Equipo promotor e titorías

O grupo impulsor do Curso está formado pola profesora de economía aplicada na USC Isabel Neira e os xestores culturais Marcos Lorenzo e Sergio Lago, dous profesionais en activo de contrastada traxectoria. O equipo complétase cun grupo de titores: Diego Parajó e Sonia Díaz, que apoian aos grupos de aprendizaxe co seu coñecemento especializado en novas metodoloxías de deseño e traballo en equipo e comunicación cultural, respectivamente, e Beatriz Fontán e Diego V. Meizoso, que aportan ás participantes o seu coñecemento en marketing cultural e en xestión de proxectos culturais.

Isabel Neira

Isabel Neira

Co-directora

Doutora en Ciencias Económicas e Catedrática do Departamento de Economía Cuantitativa na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Membro do Centro de Investigación ECOBAS, no que exerce de coordinadora de transferencia.

Actualmente é secretaria da Escola de Doutoramento da USC (EDIUS), membro do Consello Galego de Estatística, directora técnica GEM-USC.

As liñas actuais están centradas na analítica de datos aplicada a diferentes ámbitos da economía do comportamento, e en xeral a combinación das investigacións en comportamento dos axentes económicos considerando aspectos de psicoloxía social e socioloxía, como a cultura e o capital social.

Sergio Lago

Sergio Lago

Co-director

Socio fundador de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural centrado na consultoría en políticas culturais, a formación especializada e o deseño de programas e eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade.

Comeza a súa carreira profesional creando un estudo de deseño gráfico e web vinculado ao sector da edición e distribución, tanto física como dixital, de contidos culturais, sobre todo audiovisuais e musicais. Nesta etapa forma parte activa de asociacións sectoriais, no ámbito galego e español. Ademais de en redes, foros e misións comerciais internacionais.

En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo ata maio de 2013 o proceso de reformulación estratéxica do seu modelo, así como a organización integral do evento anual. Entre 2013 e 2015 asumiu a coordinación técnica na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con quen colaborou posteriormente no deseño e coordinación do Banco de Boas Prácticas en Xestión Cultural e en iniciativas de mellora das condicións laborais na profesión.

Membro da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega desde 2019, ten publicado diversos artigos e informes sectoriais, ademais de asesorar a administracións públicas en deseño de políticas culturais, comisións técnicas e liñas de apoio sectorial.

Nos últimos anos ten traballado en programas de cultura dixital, proxectos que vinculan cultura e benestar social, iniciativas sectoriais no ámbito creativo da da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e no deseño de plans formativos para axentes culturais e creativos de toda Iberoamérica.

Marcos Lorenzo

Marcos Lorenzo

Co-fundador e asesor de contidos

Marcos Lorenzo é economista con formación complementaria en Antropoloxía e Xestión Cultural. Foi impulsor e coordinador académico deste Posgrao en Xestión Cultural.

Membro do Consello da Cultura Galega, representou a este organismo na comisión designada para a creación do Grao en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela.

Entre outras publicacións profesionais, foi editor e co-autor do libro “A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual” (Andavira Editora. 2019) e director do “Informe Anual da Cultura en Santiago de Compostela” en 2018 e 2019.

Traballou como asesor da Cidade da Cultura de Galicia e dirixiu a empresa de xestión cultural e-Burbulla S.A. Foi xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop. Galega.

Socio fundador de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural centrado na consultoría en políticas culturais, a formación especializada e o deseño de programas e eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade. Nos últimos anos traballou como técnico de Cultura do Concello de Ferrol, onde dirixiu a elaboración do Plan Estratéxico da Cultura de Ferrol 2023-2028.

.

Diego V. Meizoso

Diego V. Meizoso

Docente e titor

Xestor cultural con 15 anos de experiencia, é dende o ano do 2017 xerente de Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), unha das máis importantes e aglutinadoras do Estado a nivel sectorial, con 60 compañías produtoras asociadas.

Tamén dende agosto do 2018 coordina Camiño Escena Norte, proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas promovido pola propia Escena Galega e as súas entidades parceiras EscenAsturias (Asturias), Acepae (Cantabria), Eskena (Euskadi) e Escena Navarra (Navarra), que este ano contará coa súa 6ª edición.

Antes foi socio traballador da cooperativa cultural 7HCoop, onde deseñou e coordinou proxectos de mediación cos públicos sobre a programación de artes escénicas de Compostela Cultura e o programa de Didácticos Audiovisuais. Traballou no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival Internacional de Teatro Universitario de Galicia, nas actividades do trinta aniversario do Museo do Pobo Galego e na produción do ALT (festival alternativo das artes escénicas de Vigo), do Corpo(a)Terra (festival de danza e artes do corpo de Ourense) ou do ciclo musical De Lugares e Órganos e do programa de música en espazos de interese cultural Espazos Sonoros, entre outras moitas propostas relacionadas coa coordinación e programación de contidos.

Estudou filoloxía inglesa na USC, ademais de varias formacións orientadas ao ámbito cultural como os posgraos en Xestión do Mercado Cultural e do Lecer (UNED), Animación Sociocultural, Lecer e Tempo Libre (UNED) ou Sectores e Industrias Culturais (UOC), así como o mestrado en Xestión Cultural, Orientación Rrofesional (UOC-UdG), entre outras propostas formativas.

Beatriz Fontán

Beatriz Fontán

Docente e titora

Máster en Dirección Comercial e Marketing e Máster en Producción e Xestión Audiovisual. Educadora infantil. Especializada en marketing cultural.

Desenvolve a súa carreira nas áreas de comunicación, produción, xestión e mercadotecnia. Entre outras compañías ten traballado no Grupo Prisa, El Mundo e as produtoras galegas Filmax, Ficción Producións, Milú Films e Continental Producións, coordinando tamén o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela “Curtocircuito”. Durante os últimos anos colaborou estreitamente coa  banda galega “Berrogüetto” asumindo as tarefas de management e contratación de xiras a nivel nacional e internacional.

Actualmente desenvolve temas de formación, estratexia e comunicación efectiva para profesionais independentes e PEMES, ademais de impulsar novos proxectos como www.serapornombres.com e www.poliedrica.es

Diego Parajó

Diego Parajó

Docente e titor

Desde 1998 é socio fundador e xerente de Xeneme Innovación Social, onde desenvolve a súa actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais. Desde 2008 dirixe o centro sociocultural municipal Local de Música de Pontevedra.

Diplomado en Educación Social, e Máster en Responsabilidade Social Empresarial. Experto en Xestión Cultural. Con ampla experiencia como mentor e facilitador de equipos, na transformación organizacional a través da dixitalización de procesos e o uso de metodoloxías áxiles así como na aplicación de procesos de innovación con Design Thinking.

Docente e titor no curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela desde 2015.

Sonia Díaz

Sonia Díaz

Docente e titora

Freelance en nócomún, Experta en comunicación cultural

Licenciada en Xornalismo, cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.

Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos e de Nordesía Producións entre outros. Actualmente deseña e executa as estratexias de comunicación de numerosos festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas.

Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.

Ruth Sousa

Ruth Sousa

Xestión e comunidade

Formada en realización audiovisual, é Experta en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC. A súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da televisión galega e de varias produtoras.  Posteriormente, desenvolveu noutros medios perfís vinculados á redacción de contidos, en emisoras de radio e xornais e, especialmente, no ámbito televisivo. Nos últimos anos, ademais de colaborar puntualmente nalgúns medios e desenvolver traballos audiovisuais, reorientou o seu interese profesional cara os ámbitos cultural e social.

Socia de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural centrado na consultoría en políticas culturais, a formación especializada e o deseño de programas e eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade.

Actualmente é responsable de proxectos na Coordinadora Galega de ONGDs.

Alejandro Nieves Rodrigues

Alejandro Nieves Rodrigues

Comunicación

Vinculado dende cativo ao asociacionismo formando parte de diversos proxectos de música galega. Logo de diversos voluntariados vinculados co sector, decide especializar os seus estudos de ADE e Publicidade e convertirse en comunicador e xestor cultural. Faino a través do Curso de Expertx Universitarix en Xestión Cultural e convencido do poder da cultura activa e o seu carácter transformador.

Dende o comezo profesional, Alex ve na figura de freelance unha oportunidade de traballo no sector e isto levao a colaborar en proxectos moi diversos como a axencia de comunicación musical Lume!, o Museo de Verín, BenCuriosa ou artistas como Cristina Pato.

Actualmente traballa a medio camiño entre Santiago de Compostela e Verín. Forma parte do equipo de comunicación de CULTURACTIVA sumando en diversos proxectos de artes escénicas e música. Tamén foi director de comunicación do INTERSECCIÓN – Festival de Arte Contemporánea da Coruña e é director de produción do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.

Tamén co-xestiona o proxecto Farlopa.Fanzine orientado á dinamización cultural da comarca de Verín, lugar no que colabora con outros axentes como a Banda de Gaitas Nova Era, a Fundación Dentalnova e outros colectivos de traballo cultural asociativo cos que realiza proxectos de caracter puntual.

Profesionais e expert*s convidad*s

Para o día a día dun profesional da xestión de proxectos resulta imprescindíbel contar cunha rede de expertas colaboradoras e aprender a traballar de xeito horizontal con equipas multidisciplinares. Por este motivo apostamos por convidar a profesionais en activo que nos permitan afondar nos aspectos máis importantes de cada unha das dimensións da xestión cultural.

 

 Irene Aláez Vasconcellos

Irene Aláez Vasconcellos

Fundadora de Una más una

Licenciada en Derecho. DEA en Derecho de la Cultura por la UCIII de Madrid y formación específica en gestión de Fundaciones e Instituciones Artísticas y Culturales.

Ha trabajado en diferentes instituciones de gestión privada como la Fundación Caixa Cataluña o la Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exteriores (SEACEX). Desde 2005 trabajó en la Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas coordinando la Unidad de Artes Visuales, encargada, entre otras cosas, de la promoción de la cultura española en el exterior, a través de eventos, exposiciones itinerantes, bienales y festivales internacionales, etc. Hasta diciembre de 2010 ejerció de Subdirectora del Absolut Lab, espacio dedicado a la creatividad mediante las técnicas más innovadoras de la producción digital. Desde 2011 compagina su labor profesional en una más una con la investigación cultural y la docencia en diferentes Master y Postgrados de Gestión y Cooperación Cultural.

Fran Núñez

Fran Núñez

Responsable de coordinación do departamento de Producción Teatral de AGADIC e director do Centro Dramático Galego (CDG)
Emi Candal Bouzas

Emi Candal Bouzas

Socia da cooperativa Urdime e portavoz da Sectorial de Cultura de Espazo Coop

Emi Candal é licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa experiencia profesional pasa polo mundo da educación nos centros de formación do profesorado e os traballos vinculados ó Instituto Nacional de Estadística, no que solicitou unha excedencia no ano 2014 para entrar a formar parte da cooperativa de traballo asociado Urdime, da que é socia traballadora, na área de distribución de propostas culturais, e presidenta da empresa.

Como socia de Urdime forma parte activa de entidades que agrupan a representatividade do sector, tanto no que se refire ás cooperativas de traballo como ao sector cultural en Galicia. Como a Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas de Galicia-Espazocoop, da que é Emi Candal é a portavoz, ademais de ser vogal do consello reitor da Unión.

En paralelo a esta labor e ao seu traballo en Urdime, ten participado en xornadas, seminarios e formación en xeral relacionada coa RSE , o emprendemento feminino e o cooperativismo cultural.

Carlos Lorenzo

Carlos Lorenzo

Técnico de Cultura de Carral e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Carlos Lorenzo é técnico de Cultura do Concello de Carral desde 1995 e actualmente compaxina esa labor coa presidencia da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).

É técnico superior en Produción de Espectáculos e Audiovisuais e posgraos en Animación Sociocultural  e en Planificación e Desenvolvemento Local.

No ámbito privado da cultura foi socio fundador e director de proxectos de Inicia Consultoría e Xestión entre os anos 2005 e 2013.

Ademais da súa labor na área de cultura do Concello de Carral desenvolve profesionalmente unha faceta creativa como fotógrafo con 5 libros publicados e exposicións que teñen visitado unha vintena de salas por toda Galicia, así como produtor e director audiovisual, sendo o seu último proxecto o documental Vértice de versos.

