de converxencia e da participación cidadá. Antes consumiamos un contido determinado nun momento determinado, agora non só consumimos un contido senón que tamén participamos del a través dos medios dixitais. Pasamos da cultura broadcast (un emisor envía información a multitude de receptores) á cultura p2p (rede entre iguais)
Hoxe en día tod@s somos (en potencia) prosumidores/as, é dicir, produtores/as + consumidores/as. Tod@s temos a capacidade de producir cultura e, neste contexto, o concepto de autoría ponse en cuestión: aparece a cultura libre, o software libre, as licenzas libres (que non necesariamente de balde). Tod@s copiamos e transformamos constantemente contidos dixitais.
Segundo María, apropiacionismo hóuboo sempre, facémolo todos os días, apropiámonos (en internet) de algo e automáticamente transformámolo e compartímolo. E neste punto pon como exemplo Canto ghalpón, un portal galego de memes.
Logo fálanos de comunidades participativas, onde o público é o creador, poñéndonos algúns exemplos como Galipedia, Panoramio, Wikiloc ou oque.gal . Fálanos tamén de economía colaborativa, de casos como os de Etsy, Goteo ou Patreon. E do consumo colaborativo: airbnb, eatwith, blablacar, nos juntamos, screenly .
Aquí María fai un pouco de historia da utilización dixital en Galicia, que se remonta ao Prestige e ao nacemento da plataforma Nunca Mais, momento no que se xenera a necesidade de informarse e compartir o que está acontecendo. Desta necesidade nacen propostas como “hai que botalos”, “a burla negra” ou “blogaliza”, exemplos de organización colectiva dende a base.
Despois falamos de colaboración e relato colectivo e coñecemos e analizamos un sinfín de exemplos interesantísimos, moitos deles galegos, de documentais e webs colaborativas como Are you happy?, eufalo.tv, o monte é noso, 18 days in Egypt, cartografías sensibles, fai rúa, living los sures, Riotorto no tempo, tesouros do tempo, fálame de San Sadurniño, proxecto socheo
Finalmente, na segunda parte da tarde, falamos e analizamos colectivamente na aula a parte dixital dalgúns dos proxectos que estamos a desenvolver o alumnado por equipos.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!