Cultura dixital. Con María Yáñez

Por Luz Mery Barral

O pasado  xoves 25 de abril estivemos no Consello da Cultura Galega con María Yáñez, con quen fixemos  unha pequena viaxe polos contidos  dixitais  dende  o pasado século ata  a actualidade.

María Yañez foi unha das primeiras persoas que traballaron na  creación de contidos dixitais, primeiro en  Internet, facendo pequenas citas e traballos de xornalismo de pouca extensión, e logo xa noutras plataformas.

vieiros-comSobre o ano 1996 no diario en galego Vieiros, primeiro portal- revista en galego, xa desaparecido, que ela dirixiu case un ano. Logo desta época,  comézanse a crear  os primeiros blogs, especialmente despois do Prestige, como maneira reivindicativa e de protesta.

Aparecen as webs 2. 0, blogs mais creativos…espazos xa propios para crear diariamente como ferramenta para auto-publicar. Unha anotación importante: nestes momentos chégase a ter uns tres mil  blogs  en galego. Todo un récord.

As persoas que utilizaban estes medios  publicaban sobre todo contidos de carácter persoal, como ferramenta para establecer tecido social. Cada vez vanse mellorando e creando novas plataformas para crear contidos dixitais de maneira rápida e innovadoras, de maneira que as persoas tamén se van acomodando a elas e, desta maneira ,vanse xerando mais contidos dixitais.

No ano 2015 créase a plataforma YouTube, que supuxo unha ventá máis accesible para dar a coñecer a cultura  galega, especialmente a lingua, xa que conseguía chegar a diferentes partes  dunha maneira diferente e máis amena.

Todas estas ferramentas  dixitais permítennos crear e compartir contido, pero hai unha tendencia a que  as diferentes plataformas nos indican como facelo, xa que non é o mesmo subir unha publicación  a un  blog que a  unha web ou rede social .

María Yañez tamén nos amosou  exemplos de diferentes plataformas que teñen ou tiveron diferentes contidos:

  • Panoramio:  persoas comparte fotos de lugares e as súbenas a un mapa para que ti poidas  ver fotos do lugar  antes  de ir.
  • Wikilock:  plataforma para compartir  rutas de sendeirismo.
  • Oque.gal:   ferramenta para compartir preguntas e respostas  dos usuarios da mesma.

E outras moitas como  Galipedia, Desgalipedia…

Ademais, hai plataformas propias e máis organizadas, cun obxectivo propio  de organizacións, entidades ou particulares  como pode ser Fálame de San Sarduniño (Concello de San Sarduniño), Proxecto Neme ou  Photic  (Concello de Carballo) ou como foi Escoitar ( Consello da Cultura Galega). Na actualidade estase producindo moito contido en galego, tanto en plataformas como YouTube como  na produción de curtametraxes e webs series.

Para finalizar María Yañez falounos  sobre Vinte como directora e creadora.  Vinte nace  como unha plataforma de levar a praza onde se conta a información entre os veciños, pero no medio dixital: “unha praza de contidos” en galego.

O obxectivo principal  de Vinte é xerar contidos en galego e chegar a todos aquelas persoas a información  dunha maneira diferente  ou que non utilizan os medios  tradicionais. Outros dos obxectivos é a profesionalidade: Vinte creou métodos para conseguir a profesionalidade  dos artistas e a veracidade dos contidos, información e un  produto diferenciado.

 

Reflexións sobre o traballo creativo, con Remedios Zafra

O mesmo día finalizamos a xornada  coa conferencia de Remedios ZafraRemedios zafra, unha pensadora, escritora e feminista que nos falou sobre a precariedade dos traballos no ámbito da creación. Gañadora  do Premio Anagrama  pola obra  O entusiasmo, ofreceu no Consello da Cultura Galega unha reflexión sobre a creatividade e traballo creativo na Cultura-Rede.

Para  Remedios zafra non só é precariedade a parte económica, senón tamén a parte de acceso á Cultura;  os medios para poder  crear os artistas  que moitas veces é peor que aparte económica, por  iso recoméndanos e defende,  que debemos crear  innovando per sen esquecer aquelo que funciona apostando por un carácter  diferenciado.

Un consello para todos, pero sobre todo para os creadores e produtores de Cultura, é que non somos máquinas, senón que necesitamos TEMPO e espazo para crear. Producir  por producir sen “mimar” o traballo non dá bos resultados: aínda que o público ás veces nono entenda, necesítase tempo para  tomarse un respiro e abrir novas ventás.

 

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] os nosos proxectos a posibles financiadores e patrocinadores culturais. Sen esquecernos da cultura dixital e das estratexias de comunicación dixital coas que traballan algunhas das principais institucións […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*