Jaume Colomer

Jaume Colomer

BissapLab. Consultor especializado en análisis y gestión de públicos de la cultura

Jaume Colomer é consultor especializado en análise e planificación de sistemas e organizacións culturais, ademais de especialista en análise e xestión de públicos da cultura, así como en planificación e xestión de artes escénicas.

É o fundador e director da consultoría BISSAP, especializada en xestión cultural, dende a que realizou ou dirixiu máis dun cento de estudos, plan e proxectos.

Foi profesor asociado da Universidade de Barcelona (1994-2018) dando clase no Grao de Educación Social e no Mestrado oficial en Xestión Cultural como titular, entre outras, das asignaturas Estudo de Públicos e Políticas de Programación Cultural, Programas de Animación Sociocultural e Pedagoxía do Ocio.

Na actualidade segue a impartir docencia en varios mestrados e posgraos da UB, ao tempo que colabora con outras universidades. Ademais, é responsable da Secretaría Técnica del Cercle de Cultura e asesor do programa CaixaEscena do Fundación La Caixa. 

Os seus últimos títulos publicados son: (2006) La gestión de las artes escénicas en tiempos difíciles (Cuadernos Gescénic), (2009) Marketing de las artes escénicas. Creación y desarrollo de públicos (Cuadernos Gescénic, en coautoría con Jordi Sellas), (2012) Guía legal y financiera de las artes escénicas en España (Instituto Autor), y (2013) Formación y gestión de públicos escénicos en una sociedad tecnológica (Fundación Autor-SGAE). Ata o 2019 foi colaborador mensual da revista ARTEZ, na que publicou máis dun cento de artigos.

Montserrat Tort i Bardolet

Montserrat Tort i Bardolet

Jefa del Gabinete Técnico del Instituto de Cultura del Ayuntamiento de Barcelona

Licenciada en psicología por la Universidad de Barcelona y máster en Gestión Pública por ESADE. Trabaja en la cultura municipal desde 1989 en temas relacionados con la gestión y la evaluación. Primero en el ámbito de las subvenciones, más tarde en el de patrimonio y desde 2004 llevando el gabinete técnico, que entre otros temas es el responsable del Observatorio de Datos Culturales de Barcelona.

Alberto García

Alberto García

Técnico de cultura de Boiro e ex-presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Posgrado en Educación Social e Animación Sociocultural.

Inicia a súa traxectoria en 1993 no eido da educación non formal. Dende 1999 é técnico de cultura do Concello de Boiro e exerce como director do Centro Social de Boiro. A partir de 2007 compatibiliza o traballo municipal con proxectos para Xunta de Galicia, plan Xacobeo, Culturgal (Feira das industrias culturais galegas), Cidade da Cultura de Galicia e outros.

No terceiro sector, participa activamente no movemento asociativo. Foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (2015-19) e, actualmente, é membro da comisión temporal de Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega.

Colabora habitualmente en docencias para USC (CEUXiC, Facultade de Humanidades Lugo, Educación Social SdC) e outras institucións. Tamén publica con regularidade textos relacionados ca xestión cultural, insistindo moito nas teorías da cultura cidadá.

Pau Rausell

Pau Rausell

Profesor da Universidade de Valencia, Experto en Economía da Cultura

Profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Valencia, onde dirixe “Área de Investigación en Economía Aplicada á Cultura” (ECONCULT). É un dos maiores expertos estatais en economía da cultura.

Participa como investigador principal en numerosos proxectos europeos e iberoamericanos, onde é requirido como relator de numerosos cursos, seminarios e conferencias. Colabora asiduamente en prensa escrita (El País) e radio (Cadena Ser, programa La Ventana).

Roberto Gómez de la Iglesia

Roberto Gómez de la Iglesia

Consultor experto en cultura e innovación, Director de c2+i e de Conexiones improbables

Economista e consultor, foi durante 25 anos conselleiro delegado do grupo Xabide, unha das empresas pioneiras na península ibérica en xestión cultural.

Especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa, foi coordinador do proxecto Disonancias, e agora da iniciativa Conexiones Improbables, a través da súa nova empresa c2+i (culture + communication + innovation).

Profesor de formación de posgrao en xestión cultural na Universidade Complutense de Madrid, e nas universidades de Deusto e de Córdoba (Arxentina). Publicou media ducia de libros sobre economía, cultura e comunicación.

Carme Casado

Carme Casado

Responsable de Promoción Económica en CERSIA Empresa

Carme Casado é economista, “vocacional e profesional”. Como ela mesma adoita explicar, é unha “facilitadora de proxectos empresarias e institucionais”. Faino en CERSIA Empresa, un organismo dependente do Concello de Santiago e, por tanto, de carácter público, no que é a responsable de Promoción Económica.

O seu traballo, e os seus intereses académicos, diríxense aos ámbitos do desenvolvemento local e a promoción económica como eixos do desenvolvemento das cidades e da calidade de vida da cidadanía. Sobre esta cuestións ten impartido varias conferencias e cursos.

Uxío Novoneyra Rey

Uxío Novoneyra Rey

Consultor de proxectos culturais

Politólogo. Diploma de Estudos Avanzados en Procesos Políticos Contemporáneos pola USC. Postgrao na ITE Caixa Galicia en Licitación internacional e Institucións Financeiras Multilaterais. Máster en Administración Europea e Xestión de Fondos Comunitarios pola Universidade da Coruña.

Actualmente é copropietario e consultor da empresa Proxespla, ademais de secretario da fundación Uxío Novoneyra, dende a que, entre outras actividades, promove o Festival dos Eidos, no Caurel.

É editor de Abooks, unha editorial -e unha solucionadora- orientada á transición ao mundo dixital, que (auto)edita, distribúe, publicita, deseña e acompaña na transición a edición dixital a outros axentes editoriais.  Anteriormene foi coordinador en Caligrama Libros, unha consultora de xestión de financiamento, proxectos e comunidades, ademais de distribuidora editorial, especializada no libro de importación e libro-obxecto en España.

José Luis Pérez Pont

José Luis Pérez Pont

Gerente del Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana y director artístico del Centre del Carme Cultura Contemporània 2016-2023

Ha dirigido con gran éxito y reconocimento profesional el Centre del Carme Cultura Contemporània de Valencia (CCCC) y el Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana (CMCV) desde 2016 hasta 2023. Convirtió el CCCC en un espacio centrado en la experimentación de las artes visuales y la interrelación con otros ámbitos como educación, creación y pensamiento, definiendo una nueva fórmula de agitación cultural que ha transformado la relación de los públicos con la cultura contemporánea. A través del CMCV desarrolló todo un modelo de trabajo que vertebraba el territorio a través de la cultura.

Licenciado en Derecho y Doctor en Bellas Artes, ha ejercido como crítico de arte, comisario de exposiciones y abogado. Ha presidido la Associació Valenciana de Crítics d’Art (AVCA) y el Consejo de Críticos y Comisarios de Artes Visuales de España.

En el ámbito del arte público, ha impulsado diferentes convocatorias de intervención en el espacio público urbano.

Soledad Felloza

Soledad Felloza

Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

Artista multidisciplinar (actriz, dramaturga, escritora, fotógrafa,…), Soledad Felloza traballa desde diferentes perspectivas a narración. No eido da literatura infantil publicou La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017) e A Cociñeira do rei (OQO, 2015), Premio Europeo de Narración Oral ao mellor conto para nenas e nenos.

Ademais de colaborar en publicacións literarias, dirixe a posta en escena do Instituto do Mediterráneo de Pepe Monleón do espectáculo “Tirant Lo Blanc”, con mozos de capacidades diferentes de sete países de Europa, e de “As mulleres e o mar”, no Centro de Arte de Argel. Imparte obradoiros de teatro en centros penitenciarios e de narración oral en centros de ensino, desde o ámbito infantil ao universitario, e do ámbito nacional e internacional.

Participa en campañas de animación á lectura así como en varios circuítos de artes escénicas do ámbito internacional. Ademais, ten realizado varios traballos e exposicións fotográficas.

Dirixe Atlántica desde o seu comezo, no ano 2013. O festival de narración internacional, que naceu en Compostela, celébrase actualmente en varios concellos galegos.

Ana Estévez

Ana Estévez

Educación e Acción Cultural no Museo do Pobo Galego, responsable da MICE e vicepresidenta de PROXECTA
Marcos Vázquez

Marcos Vázquez

Presidente de Clubtura (Asociación galega de Salas de Concertos) e Responsable de proxectos en Esmerarte Industrias Creativas
Manuel Gago

Manuel Gago

Profesor na USC. Director de culturagalega.org

Profesor asociado no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias como Arquitectura da Información e Teoría dos Cibermedios. Ao mesmo tempo, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación tratan sobre redes sociais, deseño interactivo de cibermedios e divulgación científica en novos formatos interactivos.

É experto en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia.

Ángel Piñeiro

Ángel Piñeiro

Responsable de produción de Bring the Noise

Ángel Piñeiro é o responsable de produción da empresa Bring the Noise, promotora de festivais, xiras e eventos como Resurrection Fest, O Son do Camiño, Tsunami Xixón ou Caudal Fest, así como da axencia de booking e management Rebel Beat Agency.

Fóra do ámbito estritamente profesional, a súa experiencia no ámbito da produción de eventos vén do movemento asociativo, a través da ACDR Praia do Castelo de Muros, de cuxa directiva formou parte durante dez anos. Unha entidade cultural organizadora, entre outras actividades, do festival Castelo Rock. Ángel é tamén un dos impulsores dunha inciativa recente, Músicos do Pobo, que vinculada a artistas e música coa localidade de Muros.

Formado inicialmente como técnico de Farmacia e Parafarmacia, Ángel é experto en Xestión Cultural (CEUXC, 2017), ademais de técnico en Musicoterapia (2016) e de dispor de formación de management musical (fundación Paideia, 2018).

Cristina Labandeira

Cristina Labandeira

Responsable da área económica e de proxectos de O Cable Inglés

Cristina é licenciada en Ciencias Empresariais pola USC e conta cun Postgrao en Dirección e Xestión de Institucións, Empresas e Plataformas Culturais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.

A súa traxectoria empeza no campo da xestión económica na produtora multimedia Interacción de Vigo e continúa con labores de consultoría empresarial para SIE Consultors Associats en Barcelona. Traballou tamén como coordinadora de proxectos na fundación de carácter social Roger Torné, dirixida ao ámbito lúdico-cultural da infancia, e desenvolvendo labores de deseño e produción de exposicións en La Guerrilla Comunicació, ambas en Barcelona.

En Galicia, tense encargado da xerencia de Agaphono (Asociación Galega de Produtores Fonográficos) e doutros proxectos vinculados ao ámbito da cultura, como a Central Folque. No ano 2012 funda xunto coas súas socias a cooperativa O Cable Inglés, onde traballa como responsable da área económica e directora de proxectos.

María Baqueiro

María Baqueiro

Consultora especializada en sostibilidade, coordinadora do "Pacto Cultura Sustentable"

María Baqueiro é enxeñeira de Minas e MBA Executive. Durante máis de 15 anos traballou no ámbito da consultoría industrial, participando en numerosos proxectos relativos á xeración e xestión eficiente da enerxía no sector industrial e na edificación e na xestión dos residuos, así como en diversos proxectos de I+D+i.

Neste ámbito ocupou diversos cargos, na etapa final como Directora da Área de Eficiencia Enerxética. Entre 2018 e 2021 foi profesora asociada na Universidade de Vigo, nas Escolas de Enxeñería Industrial e Enxeñería de Minas e Enerxía, impartindo diversas asignaturas (Termodinámica, Enxeñería Enerxética ou Xestión da Enerxía Térmica). Actualmente é mentora no proxecto Inspira STEAM, proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica e artística entre as nenas e forma parte do equipo de sostibilidade da empresa textil BIMBA Y LOLA, recentemente colaborou coa editorial CATRO VENTOS na redacción do prólogo e no asesoramento técnico para a tradución e adaptación ao contexto español e galego do libro Adeus Plástico! de Elisa Nicoli y Chiara Spadaro.

