Araceli Corbo

Estratexias de comunicación dixital para institucións culturais. Con Araceli Corbo

Por Ángel Sánchez

Chegamos a última clase desta edición do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural  da man de Araceli Corbo, responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC, o Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León.
A sesión exposta por Araceli Corbo tratou das estratexias de  comunicación dixital en organizacións culturais. Nunha primeira parte da exposición, coñecemos o funcionamento do MUSAC e como, dende a propia organización, levan a cabo a estratexia de comunicación acorde a os novos tempos e públicos.

Dende o punto de vista da estratexia dixital, Corbo insistiu na reflexión do uso das novas ferramentas de comunicación dixitais para lograr os obxectivos fixados nun plan de comunicación. Pensar no usuario, e na súa forma de consumir información, é a clave para levar a cabo unha correcta estratexia e conseguir o nosos obxectivos.

Hoxe en día, podemos comunicar calquera proxecto dende multitude de canais dixitais a diferentes públicos. Por esta razón, os canais de comunicación deben de ser elixidos en función dos públicos obxectivo e producir contido propio e orixinal adaptado ó noso proxecto. Crear contido propio, orixinal e relacionar contenidos entre os canais de comunicación usados, permítenos fidelizar, crear comunidade e reforzar a nosa mensaxe.

Un dos exemplos mais destacables que Araceli Corbo compartiu con nos, O Musac en Aurasmafoi a utilización da realidade aumentada AURASMA no MUSAC. Esta tecnoloxía permite etiquetar imaxes ou obxectos físicos ou lugares da vida real e introducir contidos dixitais interactivos como vídeos, animacións ou imaxes en 3D para que a persoa, cando visualiza un obxecto ou imaxe a través dun dispositivo electrónico poda recrear unha experiencia propia e orixinal.
A segunda parte da sesión tratou de coñecer as fases para definir y desenvolver unha estratexia de comunicación dixital :

  • Punto de partida
  • Obxectivos
  • Públicos
  • Estratexias de contidos
  • Canais de comunicación
  • Accións e calendario de publicacións
  • Medición
  • Reestruturación da estratexia.

Unha sesión cercana, práctica e innovadora na que Araceli Corbo nos transmitiu unha mensaxe ao comezo da clase e que quizais sempre debe acompañarnos: “Nunca deixedes de aprender”.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*