2018-01-10 deseño proxectos 1

Deseño operativo dos proxectos culturais. Con Marcos Lorenzo, Sergio Lago e Diego Parajó

Por Débora Valuja

A primeira aula despois do Nadal estivo enfocada en (pre)visualizar as tarefas que cada equipo deberá desenvolver durante os próximos dous meses. Esta visualización foi dividida en tres partes.

A primeira parte foi a máis teórica. Debuxamos unha estrutura ideal temporal para os nosos anteproxectos. Como é evidente, o obxectivo da mesma é conseguir avanzar e estar organizados. Aínda así, todo está conectado: tanto as fases anteriores como estas, por moito que as queiramos dividir. Fundamentalmente, agora todo funcionará en espiral.2018-01-10 deseño proxectos 9

As datas de entrega supoñen unha guía para unha mellor e máis eficaz organización pero, como todo está, non son compartimentos estancos. Para conseguir chegar a tempo a todo, Diego mostrounos algunhas ferramentas de planificación: planificación inversa, útil para prazos limitados; follas de ruta, cunha estrutura moi detallada; liñas de tempo, máis útiles para visualizar os momentos e ter mellor perspectiva; e o diagrama de Gantt, útil para dividir o traballo e definir tempos de execución.

A segunda parte da aula2018-01-10 deseño proxectos 4 foi totalmente práctica. Divididos en equipos, intentamos comezar a construír un primeiro cronograma e comezar a ser máis conscientes do tempo e das tarefas que realmente temos por diante.

A terceira e última parte da aula foi unha sesión de dinámicas con Diego, centrada en coñecernos mellor os uns aos outros, máis alá dos nosos equipos, e acabar por levarnos algunha cousa bonita dos demais.

 

 

 

 

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*