Dende 2018 traballa como consultora independiente no ámbito da sostibilidade, asesorando a entidades públicas e privadas. No ámbito da cultura imparte formación (PROXECTA, RED ESPAÑOLA DE TEATROS, UNA MAS UNA) e participa en diversos foros sobre cultura e sostibilidade, xa sexa como poñente ou moderadora (WOS Talks, FORO  TERRITORIOS PATRIMONIO, LUZ MADRID, RURAL-LAB, FORO PROFESIONAL DE IMPACTO E INDUSTRIAS CULTURALES Y CREATIVAS, MUSIC FEST MEETING, MONUMENTA ANDAR CON ARTE…), ou como comisaria (“A senda circular” e “Localizar e deslocalizar. Conversas internacionais sobre igualdade, patrimonio e cambio climático”, ambas no marco do festival Sinsal, Impacto positivo: unha alianza festivais-administración” dentro do marco A Cultura é un dereito da Deputación da Coruña).

Ten colaborado na redacción de diversas publicacións (Manual de Xestión para empresas de producción de Festivais de Músicais. Asociación Empresarial de Festivales de Galicia e AGADIC; Guía sobre festivais e sustentabilidade. A Axenda 2030 e os impactos positivos dos eventos. Deputación da Coruña).

É Responsable de Sostibilidade do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, premiado en 2019 como o Festival máis sostenible de España (Premios FEST) e coordinadora e promotora do PACTO CULTURA SUSTENTABLE, unha alianza entre axentes e festivais do ámbito da cultura para traballar de forma conxunta e coordinada na incorporación do enfoque da sostibilidade na xestión cultural, de tal forma que as prácticas culturais se alineen coa Axenda 2030.

Marta Suárez-Mansilla

Marta Suárez-Mansilla

Avogada especializada en Dereito da Cultura e xestora cultural

Marta é avogada e investigadora especializada en dereito da arte e da cultura ademais de xestora cultural. Fundou a consultoría especializada en Dereito da Arte e da Cultura Artworld Law, desde a que ofrece unha ampla gama de servizos con especial atención ás novas tecnoloxías e aos retos dixitais da creación contemporánea.

A súa traxectoria profesional centrouse na consultoría xurídica no ámbito da cultura e do mercado da arte, así como na xestión cultural en diferentes ramas, e en particular no sector da arte contemporánea, ámbito no que ten unha ampla experiencia e no que se desenvolveu como subdirector da Feira Art Madrid até maio de 2021.

Ao longo destes anos compaxinou a súa profesión coa investigación académica dentro e fóra de España, o que lle permitiu traballar no estranxeiro e completar parte da súa especialización cunha internship profesionales na ONU (NY). Así mesmo, conta cunha ampla experiencia como docente en diversos posgraos universitarios, cursos e xornadas sobre dereito da cultura e do mercado da arte.

Eloisa Pérez Santos

Eloisa Pérez Santos

Profesora Titular da Universidad Complutense de Madrid. Especialista en Estudios de Público (Psicología y Patrimonio Cultural)

A lo largo de sus más de 25 años de carrera, ha desarrollado una actividad profesional, docente e investigadora en el campo de los estudios de público en museos y otros contextos de interpretación del patrimonio cultural. Investigadora en varios proyectos recientes: MUSACCES, Arte, accesibilidad y museografía integradora, CONNECT (Connecting Audiences European Alliance for Education and Training in Audience Development), CIPAMU Ciudad, Patrimonio y Museos en España y Latinoamérica y I+D+i PUBLICUM, Públicos en transformación.

Impulsora y coordinadora científica durante más de 10 años del Laboratorio Permanente de Público de Museos del Ministerio de Cultura, donde dirigió más de una veintena de investigaciones sobre públicos y evaluaciones de programas sociales y educativos en los museos estatales españoles.

Coordinadora de importantes investigaciones en el ámbito iberoamericano, como “Análisis del público de los centros culturales de España en Iberoamérica y Guinea Ecuatorial” (2010) para la AECID (Ministerio de Asuntos Exteriores) y “Sistema de recogida de datos de público” (2016), para el Observatorio Iberoamericano de Museos. Integrante del Foro de Estudios de Público, una plataforma de dialogo y socialización integrada por profesionales e investigadores/as de Estudios de Público en el contexto iberoamericano.

Encarna Lago

Encarna Lago

Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo

Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, foi coordinadora e comisaria de 413 exposicións e autora de numerosos artigos e publicacións.

Defensora do traballo colaborativo e inclusivo, elaborou o informe para a creación da Rede Museística en xuño de 2006 e impulsou o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade, a través do cal trata de ofrecer un centro aberto e libre de barreiras.

Foi poñente en diversos foros nacionais e internacionais sobre didáctica e xestión de museos, capacidades diferentes, diálogo intercultural, responsabilidade social, xénero e igualdade, redes e conexións de museos e o enfoque do “software libre” aplicado á museoloxía.

O seu modelo de xestión baseado na democratización cultural “Museos para todxs entre todxs” recibiu, entre outros, o Premio da Critica Galicia 2004, Premio Once Solidaridade 2011, Premio Mellor experiencia didáctica dun Museo Fundación Rosalía 2008 e o Premio Boa e Xenerosa Árdelle o Eixo Os Aventados 2015.

Ángeles Miguélez

Ángeles Miguélez

Traballadora do Museo do Mar (Rede Museística Provincial de Lugo)

É licenciada en Dereito, traballa no Museo Provincial do Mar da Rede Museística Provincial de Lugo desde o ano 2011, sendo na actualidade encargada de auxiliares de sala.

Para a adaptación do seu  posto de traballo, a Xerente da Rede, Encarna Lago, ideou o proxecto “Fotografía a cegas”, do que formou parte, e a partir do cal comenza a participar en numerosos e diversos foros a nivel nacional e internacional, como o Congreso Internacional de Educación e Accesibilidade, Congreso Internacional de Museos Inclusivos, Encontro MUNAL ou o Congreso Internacional “O Museo para Todas as Persoas”, compartindo a experiencia da inclusión partindo da adaptación  do posto dunha persoa con discapacidade visual á actividade museística.

Xunto coa xerente da Rede Museística ten participado tamén como relatora en cursos de formación para a Rede de Museos Etnográficos de Asturias,  Rede de Museos-Consell de Mallorca, título propio de Técnico Auxiliar en Entornos Culturales da Universidade de Málaga para persoas con diversidade intelectual ou no Curso en liña de formación propia da Rede Museística Provincial de Lugo.

Roser Sanjuan

Roser Sanjuan

Responsable de Programas Públicos en Centre d’Art la Panera (Lleida)
Mar García

Mar García

Bibliotecaria e responsable de programación en biblioteca pública
Fran Quiroga

Fran Quiroga

Investigador e xestor cultural

Investigador transdisciplinar. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos nas universidades de Cork, Minho, A Coruña ou Granada e Master en Tecnoloxías da información Co-dirixiu investigacións como Ruraldecolonizado (MUSAC- CGAC).  Gabinete de Imaxinación Política (Concello de A Coruña), Fiestas Raras (imagina Madrid, Matadero), o Programa de Estudos en Man Común (PEMAN), o #salóndoMARCO (MARCO de Vigo), coordinou o proxecto Naturalizarte en Guadalaviar (Teruel) e foi co-coordinador de Montenoso. Tamén é mediador en Concomitentes, proxecto de arte cidadá, con Legado Cuidado, que se está desenvolvendo ao redor do parque do Pasatempo (Betanzos)

É coautor e coeditor das obras Pensar y Hacer. Prácticas culturales en contexto (Ministerio de Cultura y Deporte, 2020), Através das marxes (Bartleboth, 2018), Revoltando á terra (Bolanda, 2018), La fiesta, lo raro y el espacio público (Bartleboth, 2019) e ten impartido charlas en centros como o MUSAC, a Universidad de Oviedo, de Pensilvania (USA), o MediaLab Prado, o Ministerio de Cultura, a Universidade de Vigo ou a Fundación Cerezales, entre otros espacios.

Actualmente é técnico de I+D da rede ReVOLTA de grupos de investigación en agroecología (USC e UVIGO) e foi coordinador técnico do Laboratorio Ecosocial do Barbanza (USC, Fundación Santander e Fundación Ría), asi como está desenvolvendo a investigación  Sensorialidades Aplicadas, un ensaio arte e ciencia e forma parte da Mesa Patrimonio e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

Conxa Rodà

Conxa Rodà

Co-directora do curso Estratexia Dixital en Organizacións Culturais no Museo Nacional de Arte de Cataluña e na UOC

Filóloga de formación, Conxa Rodà co-dirixe o curso de especialización de Estratexia Dixital para Organizacións Culturais da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e o  Museu Nacional d’Art de Catalunya. Tamén  co-dirixe o Congreso Iinternacional de Museos e Estratexias Dixitais CIMED22 e imparte docencia en mestrados de distintas universidades.

Foi directora de Estratexia, Innovación e Transformación Digital no Museu Nacional d’Art de Catalunya (2012-2019), xefa de proxectos dixitais no Museu Picasso (2006-2011) e anteriormente directora de comunicación no Instituto de Cultura de Barcelona.

Tamén foi profesora no módulo de Comunicación Dixital para profesionais de museos de América Latina, organizado pola Fundación TyPA, Argentina (2013-2018), e co-directora e iniciadora do Postgrao de Xestión de Museus na Universitat Pompeu Fabra (2010-2015).

Conxa Rodá foi asesora do comité de Europeana Content Strategy (2016-17). Membro experto do Virtual Multimodal Museum (ViMM) do programa europeo Horizon
2020. Xurado do Premio Museums and the Web (2011-2020) e membro ata a actualidade do comité científico de REMED _Red de Museos y Estrategias Digitales (2021-22).

Marián Fernández

Marián Fernández

Socia cooperativista de O Cable Inglés

Licenciada en Xornalismo pola USC e certificada por Google en Marketing e Xestión de Contidos Dixitais, traballou como social media manager e community manager en varios proxectos culturais. Tamén en varios medios de comunicación, primeiro no ámbito informativo e logo no creativo, como guionista e directora de varias propostas audiovisuais.

É unha das socias da cooperativa cultural O Cable Inglés, unha proposta empresarial (Premio aos Valores Cooperativos 2013) que naceu da man de catro emprendedoras e que ten como alicerces fundacionais os valores medioambientais, sociais e a igualdade de xénero.

Traballa, entre outros proxectos, no deseño e organización dos Premios Martín Códax da Música e no Festival Premios Martín Códax, así como na recente iniciativa FEST Galicia.

Belén López

Belén López

Xornalista no Diario de Pontevedra
Marisa Del Río

Marisa Del Río

Directora do Mestrado en Marketing Dixital da USC
José Ramón Porto

José Ramón Porto

Coordinador do Mestrado en Marketing Dixital da USC. Director Xeral en Pe-marketing
Andreu Garrido

Andreu Garrido

Director de consultoría en Teknecultura

Andreu Garrido ten máis de dez anos de experiencia no eido da xestión cultural traballando para numerosos proxectos vinculados ao sector das artes en vivo e o patrimonio en tarefas de consultoría, marketing e xestión de públicos.

Actualmente é socio e director de consultoría en Teknecultura, consultora especializada na análise de datos e desenvolvemento e implementación de estratexias de públicos.
Tamén colabora en diferentes proxectos coa consultora Bissap Gestió Cultural, así como en proxectos de investigación sobre políticas culturais co programa de xestión cultural da Universidade de Barcelona.
Do 2014 ol 2020 formou parte da Xunta da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Catalunya, incluíndo tres años como Presidente.
 Clara Merín

Clara Merín

Especialista en comunicación e marketing dixital para entidades culturais

Avaliación por profesionais do sector

De igual xeito que no mercado laboral, a avaliación do traballo realizado durante o Curso realizarase a través da defensa dos proxectos realizados durante o Curso ante profesionais que avaliarán todos os aspectos nunha sesión final de pitching.

Con esta dinámica pretendemos que o alumnado se achegue a todos os aspectos precisos para traballar con éxito na xestión de proxectos culturais: unha sólida base teórica, un coñecemento amplo das fases e profesionais que participan dun proxecto integral e non menos importante, a necesidade de saber explicar e vender ben o seu proxecto.

Docentes e colaboracións en anteriores edicións

Ademais do cadro de profesorado que nos ten acompañado desde 2014 nas diferentes edicións, contamos cunha rede de profesionais e especialistas que colaboraron participando en mesas redondas, ofrecendo o seu contraste aos proxectos do alumnado ou prestando a súa axuda na organización de visitas guiadas a boas prácticas en xestión cultural.

Álvaro Pérez

Álvaro Pérez

Ainé Producións e Presidente da Asociación Galega do Audiovisual

Álvaro Pérez Becerra é, dende o ano 2010, produtor de artes escénicas e de contidos audiovisuais desde as produtoras Ainé Producións e Undodez, exercendo como produtor executivo e director de produción de diferentes proxectos teatrais, e producións audiovisuais de ficción, entretemento e publicidade.
É tanén consultor en dirección de produción e produtor asociado en proxectos das produtoras Tex45 Producións e Medio Limón.
Desde o 2021, preside a Academia Galega do Audiovisual.

Nacho Fungueiriño

Nacho Fungueiriño

Culturactiva

Explica Nacho Fungueiriño que a súa biografía “é a historia de tantas persoas da miña xeración. Unha desorientada etapa formativa en diferentes ámbitos buscando unha motivación (psicoloxía, empresa, organización, sociedade); unha accidentada entrada no mundo laboral xa desde a etapa dos estudos universitarios traballando en áreas como o comercio, a telefonía, a hostalaría, os recursos humanos, a telefonía ou a publicidade buscando un sentido… Ata atopar a cultura e a distribución en artes escénicas. Un camiño moi enriquecedor que me axudou na adquisición das habilidades necesarias para o desempeño do meu habitual traballo”.

Nese ámbito traballa dende o 2008, inicialmente como distribuidor de artes escénicas e paulatinamente integrando novos coñecementos como a produción de eventos, o deseño de proxectos e o asesoramento dende Culturactiva. Unha cooperativa que se atopa inmersa na xestión de proxectos de artes escénicas, música e audiovisual así como na distribución de música e teatro e na creación de producións artísticas.

Como datos complementarios, colabora activamente coa ONGD Pallasos en Rebeldía e coa escola Semente.

Agar Ledo

Agar Ledo

Comisaria e museóloga

Agar Ledo é técnica de investigación no Museo de Pontevedra e forma parte do patronato da fundación Luís Seoane e da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega.

Ao longo da súa ampla traxectoria, foi responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, durante unha década, na que dirixiu e coordinou proxectos expositivos. Comisariou exposicións de artistas como Ánxel Huete, Grace Schwindt, Gintaras Didžiapetris, Patricia Esquivias, Pedro Barateiro, Carlos Bunga ou Diego Santomé, ademais de propostas centradas na análise da produción cultural en Galicia e nas implicacións sociais e políticas que rodean á práctica artística.

Cun Mestrado en museoloxía e estancias de formación no Fred Jones Jr. Museum of Art (Norman, OK), Le Consortium (Dijon), Musée d’art contemporain de Lyon e no ICI-Independent Curators International (Nova York), a súa carreira profesional ten transcorrido en espazos como o CGAC (Santiago de Compostela, 1998-2004), a Fundación Luís Seoane (A Coruña, 2005) ou a primeira BIACS (Sevilla 2004-2005), onde traballou como coordinadora no equipo de quen foi un dos máis visionarios comisarios e historiadores da arte do século XX: Harald Szeemann.

Andrea Villa

Andrea Villa

Xornalista cultural en Nó Común
Belén Bermejo

Belén Bermejo

Fundadora de Sirgo Torcendo e directora artística e coordinadora do festival Espazos Sonoros

Belén Bermejo é directora artística e coordinadora de proxectos como o festival Espazos Sonoros, o ciclo De Lugares e Órganos, o proxecto Chegar a Galicia, chegar ao mundo ou a serie audiovisual Corpo de Vento, sobre os órganos en Galicia, e fundadora e colaboradora do Equipo de Catalogación e para a Difusión dos Órganos de Galicia.

Doutora en Dereito, foi profesora de Dereito Administrativo e de Xestión de Persoal das Administracións Públicas na escola de RR.LL. da UDC e desenvolveu tarefas como investigadora na área de Dereito Administrativo da USC, no campo da cultura e protección do patrimonio histórico.

Como docente e investigadora, realizou estadías en diversas universidades europeas como Cambridge, Palermo ou Innsbruck e realizou diversas publicacións en libros e revistas especializadas. Foi, durante máis dunha década, profesora contratada pola Universidade de Innsbruck para impartir a asignatura de Introdución ao Dereito español.

Á fronte da empresa Sirgo Torcendo, da que é fundadora, colaborou en proxectos expositivos para diversas institucións como o MUPEGA ou a USC en exposicións como “150 anos da Lei Moyano: dos Ábacos aos Computadores” ou “Rodríguez Cadarso, un reitor para un país” e “Antonio Casares: investigador e reitor da modernidade”. Ademais, ten colaborado con numerosas institucións públicas e privadas (concellos, fundacións, deputacións, gobernos autonómicos, festivais internacionais de música, museos, etc.) na organización de diversos proxectos musicais e, na actualidade, traballa tamén como axente para importantes formacións nacionais e internacionais no eido da música antiga e clásica.

No ámbito artístico, destaca tamén a súa dedicación á música, en especial a interpretación de música antiga, ámbito no que ten colaborado con formacións como o grupo Martin Codax, o Grupo de Música Antiga 1500 ou o proxecto Pres de Cambrai, que ela mesma dirixe, e no que conflúen diferentes disciplinas artísticas, sensibilidades e estéticas nun afán por achegarse, desde diferentes perspectivas, ás músicas compostas noutras épocas históricas.

Carmen Suárez Nieto

Carmen Suárez Nieto

Axente TIC. Impulsora e coordinadora de Fálame de San Sadurniño

Carmen Suárez Nieto é a axente TIC no Concello de San Sadurniño. No 2013 convertiu a aula CeMIT do municipio nun espazo de encontro, aprendizaxe e co-creación, vinculando o seu público (poboación maior, na súa meirande parte mulleres, rural e con poucas destrezas dixitais) coa tecnoloxía.

Esta maneira de recoller a memoria, as vivenzas e as opinións das habitantes de San Sadurniño, alumnas da aula CeMIT e á vez creadoras de contido, e visibilizalas na Rede convertiu a este proxecto nun referente de boas prácticas na xestión cultural.

Fálame de San sadurniño ten recibido diversos premios e mencións. A máis recente, o XI Premio José Sellier ao Chanfaina Lab, un proxecto de creación audiovisual colectiva que se celebra en San Sadurniño todos os anos e que está vinculado ao propio Fálame de San Sadurniño. A Academia Galega do Audiovisual considerou, para outorgar este galardón, o fomento da liberdade creativa e da convivencia de persoas diversas nun contexto rural e comunitario que ofrece esta proposta.

Caterina Varela

Caterina Varela

Bailarina, coreógrafa e co-directora da compañía La Macana

Caterina Varela adícase ao campo da danza e as artes vivas, tanto na creación artística como na dirección e coordinación de proxectos de xestión cultural vinculados a residencias artísticas, creación de públicos e curaduría.

É directora da compañía La Macana xunto a Alexis Fernández dende hai quince años. A súa proxección internacional permítelle relacionarse con múltiples artistas, teatros e institucións dedicadas ás artes performativas europeas e latinoamericanas.

Un dos seus focos de interese é a creación dun mellor contexto para a danza en Galicia, tanto para a investigación e creación artística (Residencias Paraíso) como para a relación coa cidadanía (Programación Expandida TRC Danza, Teatro Rosalía Castro).

Cristina Farinha

Cristina Farinha

Perita em políticas do setor cultural e criativo (Portugal)

Formada em sociologia, a sua área de interesse profissional é a política cultural com enfoque no papel da cultura na governação e desenvolvimento; no estatuto social e profissional dos artistas; e na cooperação e mobilidade internacional.

Trabalha como freelancer para a Comissão Europeia: na avaliação do programa Europa Criativa; na monitorização e seleção das Capitais Europeias da Cultura e no grupo de trabalho dos Estados-membros sobre empreendedorismo e inovação no setor cultural e criativo (como representante do Ministério da Cultura de Portugal.

Investigadora do Instituto Sociologia Universidade Porto, é docente da disciplina “Parcerias, Redes e Internacionalização” no Mestrado em Gestão de Indústrias Criativas da Escola das Artes da Universidade Católica do Porto.

David Barro

David Barro

Director xerente da fundación Didac

David Barro é director da Fundación DIDAC e director executivo da Fundación Piel de Atún. É director artístico de MadBlue, o summit de cultura, ciencia e innovación para o desenvolvemento sostible de Madrid. Ademais, co-dirixe a “Plataforma. Festival de Artes Performativas” en Santiago de Compostela.

Editor da revista DARDO (2006-2022), actualmente exerce de consultor estratéxico e asesor creativo para empresas e institucións públicas ou privadas, entre outras, a Axencia Galega de Innovación, onde colabora asesorando o Programa de Deseño para a Innovación e a Sostebilidade .

A súa traxectoria está vinculada a diversos eidos relacionados coa arte e o deseño, entre eles o comisariado de exposicións, publicacións en forma de artigos e ensaios e a docencia en diversos ámbitos. Foi director xerente da Fundación Luis Seoane (2014-2016), asesor da Fundación Barrié (2008-2013) e responsable da súa Colección de Pintura Contemporánea, así como fundador y director da editorial e empresa de deseño DARDO.

Lucía Calvo

Lucía Calvo

Responsable da estratexia dixital do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB)

Lucía Calvo é a responsable da estratexia de contidos dixitais e de redes sociais do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB).

Periodista especializada en cultura digital, é redactora e editora de contenidos para Internet: artículos web, guións para pezas audiovisuais e entrevistas. Tamén é consultora de proxectos dixitais para exposicións e eventos culturais.

Participa habitualmente en charlas e talleres sobre comunicación, innovación e estratexia de contidos en museos e centros culturais e co-dirixe, co colectivo Filles d’Internet, o «Memefest», primeiro festival de folclore dixital e humor en Internet.

Lucía Pita

Lucía Pita

Consultora de comunicación e responsable de prensa en proxectos culturais en The Office Comunicación
Lucía Pita é consultora de comunicación e responsable de prensa en proxectos culturais en The Office Comunicación, da que é co-fundadora. Licenciada en Xornalismo, cursou estudos de Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa; Información Radiofónica e Xestión Cultural (primeira edición deste CEU).

Traballa como responsable de comunicación ou de prensa en proxectos como o FIOT de Carballo, o festival Sinsal SON Estrella Galicia, MEGA – Museo de Estrella Galicia, Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), Camiño Escena Norte (Galicia) ou Fanzine Fest.
Colabora con promotoras como Nave de Lata (Luneda & Tremendo Audiovisual), Nalgures Producións ou Art Music; e nos últimos anos acompañou na prensa a creadoras como Mercedes Peón, Marta Pazos (e a compañía Voadora) ou Tanxugueiras, entre outras. 
María Lobo

María Lobo

Comunicación social e educación en Gingko

María Lobo é licenciada en Xornalismo e o seu foco de interese é a comunicación como ferramenta de participación e cambio social, dende unha perspectiva educativa, colectiva e responsable.

Traballa como educadora en proxectos que fomentan a alfabetización mediática, o pensamento crítico, a cidadanía e a comunicación para o cambio social. É técnica de proxectos en Gingko, un colectivo profesional especializado en educación e comunicación, e técnica de educación e comunicación en Agareso, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Ten traballado como produtora e editora audiovisual, mantendo vínculos co mundo da docencia.

María Camino Barcenilla

María Camino Barcenilla

Xefa de Recursos e Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Xeral de Cultura-Institución Príncipe de Viana (Goberno de Navarra)

Mª Camino Barcenilla  é licenciada en Humanidades (itinerario de xestión cultural) pola Universidad de Navarra e doctora en Filosofía e Letras pola Universidade de Navarra no marco/programa de la literatura comparada, así como máster en xestión cultural: música, teatro e danza pola Universidade Complutense de Madrid.

Funcionaria do Goberno de Navarra, na actualidade é a xefa da Sección de Recursos e Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Xeral de Cultura-Institución Príncipe de Viana.

Ademais forma parte da Comisión de Mecenado e do grupo de traballo redactor da Lei Foral de Dereitos Culturais de Navarra. Conta con diversas publicacións no ámbito da cultura e impartiu diversas materias de xestión cultural como profesora asociada na Universidade de Navarra.

María Yáñez

María Yáñez

Directora de Vinte e comisaria de contidos dixitais

María Yáñez  leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para internet e deseñando estratexias de comunicación online para diversos proxectos culturais. É Licenciada en Xornalismo e Máster en Estudios Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Na actualidade dirixe VINTE, unha revista online de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal Praza.gal e traballa como xornalista e consultora de comunicación para organizacións vinculadas ao audiovisual, como a produtora Portocabo ou a Academia Galega do Audiovisual, para a que coordina a publicación “Papeis da Academia”.

Fai traballos de comisariado en distintos proxectos relacionados con la cultura dixital audiovisual, como o festival Carballo Interplay ou o LAIC, Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación impulsado polo programa Coruña Dixital. E colabora coa European Cultural Foundation no desenvolvemento de MediActivism, unha plataforma de arquivo e difusión online de pezas documentais creadas por mozas e mozos activistas de toda Europa. 

A súa carreira profesional estivo ligada a empresas como a productora Continental Producciones, donde foi axudante de desenvolvemento de proxectos de cine entre 2002 e 2005; o diario Vieiros, do que foi directora entre 2005 e 2006; A Navalla Suíza, empresa de comunicación web da que foi cofundadora e socia entre 2008 e 2018 e coa que gañou en 2010 o concurso Content 360º do MIPTV de Cannes na categoría “Next Generacion Online Video Experience”; Screenly, plataforma de distribución de cine en salas baixo demanda da que coordinou desenvolvemento e comunicación entre 2013 e 2017, e a numerosos medios de comunicación.

Dirixiu para TVG o documental “Linguas Cruzadas” (2007) e o programa “O país dos ananos” (2008) e nos últimos anos foi responsable de marketing e comunicación de películas galegas como “Vilamor”, “Encallados”, “Os días afogados” ou “Eroski Paraíso”. Tamén colaborou con festivais de audiovisual e/ou tecnoloxía como o TEK-FEST, o Festival de Cans ou o Festival ZEMOS98

Como investigadora ten participado en varios proxectos de investigación da USC relacionados con narrativas dixitais, e foi coeditora de EMBED, publicación en torno ao audiovisual integrado. Impartiu docencia en varios mestrados e postgraos de distintas Universidades e ten dado numerosas conferencias e talleres sobre novos medios por distintos países.

Na actualidade é docente na materia de Desenvolvemento de Narrativas Audiovisuais en Contextos Dixitais do Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo.

Nacho Granero

Nacho Granero

Especialista en comunicación dixital, responsable do blog La Cultura Social

Nacho Granero é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en Comisariado de Arte e Novas Tecnoloxías por Esdi/ Universidade de Ramon Llull.

É especialista en comunicación dixital e dende o ano 2013 escribe sobre redes sociais e comunicación cultural no blog www.laculturasocial.com

Ten traballado na estratexia dixital de institucions culturais, formou parte de equipos de creación de proxectos de marca dixital dende cero e traballou na comunicación en redes sociais e redacción de blogs de institucions culturais, así como de empresas de diversos sectores.

Tamén é formador e asesor no ámbito da comunicación dixital, tanto para institucions culturais como para empresas doutros sectores.

Patricia Hermida

Patricia Hermida

Manager e produtora, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais

Patricia Hermida traballa desde 1995 na industria da música exercendo diferentes roles dentro da cadea de valor, pero xa na última década oriéntase  principalmente  ao seu papel de manager e produtora.

Licenciada en Dereito Económico-empresarial pola Universidade de Vigo, master en Propiedade Intelectual pola Universidade Rey Juan Carlos e  e técnica superior en Produción Audiovisual e de espectáculos,  traballou no desenvolvemento de carreiras de artistas do recoñecemento de Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, entre outros, e participa activamente no asesoramento a bandas e artistas, fundamentalmente a través da Fundación Paideia.

Desde o 2019 ata o 2022 foi co-presidenta do IMMF (International Music Managers Forum) e no 2016 foi unha das socias fundadoras MIM (Mujeres de la Industria Musical), que nace co obxectivo de velar polo cumprimento da igualdade efectiva de mulleres e homes no sector.

Actualmente, é a presidenta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).

Paulo Rodríguez

Paulo Rodríguez

Director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, foi presidente de RED (Rede Española de Teatros e Auditorios)

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Dea en Galego-Portugués e Estudos Románicos. Ampliou a súa formación como especialista en Teatro na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da Universidade do Porto (Portugal) e en Xestión Cultural na Universitat Oberta de Barcelona.

No ámbito da xestión ocupou o cargo de técnico de cultura na UDC e foi director e coordinador da Aula de Teatro do Campus de Lugo da USC. Desde decembro de 2006 ata maio de 2011 ocupou o cargo de Director-Xerente do Auditorio de Galicia, organismo autónomo local que ten encomendada a xestión da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e integra o Consello Municipal de Cultura como secretario e o Consello Municipal de Turismo. En maio do 2011 tomou posesión da praza de Director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Na actualidade, ademais do seu cargo en RED, tamén forma parte do Consejo Estatal de las Artes Escénicas y de La Música, do Comité Ejecutivo de Mercartes, da Comisión Artística da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC) e coordina a Comisión de Ballet, Danza y artes del Movimiento de La Red Española de Teatros Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública.

Fundou a súa propia compañía de teatro e traballou con varias compañías profesionais de teatro, como actor e director.

Sofía Coca

Sofía Coca

Responsable de xestión do coñecemento e relacións coa comunidade en ZEMOS98

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Sevilla, Sofía é dende 2005 socia e membro do equipo de coordinación de ZEMOS98, cooperativa que leva máis de 20 anos adicada á produción e investigación cultural.

Na actualidade, o proxecto está centrado en desenvolver procesos de mediación que activan relacións entre activistas, artistas, académicas, fundacións e institucións públicas, poñendo en valor procesos políticos e culturais para o cambio social.

Dentro de ZEMOS98  Sofía é a responsable de xestión do coñecemento, relacións coa comunidade e co equipo de traballo. Está involucrada en distintos proxectos nacionais e internacionais. Actualmente é, ademais, a coordinadora en Andalucía de PLANEA, rede de arte e escola.

Tony R. Murphy

Tony R. Murphy

Consultor e experto e políticas culturais, director executivo de Culturalink

Tony Ramos Murphy é consultor e experto en políticas culturais, con máis de tres décadas de experiencia en institucións e organizacións culturais públicas e privadas de España, Europa e África.

É Doctor en Socioloxía da Cultura pola Universidade de Valencia, licenciado en Filosofía pola Universidad de La Laguna, diplomado en Políticas Culturais pola Universidadede Barcelona, Magíster en Xestión Cultural poa Universidade de Barcelona  e  Diplomado en Estudos  Avanzados en Dereito da Cultura pola UNED.

É investigador de ECONCULT (Unidade de Investigación da Economía da Cultura e do Turismo da Universidade de Valencia), membro d comité de expertos do Fondo Roberto Cimettá para a mobilidade artística e cultural Europa-Mundo Árabe; membro da Cultural Policy Designers Network e do Pool de Expertos da Comisión Europea para o asesoramento de cidades candidatas a Capital Europea da Cultura. Foi presidente da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Canarias. Dende 2001 é director executivo de Culturalink, consultoría especializada en cultura con sede en Valencia e Canarias.

Xulio Vázquez

Xulio Vázquez

Xestor cultural

Con máis de 20 anos de experiencia no sector musical e cultural, é co-fundador de NOAD Cultura Digital, unha axencia creativa de autor e oficina de representación internacional de artistas dixitais que traballa no deseño de proxectos que conxugan arte, cultura e tecnoloxía.

Entre 2015 e 2018 foi asesor técnico e coordinador xeral da Concellaría de Culturas, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña, etapa na que programaba e coordinaba as Festas da Coruña, así como a súa respectiva comunicación. Ademais é o responsable do exitoso re-deseño do Festival Noroeste Estrella Galicia.

Previamente traballou como promotor e axente musical, así como director de proxectos culturais como o FIM Crunia, MUAU [Museo Urbano de Arte Urbana] ou Sala O Túnel, no Coliseum da Coruña. Comezou a súa etapa profesional como coordinador de actividades socioculturais na rede de Centros Cívicos do Concello da Coruña.

Ana Lorenzo

Ana Lorenzo

Socia de Cidadanía, Experta en participación social

Licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Experiencia profesional e implicación activa na promoción da Economía Social.

Experta en investigación-acción e en democracias participativas. Proxectos de mellora da acción pública: transversal, relacional, participativa, eficiente. Mecanismos áxiles de planificación, seguimento e avaliación. Desenvolvemento de competencias vinculadas coa cooperación, a creatividade colectiva ou o traballo en rede. Publicacións no ámbito da organización asociativa e cooperativa.

Ania González

Ania González

Avogada e investigadora cultural

Ania González é licenciada en Dereito pola UNED, Mestrado en Avogacía pola UVIGO. Especialista en Museoloxía, Imaxinación Política, Teoría Crítica e Feminismos polo Programa de Estudos Independentes do Centro de Estudos do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona.

Colabora como investigadora con varias institucións públicas e proxectos independentes, como o Congreso Internacional de Artes Vivas e Políticas de MOV-S, o Instituto Interuniversitario de Comunicación Intercultural (IICC-Universidade Carlos III), o TEA Tenerife Espacio de las Artes ou o Instituto da Cultura e das Artes de Sevilla (ICAS).

Ademais, formou parte da dirección do proxecto artístico autoxestionado FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea, cos artistas Olmo Blanco e Diego Vites.

Dirixe xunto a comisaria María Marco e o artista dixital Horacio González a revista online pletora.es. Con este último, ademais, coordina o programa de acción e investigación Outra Institucionalidade (vhplab.net) e xuntos conforman o colectivo de acción crítica directa Agentes del Caos. Colabora como firma convidada con medios especializados como Babelia – El País ou Praza Pública e imparte charlas e cursos centrados na relación entre os ámbitos do Dereito e a Cultura.

Alfons Martinell

Alfons Martinell

Profesor emérito da Universidade de Girona, Cátedra Unesco Políticas Culturais e Cooperación

Profesor emérito e Doutor honorífico da Cátedra Unesco: “Políticas Culturais e Cooperación” da Universidade de Girona. Foi Director Xeral de Relacións Culturais e Científicas da Axencia Española de Cooperación Internacional. Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España (2004 – 2008). Presidente e fundador do Observatorio Interarts (1995 – 2004). Fundador e membro do Laboratorio de Investigación e innovación en Cultura e Desenrolo arrollo con sede en Colombia e España. Experto no campo da Formación de Xestores Culturais, Cooperación Cultural e Desenvolvemento, Políticas Culturais. Publicou diferentes libros, artigos e traballos no campo de xestión cultural, políticas culturais, cultura e desenvolvemento, cooperación cultural internacional. Impartiu docencia en diferentes Universidades de España. Europa e América Latina e dirixiu proxectos de cooperación cultural en institucións internacionais.

Ángel Sánchez

Ángel Sánchez

Co-director do Play-Doc Festival

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Valencia. Traballou como xornalista e produtor en varias canles de televisión. Tamén dirixiu a produción dunha gran variedade de espectáculos, concertos, festivais de arte e campañas publicitarias.

Ángel Sánchez é fundador e director, xunto con Sara García, de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais. Play-Doc cumpriu doce edicións este 2016; un evento cinematográfico de referencia polo que pasaron decenas de miles de visitantes. Paralelamente desde o festival organízanse un gran número de talleres e seminarios enfocados á promoción e formación de cineastas noveis.

En 2014 fundan Play-Doc TV, a primeira plataforma cinematográfica de VOD en Galicia que se emite a través do operador de cable galego R.

Araceli Corbo

Araceli Corbo

Responsable de la Biblioteca-Centro de Documentación MUSAC

Araceli Corbo foi a responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León) que hoxe leva o seu nome. Licenciada en Documentación, Diplomada en Biblioteconomía, Experta en Información, DEA no doctorado de “Estudos interdisciplinares de xénero” e Grao de Salamanca. Máster en Edición da Universidade Salamanca e Edicións Santillana, cursos de experto en Community Manager e Marketing online, ademais de numerosos cursos sobre arte contemporánea, xestión de exposicións e formación especializada en documentación de museos.

Profesora asociada da Universidade de León na Área de Biblioteconomía e Documentación, onde xa exerceu como tal en 2008-2011 e responsable do Centro de Documentación – Biblioteca do CASA (Centro de Arte de Salamanca, agora DA2).

Organizadora dos “Encontros sobre Redes Sociais en Museos e Centros de Arte” que se celebran no MUSAC (León, 2010-2013) e as “Xornadas Arte e Redes: axentes e contidos” en Etopia_ Centro de tecnoloxía e Arte (Zaragoza, 2013). Tamén dos Foros da Edición sobre publicacións especializadas e un Seminario sobre Publicacións de Artistas.

Programou obradoiros de hardware e software libre para a Biblioteca-Centro de Documentación do MUSAC. Asesora do proxecto: “Territorio Archivo” da Fundación Cerezales Antonino e Cinia, coordinadora do Archivo Documental de Artistas de Castilla y León (ADACYL) e comisaria de “El mundo de hoy en 20 libros de fotografía”, “La imagen editada”, “Campo de Agramante”, “Todo en parte. Publicaciones de artistas en las colecciones del MACBA”, “Colectivos y Espacios independientes de Castilla y León”, “Feminismos León. De la buhardilla del CCAN a la insumisión transfeminista” e “Completando discursos. Ediciones especiales en el Centro de Documentación“ para o Proxecto Vitrinas do MUSAC.

No 2013, foi directora do Festival Miradas de Mujeres e comisariou exposicións sobre a temática de xénero e tres exposicións colectivas baixo esta temática e unha individual: colectivas: “La casa que habito”, “Desde la mimesis a la ficción y viceversa” e “Universos identificados” na  Galería Adora Calvo | Individual: “El cuerpo expuesto” da artista Miriam Vega no Centro Leonés de Cultura. Catálogos: https://issuu.com/aracorbo

Bea García

Bea García

Museóloga e xestora de proxectos

Bea García é licenciada en Historia da Arte, maxíster en Museografía e Exposicións e experta universitaria en Conservación de Museos: Museoloxía e Cultura Contemporánea.

Participou  en  numerosos  proxectos  de  museoloxía,  entre  os  que  se  inclúen  o  centro  de  interpretación da natureza  El  Péndere, a  exposición permanente  El  Campo  en Extremadura  en  Mérida,  a musealización  do  parque  minero  de  Almadén  e  do  Real  Hospital  de  Mineros ou a  exposición  Lois  Pereiro Lírica  Punk  entre outros moitos proxectos.  A  súa  experiencia  laboral  inclúe a  participación  en  varios  plans  directores  para  a  ordenación  e posta  en  valor  do  patrimonio  dun  territorio,  como  o  plan  director  das  minas  de  mercurio  de  Almadén (Cidade  Real),  o  das  minas  de  volframio  en  Fontao  (Vila  de  Cruces,  Pontevedra) ou o  Plan  Director  da  Cidade  da  Cultura  de  Galicia.

Ademais, foi responsable de contidos de Zinc Shower nas súas tres primeiras edicións e directora de proxectos en varias empresas, como e-cultura, e-burbulla e Micelios, desenvolvendo, desde unha dinámica de traballo en equipo, máis de cincuenta proxectos de innovación social, económica e cultural para entidades públicas y privadas.

Tras cursar Masteryourself, forma parte da comunidade Teamlabs, desde onde traballa a evolución desde a curación de programas formativos á co-creación de comunidades de equipos de aprendizaxe.

Beatriz Pereira

Beatriz Pereira

Responsable de Investigación Comercial en R e Consultora Asociada en iuni

Licenciada en Psicoloxía pola USC e posgrao en Investigación, Comportamento do Consumidor, Investigación Comercial e Mercado.

Con máis de 14 anos traballando en investigación para sector privado e público, colaborou e asesorou a empresas e organismos como R Cable e Telecomunicacións de Galicia, Anova (Grupo O Correo Galego), Sondaxe (Grupo La Voz), Grupo de Investigación Psicom da USC, Xunta de Galicia, Centro Coreográfico Galego, Fundación Cidade da Cultura… entre outros. Socia fundadora de Ideara.

Berta Mariño

Berta Mariño

Xestora de proxectos, calidade e innovación

Formada en Ciencias Políticas e da Administración Pública e especializada en xestión de proxectos, xestión de calidade e innovación, nos últimos 13 anos ten participado na xestión de proxectos no ámbito das Tecnoloxías da Información en organizacións multinacionais como Indra ou en proxectos de  I+D+i na Universidade de Vigo.

A súa especialización en distintas metodoloxías de xestión de proxectos, e experiencia en distintas organizacións públicas e privadas, está enfocada principalmente na análise de procesos e fluxos de traballo, especialmente na implantación de oficinas de proxectos. Ademais, ten experiencia na organización de grandes procesos e “macroeventos”, como as eleccións no Parlamento de Galicia e de Mallorca.

Berta Mariño está vinculada específicamente á xestión cultural a través da Asociación Cultural Galicia Fiddle, na que traballa en proxectos de desenvolvemento comunitario e sociocultural.

Carlos Almela

Carlos Almela

Responsable do programa Arte Cidadán da Fundación Daniel y Nina Carasso en España

Responsable do programa Arte Cidadá da Fundación Daniel y Nina Carasso en España, organismo filantrópico orientado ao cambio social no que traballa dende o 2013.

É licenciado en Ciencia política y xestión pública (Sciences Po Paris), en Filosofía (Paris I – Sorbona) e en Administración e Dirección de empresas, con especialización en xestión cultural (ESCP Europe).

Dende 2013 traballa na intersección da arte, a educación e a acción social (Comunicación no FLAM de Shanghai; responsable de comunicación de CLAC! Paris; coordinador da primeira xira española del Musée Mobile – MuMo). Formou parte do primeiro Programa sin créditos (2016) y foi asesor do Grupo de educación disruptiva de Matadero Madrid (Vermuts sin norma / LGTBQ), así como membro do Advisory Assembly de ZEMOS98.

Tamén coordina o Mestrado en Xestión Cultural da universidade Carlos III.

Cre nunha cultura socialmente relevante, participada e emancipadora.

Carlos Martins

Carlos Martins

Economista e Consultor, Presidente de ADDICT e Socio-Xerente de Opium

Doutorado en Xeografia na Universidade do Porto, con investigación sobre estratexias de innovación territorial a través da cultura e a creatividade.

Posgraduado en Turismo Cultural pola Universidade de Barcelona.

Licenciado en Economia pola Faculdade de Economia da Universidade do Porto.

Frequência do Short Master en Cultura do Vinho e Enoturismo.

Sócio da Opium, Lda, empresa dedicada á planificación cultural, territorial e económica.

Foi Director Executivo de Guimarães 2012 Capital Europeia da Cultura e da Fundação Cidade de Guimarães.

Foi presidente da ADDICT – Agência de Desenvolvimento das Indústrias Criativas.

Foi coordenador do Estudo Macroeconómico “Desenvolvimento de um Cluster de Indústrias Criativas no Norte de Portugal”.

Foi co-autor do Plan de Xestión do Centro Histórico do Porto Património Mundial.

Foi coordinador do Programa de Animación das Cidades do Euro 2004.

Foi membro do Conselho Nacional de Cultura – Secção das Artes.

Foi concelleiro de Cultura, Turismo e Desenvolvemento Económico do Município de Santa Maria da Feira.

Foi presidente da Sociedade de Turismo de Santa Maria da Feira SA.

Foi Presidente da Direção de Agência de Desenvolvimento Regional de Entre-Douro-e-Vouga.

Fundador da Associación (e do festival) Porto Post Doc e da Orquestra Filarmónica Portuguesa.

Atualmente, coordina programas de desenvolvemento de turismo cultural para o Turismo de Portugal, Turismo do Centro e municipios do Norte e Centro do país.

César Abella

César Abella

Director xeral de Trivium-Estratexias en Cultura e Turismo

Licenciado con grao en Historia da Arte pola USC, cursou, entre outras titulacións, un posgrao universitario en Turismo Cultural pola Universidade de Barcelona e un mestrado en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio Cultural da Universidade da Coruña.

No 2004 fundou Trivium- Estratexias en Cultura e Turismo (S.L), da que é director xeral e na que coordina un equipo multidisciplinar de profesionais que desenvolven e presentan proxectos relacionados co turismo, a xestión cultural, a difusión do patrimonio e as exposicións a institucións públicas e privadas. Algúns dos seus proxectos máis recentes son a coordinación da Semana do Patrimonio Invisible (Compostela), do desenvolvemento da APP para a Ruta da Arquitectura Modernista da Coruña ou da web oficial do Castelo de Vimianzo.

Ademais é tutor e docente no posgrao de Territorios Creativos e Turismo Cultural e no mestrado de Institucións e Empresas Culturais da Universitat de Barcelona, coordinador da Ruta Megalítica do Arco Atlántico e técnico de proxectos en IBERTUR e no Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universitat de Barcelona

César Abella é -ata o vindeiro decembro de 2018- xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Xunta de Galicia).

Clara R. Cordeiro

Clara R. Cordeiro

Creadora e xestora cultural, socia fundadora de 7HCoop

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2006), Clara R. Cordeiro é doutoranda especializada en arte contemporánea, educación e xénero (Diploma de Estudos Avanzados, 2009) e Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (2009).

Ademais de desenvolver, desde 2008, proxectos propios no ámbito do comisariado e a xestión cultural, foi coordinadora do espazo de creación e experimentación contemporánea A Chocolataría (Santiago de Compostela, 2006) e presidenta da Asociación Cultural [Sen Marco].

É socia promotora de 7H Cooperativa Cultural (2015). Entre os últimos proxectos dos que é responsable destacan os centrados no feminismo, a participación e a inclusión social, como Mutacións Urbanas (Concello de Santiago de Compostela e Concello de Teo, 2016 e 2018); Elas tamén Pintan (Concello de Santiago de Compostela, 2017 e 2018) ou Delas Fest (Deputación da Coruña e Concellos de Ames, Teo e Santiago, 2019).

Eduard Miralles

Eduard Miralles

Presidente de Interarts e consultor cultural

Presidente de Interarts, fundación especializada en cooperación cultural internacional, e Asesor de Relacións Culturais da Deputación de Barcelona, onde dirixiu o Centro de Estudos e Recursos Culturais e a bienal “Interacció” de políticas e xestión cultural.

Colaborou como consultor en materia de cultura, cooperación e desenvolvemento con organismos como FEMP, AECID, OEI ou UNESCO. Foi o primeiro vicepresidente de ENCATC, Rede Europea de Centros de Formación de Responsables Culturais e fundador de INTERLOCAL, Rede Iberoamericana de Cidades para a Cultura. Forma parte do Comité Executivo da Rede Española da Fundación Anna Lindh.

Fátima Anllo

Fátima Anllo

Fundadora e Directora Xeral do "Observatorio de Creación y Cultura Independientes"

Licenciada en Medicina, con Máster en Administración de Artes Visuais e Artes Escénicas pola Universidade de New York. Estudos complementarios en ciencias sociais na Universidade de Essex, e en xestión organizativa en IEEP e no Tavistock Institute (Londres).

Durante anos foi co-directora do Máster en Xestión Cultural: Música, Teatro e Danza da Universidade Complutense de Madrid. Con anterioridade tamén foi directora do departamento de estudos e mecenado da Fundación Autor (SGAE) e directora xeral de The History Channel Iberia.

Fernando Prieto

Fernando Prieto

Emprendedor orientado á innovación, Consultor de crowdfunding

Emprendedor orientado á innovación, Fernando Prieto é socio de Estudo Gato Salvaxe, a primeira produtora de videoxogos española que presentou o seu proxecto en Kickstarter, o que lle levou a fundar a consultora Start Your Business International Consulting, SYBIC, en 2013, para axudar a que proxectos españois se poidan presentar os seus proxectos na maior plataforma de crowdfunding do mundo, Kickstarter.

Tamén é socio fundador de Smart Guide, empresa que se dedica ao envío de contidos dentro de edificios, desenvolvendo tamén servizos xeolocalizados en museos.

Fernando é licenciado en Dirección e Administración de empresas polo CUNEF de Madrid, e desenvolveu gran parte da súa carreira profesional en banca, sendo durante 8 anos director da Fundación Caixa Galicia da Coruña.

Fuco Sanjiao

Fuco Sanjiao

Profesor da USC, Experto en Economía da Cultura

Doutor en Dereito e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Patrón numerario do Padroado do Museo do Pobo Galego, da que actualmente é secretario da Xunta Reitora.

Os seus campos de investigación principais son a Economía da Cultura e Xestión Cultural, con especial atención a Museos, Teatro e Lingua, Análise Económica do Dereito e Elección Pública.

Fur Alle Falle

Fur Alle Falle

Expert*s en prácticas e ferramentas colaborativas

Vanesa Castro e Iñaki López son Fur Alle Falle, unha produtora cultural independente que nace en 2003.  Tamén son parte da asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu, a comunidade Montenoso, o grupo de música Cuerpo Astral e outros proxectos colaborativos. Amb*s son licenciad*s en Belas Artes e especialistas en medios audiovisuais e transmedia, producen obras analóxicas e dixitais, fan performances e happenings, organizan eventos culturais e curadorías e imparten talleres e conferencias.

A súa forma de traballo caracterízase por merodear e tratar de hackear límites, cuestionar o incuestionable ou colleitar erros que son virtudes. Utilizan o humor como recurso creativo. Para cada proxecto realizan unha investigación e aplican a disciplina que consideran máis adecuada para expresar ou cuestionar ideas.

Sempre ofrecen unha boa documentación das súas creacións e procesos, o cal para eles é unha clave de éxito. Traballan sempre cunha mirada social, tratando que os seus proxectos e accións incidan no común. Comparten os seus procesos para que poidan ser revisados, reutilizados e mellorados.

Héctor Pose

Héctor Pose

Profesor da UDC, Experto en Xestión Cultural

Doutor en Psicopedagoxía e Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña.

Foi un dos máximos responsables do proxecto Interea, referencia da investigación e a publicación sobre xestión cultural en Galicia.

As súas liñas de investigación na actualidade lévanno a estudiar as políticas culturais locais, a relación entre cultura e cidade, os tempos escolares e tempos de ocio, así como a promoción da participación social municipal.

Ten publicado artigos en diversos libros e actas de Congresos e Xornadas sobre asociacionismo, animación teatral, xestión cultural, patrimonio, etc.

Jaron Rowan

Jaron Rowan

Investigador, axitador cultural, escritor e docente

Coordinador da área de arte en BAU, Centro Universitario de Deseño, en Barcelona onde imparte a asignatura “Economía, empresa e deseño”. Tamén é membro da liña de investigación Objetologías/GREDITS. Durante varios anos foi titor e un dos lelctores do curso MA in Culture Industry de Goldsmiths University e impartidiu cursos e obradoiros en torno a asuntos relacionados coa economía da cultura, as políticas culturais ou o traballo en cultura en numerosas universidades e institucións culturais. Foi un dos membros fundadores de YProductions (2003-2013) e durante varios anos foi un dos coordinadores do Fcforum.

Escribiu o libro “Emprendizajes en cultura”, publicado no 2010 coa editorial Traficantes de Sueños na que desde unha óptica crítica realiza un análise dos principais programas de promoción da aprendizaxe que actualmente se están levando a cabo no Estado español e evalúa algunhas das súas consecuencias. De forma máis recente colaborou en libros como “Cultura libre digital” (Icaria, 2012), “La tragedia del copyright” (Virus, 2013) e publicou “Memes: inteligencia idiota, política rara y folclore digital” (Capitan Swing, 2015) e “Cultura libre de Estado” (Traficantes de Sueños, 2016).

Joaquín Martínez "Kin"

Joaquín Martínez "Kin"

Socio fundador e director de Esmerarte

Diplomado en Relacións Laborais e Máster Superior en Xestión Cultural e Artística pola Universidade de Alcalá de Henares. Complementou a súa formación con cursos superiores en Dereito Laboral e Procesal, Prevención de Riscos e Seguridade no Traballo, Xestión de Recursos Humanos e Dirección de Empresas.

Promotor, manager, produtor, xestor cultural e consultor, combina os numerosos itinerarios da xestión artística con outra das súas grandes paixóns, a xestión de proxectos relacionados coa gastronomía.

Fundador e director de Esmerarte Industrias Creativas, unha das empresas culturais galegas de referencia, é tamén manager personal de artistas como Xoel López, Vetusta Morla, Eladio y los Seres Queridos, Villanueva ou Furious Monkey House entre outros.

Como director artístico e promotor, no eido dos festivais musicais e culturais, é responsable de proxectos como por exemplo PortAmerica (Nigrán) ou Cultura Quente (Caldas de Reis).

Juan Freire

Juan Freire

Socio de xtribeU, EduCaaS, AtlanticMTA e isinviable, Experto en estratexias de innovación

Doutor en Bioloxía, profesor titular en excedencia da Universidade da Coruña e ex-decano da súa Facultade. Foi responsable da cátedra de Economía Dixital da EOI Escuela de Organización Industrial.

Desenvolve tarefas de investigación, consultaría e coordinación de proxectos nos ámbitos organizacional, ambiental, cultural, dixital e educativo. Foi director de innovación do grupo Barrabés, dedicado á consultaría en Internet e internacionalización, e socio-fundador de Team Labs.

Actualmente está a traballar en diversas iniciativas de aprendizaxe radical, baseadas no traballo en equipo e no desenvolvemento de proxectos.

Juan José Romero

Juan José Romero

Xestor de programas e socio de Suma Importancia

Socio fundador de Suma Importancia, ten formación en Administración e dirección de Empresas e máster en dirección de equipos comerciais por ESIC. Consultor especializado en desenvolvemento de modelos de negocio e comunicación comercial, forma parte do staff docente do Instituto Empresarial ISEI con sede en Hermosillo (México) dentro do Mestradi en Dirección de Organizacións do Coñecemento.

Experto en auto-desenvolvemento do liderado, en Suma Importancia asume a xestión e programación d econtidos, administración e relacións internas.

Julio Gómez

Julio Gómez

Historiador e investigador sonoro, Co-director en Sinsalaudio

Historiador e investigador sonoro. Iniciou a relación coa música a finais dos oitenta como crítico nos medios de comunicación Faro de Vigo e Radio 4 de Radio Nacional de España. En 1994, comenza a exercer a súa actividade de programador musical e no ano 2000 funda a promotora Sinsalaudio.

No ano 2003, bota andar a primeira edición do Festival Sinsal onde se presentan propostas musicais, de diversos estilos, inéditas en Galicia. Un festival estacional, itinerante e con localizacións en varios espazos como a extensión de Sinsal San Simón.

Ademáis, participa desde o 2005 no proxecto de paisaxe sonora escoitar.org e colabora coa web mediateletipos.net. Entre 2013 e 2014 foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Luis Álvarez Pousa

Luis Álvarez Pousa

Profesor da USC, Director de Tempos Novos

Profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago), imparte tamén aulas no Máster Universitario en Comunicación e Industrias Creativas da USC.

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz foi coordinador xeral de Video Voz-TV e posteriormente de Multimedia Voz.

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É asimesmo membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) e director do Observatorio Galego dos Medios (OM) do CPXG.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre 1983 e 1985 foi Director Xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe.

Lluís Bonet

Lluís Bonet

Profesor da Universitat de Barcelona, Experto en Economía da Cultura

Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, onde dirixe a área de cursos de posgrao en xestión cultural. Foi investigador invitado no Massachusetts Institute of Technology e profesor invitado na Universidade de Montpellier, e ten ditado conferencias e seminarios en máis de corenta países.

Mestre nos campos da xestión cultural, políticas culturais e economía da cultura, foi membro da xunta directiva da Asociación Internacional de Economía da Cultura, presidente da Rede Europea de Centros de Formación en Xestión Cultural (ENCATC), vicepresidente da Asociación de Educadores en Administración das Artes e presidente do xurado de investigación en políticas culturais que outorga a Fundación Europea da Cultura.

Entre as súas múltiples publicacións, foi coautor da obra “Políticas para la creatividad. Guía para el desarrollo de las industrias culturales y creativas” (UNESCO, 2010).

Marcos López

Marcos López

Responsable da Área Audiovisual de OQO editora, OQO filmes

Membro da Xunta Directiva da Asociación Galega de Produtores Independientes (AGAPI), é Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente traballa como Produtor Executivo da serie de animación en Stop Motion Cocorico coproducida por Televisión de Galicia, ademais de coordinar os programas culturais de alfabetización audiovisual e animación á lectura de OQO para numerosas entidades.

No eido internacional programou e coordinou as actividades de OQO editora/OQO filmes no Brasil (Brasilia, São Paulo e Rio de Janeiro) e en México (México DF e Guadalajara).

No eido docente, é colaborador do curso de Posgrao Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e participou en numerosos foros internacionais.

Mariela Villar

Mariela Villar

Fundadora e Directora de CCAMINA, Co-Directora do Curso de Experto Universitario en Coaching da USC

Licenciada en Ciencias Políticas e Sociais, con Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación e Máster en Xestión de Patrimonios e Asesoría Financieira.

Formada tamén en Programación Neurolinguística e Creatividade aplicada á Empresa, despois de 10 anos de experiencia profesional en distintos postos de responsabilidade e cargos directivos, actualmente traballa no eido do Coaching co seu propio proxecto empresarial.

Formadora en habilidades e actitudes de éxito e profesora de Coaching en distintas universidades e escolas
privadas, está certificada en Coach Internacional, Coach de Equipos, Coach de Emprendedores, Coach para o Desenvolvemento Socio-emocional e en Myers BriggsTypeIndicator(MBTI©)

Miguel Martín

Miguel Martín

Ex-director do IGAEM, AGADIC e do departamento de Promoción Cultural do Concello da Coruña

Licenciado en Ciencias Políticas, Socioloxía e Administración e Dirección de Empresas. Máster en Organización de Servizos de Orientación Profesional e Emprego. Ata o 2020 foi xefe do departamento de Promoción Cultural do Concello da Coruña.

Entre 2005 e 2009 foi director do IGAEM e da AGADIC. Con anterioridade traballou na Xunta de Galicia e os Concellos de Ferrol e A Coruña en programas de servizos sociais, fomento do emprego, asesoramento a emprendedores, implantación de sistemas de calidade e avaliación de programas e servizos. Foi docente do Máster de Estudos da Unión Europea, da Universidade de A Coruña, e do Máster en Xestión de Entidades non Lucrativas, da Cruz Vermella-Escola de Negocios Caixanova.

Entre 1996 e 2005 foi vicepresidente da Asociación Chavós.

Natalia Balseiro

Natalia Balseiro

Freelance. Investigadora, xestora e mediadora cultural

Referente da innovación cultural en Galicia, é creadora e socia da plataforma Entránsito.net así como directora dende 2011 de mov-s, “Encuentro Internacional de Danza y Artes del Movimiento” promovido por Mercat de les Flors.

Como freelance desenvolve contidos culturais e colabora con numerosos proxectos artísticos. Coñece tamén o eido local da súa experiencia como Técnico de Cultura en San Sadurniño e foi Directora do Centro Coreográfico Galego.

Patricia Gabeiras

Patricia Gabeiras

Doutora en Dereito especializada en Dereito Financeiro e Dereito da Cultura

Doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados, conta con máis de vinte anos de experiencia profesional como Abogada e sempre compaxinou esta actividade profesional coa docencia. Na actualidade é profesora dos Máster de Propiedade Intelectual, Xestión Cultural e Industria Musical e Estudos Sonoros da Universidade Carlos III de Madrid e participa regularmente como relatora en conferencias, seminarios e publicacións especializadas no sector cultural.

Combina a súa experiencia e formación no ámbito da cultura coa especialidade de Dereito Bancario e Financeoro. A súa tese doutoral versou sobre vías alternativas de financiamento do sector cultural a través da creación de fondos de titulización de dereitos audiovisuais. É ademais, Master en Dereito Privado Europeo Comparado pola Universidade Carlos III de Madrid, Master en CorporateFinance e Banca de Inversión polo Instituto de Estudos Bursátiles e Especialista en financiaments estruturados e Derivados polo mesmo centro (IEB).

Pedro Jiménez

Pedro Jiménez

Responsable da xerencia de Zemos98

Pedro Jiménez é o responsable da xerencia do colectivo Zemos98, onde tamén coordina varios proxectos.

Está especialmente interesado nos proxectos participativos orientados á educación e á posta en marcha de políticas locais no eido da cultura.

Pela del Álamo

Pela del Álamo

Director do festival internacional de cinema Curtocircuíto

Pela del Álamo é licenciado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental de Creación pola Universidade Pompeu-Fabra de Barcelona. Desde 2001 traballou en publicidade, televisión e cine. En 2005 crea delÁlamo estudio, onde alterna esta actividade profesional con proxectos persoais.

Ten dirixido e producido dúas películas documentais A cuarta pista (2006) e N-VI (2012). Con este último consegue recoñecementos no Festival de Málaga, en Márgenes, MiradasDoc ou Alcances e asiste a outros como Seminci, Cinespaña, LimaIndependiente ou DocumentaMadrid.

En 2013 convirtese en director artístico de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine desde onde ten comisariado retrospectivas con cineastas como Ulrich Seidl, Peter Greenaway, Jørgen Leth, Aki Kaurismäki, Abel Ferrara ou Sergei Loznitsa. Ao tiempo, é programador en LA OLA – Spanish Cinema Showcase en Los Angeles, California. Foi xurado en festivais internacionais como Curtas Vila do Conde, Riga International Film Fest, Hamburg International Film Festival ou FIDMARSEILLE. É membro fundador e secretario da Xunta directiva de Proxecta – Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia e vicepresidente de PANTALLA – Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine.

Actualmente desenvolve súa próxima longa Montaña ou Morte para Zeitun Films.

Raúl Olivan

Raúl Olivan

Director xeral de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Voluntariado do Goberno de Aragón

Responsable de por en marcha, e dirixir, Zaragoza Activa (ZAC), un ecosistema de empresas, persoas e proxectos públicos que fomenta o emprendemento e a innovación social, desde unha lóxica colaborativa.

Entre outros moitos proxectos, colabora como consultor co Ministerio de Cultura de Colombia e a ONG Metrópoli no proxecto Laboratorios Sociais de Emprendemento Cultural.

Rosa Ferré

Rosa Ferré

Directora de Matadero Madrid

Rosa Ferré é dende xaneiro de 2018 directora de Matadero Madrid, despois de gañar por unanimidade do xurado o concurso público correspondente.

Filóloga, con más de vinte anos de experiencia en programación cultural multidisciplinar e na dirección de proxectos expositivos, foi, antes de asumir este último proxecto, directora de actividades culturais no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, onde estableceu novas liñas de traballo, comunicación e estratexia dixital, ademais de afondar en novas redes de coprodución e itinerancias internacionais.

Ten traballado como asesora de contidos e xestora de proxectos expositivos e editoriais para distintas institución artísticas e culturais nacionais e internacionais, ademais de asesorar durante varias edicións o Festival Internacional das Letras-Gutun Zuria de Bilbao.

Rubén Bastón

Rubén Bastón

Responsable de Marketing e Comunicación en Elogia

Licenciado en Xornalismo, adícase de cheo ao marketing online desde 2007.

Actualmente é responsable de Marketing e Comunicación de Elogia, empresa de servizos online especializada en Marketing4eCommerce, con responsabilidade de servizo ao cliente na súa oficina de Vigo (Galicia e Noroeste de España). Director das áreas de Social Media (estratexia e xestión de campañas) e SEO (Search Engine Optimization).

Coordinador de equipos, ponente e profesor de Social Media e marketing online, tamén é un apaixoado do baile e da música tradicional galega.

Santiago Eraso

Santiago Eraso

Investigador e xestor cultural

Investigador e profesional de ampla traxectoria no campo da Arte e a Cultura, Santiago Eraso licenciouse en Filosofía y Letras na Universidade de Deusto. A súa extensa vida laboral comeza como responsable da biblioteca municipal de Tolosa. Unha etapa trala que desenvolveu numerosos proxectos en diferentes postos de responsabilidade. Foi, por exemplo, director de Arteleku, Centro de Arte y Cultura Contemporánea (1987-2006), institución pioneira das actuais fábricas de creación e medialabs. Tamén director cultural da Candidatura de Donostia a Capital Europea de la Cultura 2016 e director de contidos e infraestruturas da empresa municipal Madrid Destino e responsable da xestión de Matadero Madrid, Conde Duque, Medialab-Prado e Centro Palacio de Cibeles (2015-16).

Tamén formou parte do Consello Vasco da Cultura baixo as presidencias de Juan José Ibarretxe e Patxi López como lehendakaris. No 2011 recibiu o premio Gure Artea, que é o máximo galardón do sector das artes do Goberno Vasco.

Actualmente, Santiago Eraso segue a investigar e traballar no campo da Arte e a Cultura. Mantén un blog sobre arte, cultura, ética e política no que poden lerse reflexións e documentación sobre os proxectos nos que está involucrado e en cuxos dous epígrafes principais quedan resumidas as súas obsesións persoais: Pensar Europa e a Cultura como ben común.

Susana Marques

Susana Marques

Consultora da Unión Europea e Directora de Setepés (Portugal)

Licenciada en Xestión do Patrimonio Cultural polo Instituto Politécnico do Porto e Máster en Xestión de Servizos pola Universidade Católica Portuguesa.

É fundadora e directora da empresa de consultaría e xestión cultural Setepés desde hai 15 anos. Consultora da Unión Europea e membro de “A Soul for Europe EEIG”, así como profesora convidada na Escola Superior Artística do Porto. Experta en estratexia e desenvolvemento das industrias creativas e en cooperación intersectorial.

Vítor Belho

Vítor Belho

Produtor de ideas, fundador de Nordesía Producións

Máster Superior en Xestión Cultural, Música Teatro e Danza pola Universidade Complutense de Madrid. Grado en Liderazgo Emprendedor e Innovación, Universidad de Mondragón.

Promotor, manager, produtor, xestor cultural e consultor, desenvolve unha boa parte do seu traballo actual nos mercados internacionáis da música, no desenvolvemento de estratexias de glocalización, music exchange e music cities.

Fundador e promotor de iniciativas empresariais diversas como Nordesía Produccións, e-burbulla, Casa das Crechas… e de iniciativas asociativas como A.C. Cidade Vella en Compostela; é membro da EFWMF (European Forum of Worldwide Music Festivals); en 2016 e 2017 traballa como consultor para internacionalización en PRIMERA LÍNEA, primeiro foro profesional da música en Cuba.

Como director artístico e promotor é responsable do branding, conceptualización e produción de eventos e festiváis como Cantos na Maré, Sons da Diversidade, Festival dos Abrazos, MACC, Festa dos Mundos, Feito a Man… parceiro WOMEX nas edicións 2014, 2016 (Santiago de Compostela) e 2018 (Las Palmas de Gran Canarias).

Xaquín López

Xaquín López

Director-xerente do Auditorio de Galicia

Xestor cultural e filólogo, desenvolveu traballos relacionados coa programación, a xestión de públicos, a planificación estratéxica, a produción de espectáculos escénicos e con proxectos de dinamización cultural e lingüística. Impartiu cursos de formación en segundas linguas, realizou traducións de obras dramáticas para o galego e fixo o asesoramento lingüístico en montaxes teatrais.

Na empresa privada desenvolveu maiormente o seu traballo como xestor cultural en Eme2. No ámbito académico traballou na Universitat Autònoma de Barcelona como docente de lingua, cultura e literatura galega e responsable de actividades culturais do Centro de Estudos Galegos. É licenciado en Filoloxía Galega pola USC e posgrao en Xestión Cultural pola UOC.

Desde o ano 2017 está a traballar como Director-xerente do Auditorio de Galicia.

Xavier Campos

Xavier Campos

Asesor cultural da Deputación Provincial da Coruña

Desde setembro 2015, traballa no asesoramento no deseño e coordinación da política cultural da Deputación da Coruña. Técnico da Biblioteca Municipal Ágora. Coordinación do proxecto de dinamización sociomunitaria Suma Ágora.

Foi técnico de proxectos culturais en Trivium Ect.  Asesor do Gabinete da Consellaría de Cultura da Xunta, no 2008 e 2009 e Xefe do Gabinete Técnico do IGAEM do 2006 ao 2008.

Xulio Cordeiro

Xulio Cordeiro

Responsable de produción de eventos na Cidade da Cultura

Responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, onde, entre outros eventos, dirixiu a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardederes no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega.

Con anterioridade coordinou para as empresas La Fábrica de Chocolate e Esmerarte as producións do Festival Cultura Quente e de Vigo Tranforma.

Foi socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.

Balbina Gándara

Balbina Gándara

Directora comercial de Unayta
Belén Montero

Belén Montero

Realizadora e produtora, fundadora de Esferobite
Belén Vidal

Belén Vidal

Responsable do sistema de xestión Interna de Galicia Calidade
Bruno Costa

Bruno Costa

Director do Festival Imaginarius en Santa Maria da Feira
Carlos Meixide

Carlos Meixide

Escritor, xornalista e humorista
Daniel Pires

Daniel Pires

Socio do local Maus Hábitos do Porto
Daniel Ramos

Daniel Ramos

Técnico da Empresa Municipal Porto Lazer
Daniela Fernandes

Daniela Fernandes

Membro da Asociação Cultural ZunZum, de Viseu
Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra

Consello da Cultura Galega
Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo

Xornalista
Gil Ferreira

Gil Ferreira

Concelleiro de Cultura da Câmara Municipal de Santa Maria da Feira
Irene Pin

Irene Pin

Creadora audiovisual e xornalista
Iván Fernández

Iván Fernández

Director de Comunicación e Marketing de Galicia Calidade
Jaione Camborda

Jaione Camborda

Cineasta e fundadora de Esnatu Zinema
Javier López

Javier López

Ainé
Jazmín Beirak

Jazmín Beirak

Investigadora Cultural
José Bastos

José Bastos

Concelleiro de Cultura da Câmara Municipal de Guimarães
José Cruzio

José Cruzio

Membro do Colectivo CAOS Casa das Artes e Oficios de Viseu
José Figueirido

José Figueirido

Presidente do NACO de Oliveirinha en Viseu
José Luis Maestro

José Luis Maestro

Axencia de Turismo de Galicia
Luis Teixeira

Luis Teixeira

Director do Mestrado em Gestão de Indústrias Criativas da Universidade Católica Portuguesa no Porto
Manuel Vilar

Manuel Vilar

Director do Museo do Pobo Galego
María Garrido

María Garrido

Martín Códax
María Lado

María Lado

Poeta
María Pereira

María Pereira

Directora de Acción Cultural da fundación Cidade da Cultura
María Xosé Fernández Cerviño

María Xosé Fernández Cerviño

Padroado do Museo do Pobo Galego
Marta Gómez

Marta Gómez

Xornalista cultural na TVG
Mercedes Peón

Mercedes Peón

Música
Miguel Torres

Miguel Torres

Responsable de Proxectos da ACERT en Tondela
Mónica Maneiro

Mónica Maneiro

Responsable de contidos da fundación Didac
Nuno Leocádio

Nuno Leocádio

Carmo 81 en Viseu
Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro

Comisaria de arte e xestora cultural
Paulo Carrilho

Paulo Carrilho

Membro da Associação Cultural Zunzum en Viseu
Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo

Actriz, integrante de Chévere Teatro
Pompeu José

Pompeu José

Director artístico da compañía Trigo Limpo en Tondela
Quique Costas

Quique Costas

Ex Director de Nordesía, Manager de Milladoiro
Raquel Guerra

Raquel Guerra

Directora do núcleo de arte de Oliva Creative Factory en São João da Madeira
Rodrigo Francisco

Rodrigo Francisco

Membro do Cine Clube de Viseu
Rosa Pumar

Rosa Pumar

Directora xeral en Imaxe Publicidad
Sandra Oliveira

Sandra Oliveira

Directora do Festival Jardins Efémeros en Viseu
Sonia Méndez

Sonia Méndez

Directora do festival Carballo Interplay
Tamara Montero

Tamara Montero

Xornalista en La Voz de Galicia
Víctor Ferreira

Víctor Ferreira

Litonor
Yolanda Castaño

Yolanda Castaño

Poeta e xestora cultural

Ao finalizar a túa formación contarás coas ferramentas precisas para deseñar, planificar e coordinar proxectos culturais dun xeito integral.